sexta-feira, dezembro 30, 2005

Ramón Blanco no Patíbulo

Fai uns días congratulábamonos pola saída de 'Orfeu en soños', primeiro libro de poemas de Ramón Blanco. Onte tivo lugar a súa presentación na Serra de Outes. Exposto coa súa obra en pública picota, varias cores alternaban sucesivamente na face do autor mentres se desnovelaba o acto.
E nembargantes, malia a lixeira incomodidade que este tipo de cousas provoca, Ramón podía estar tranquilo. Despois de todo, o público non lle arrebolou froitas, pedras e animais mortos. Igual que a crítica que ten saído ate o de agora -tanto en xornais como no boca a boca-, a recepción do libro foi do máis eloxiosa. O noso autor é tamén profeta na súa patria.
Non deixou o poeta de evocar o seu primeiro recital, nunha situación semellante, anos atrás. Gañador do certame local de poesía 'Francisco Añón', o acto tivera lugar nun parque público entre varias esceas carnavalescas e música de Sabina.
Surrealismos aparte, o parque da Cruz non conta con picota propiamente dita á que amarrar ao autor, anque o Cruceiro que ten podería suplir á pedra medieval. Mais non queremos deixar pasar a ocasión sen agasallarlle cunha picota persoalizada, que poderá estrear nos sucesivos actos que en breve terán lugar en Noia e Santiago (estaredes avisados).


As góticas teñen o seu encanto, anque se a víctima busca algo máis persoalizado, pode modificar a presentada, engadíndolle gradas, catro cabezas de dragón no alto ou corpo cadrado e escudo de pedra coas súas armas esculpidas.
Outro dos cadalsos polos que pasou o autor cifrouse nunha entrevista no ABC, da que contades aquí cunha versión resumida para consultar.
E finalmente, esta miña casa e os vosos comentarios constitúen tamén a última proba da que estou seguro -como das outras-, Ramón sairá máis que ben parado.

8 comentários:

Anónimo disse...

FraVernero (por algo será), uns días tan Debord, tan extremado, e outros tan Disney, tan extremeño. Así somos (todos), contradictorios (lo que me salva es lo que me mata).
Pois así, enigmático, entre o francotirador e o francotimador, quero transmitir os meus mellores desexos a vostede e ós/ás que caian (coma min) na trampa deste blog. Feliz ano.

p.s.: non lle permita a Sir Gawain que desvele o misterio, xa se sabe logo o que pasa, matamos ós reis magos (ou ós republicanos) e quedamos sen xoguetes.

FraVernero disse...

Hehehe...
A tentación vive arriba, ¿non, uncle Joe?
Alédame que te deixaras cazar nesta miña pequecha bitácora, tal os cervos de medieval romance que van abrevar á fonte e falar coas namoradas.
Non prometo nada co Cabaleiro do Pentáculo, anque tentarei refrear a miña curiosidade (nembargantes, se tivera que definirme por unha característica esencial, sería esa: homo curiosus)...
E feliz ano, home (traténos de ti, que xa hai confianza).

Anónimo disse...

Non me asuste, Fra, e menos con esa risa, xa sabe que ata chegaron a arder mosteiros, a cometerse terribles e apocalípticos crimes. Coa risa non se xoga, e moito menos un home que ama a sombra dos sicomoros (vai caerlle unha mazá newtoniana enriba e vai descubrir a gravedade do hehehe).

En canto ó tratamento, xa ve que acabou sendo pura retórica, unha especie de torpe tropo sen o que xa non son quen de sentirme tío Pepin. Tómeo así, non doutro xeito.

Feliz ano (con confianza).

Anónimo disse...

Querido Zacharias,

internetizado novamente e no meu último sospiro da miña rentrée (el peregrino en su patria)... quero enviar tamén bicos para os que se pasen por este blog (incluída certa Sarrasina a quen non dou identificado): especialmente a todos os comparatas, a uncle Joey (de quen son seguidor infatigable) e ó meu benquerido mantenedor (deste espazo) Fra Werner, por quien es más alta mi vida (creo que algo así dicía o poeta).

Tío Pepín... deberiamos ter un debate sobre Guy Debord nesta páxina. Na miña modesta e humilde opinión non hai tipo máis pseudo- e máis sobrevalorado. A internacional situacionista está morta afortunadamente. Non todo é o mesmo que todo.

Unha aperta para Ramón e os meus mellores desexos para a andaina do seu volume... estou convencido de que será estupenda.

Paris qu'il mesure...

FELIZ ANO A TODOS...

Laurindinha disse...

A Serra de Outes, un bonito lugar, estivemos alá en Maio... Aínda non limos nada sobre Ramón Blanco, apuntamos, seguimos o consello do FraVernero...

SurOeste disse...

Acidez de estómago

¿Non iredes cheos xa de cumprimentar?
Feliz poemario novo, Poeta
Feliz blog, Fra
Feliz pentáculo, Sir
Felices e imperiais putas austrohúngaras, Tío.
Vou durmir

FraVernero disse...

Certamente, os pinchos non chegaron para moito no acto da Serra... pero non só de tortilla vive o home, claro.
Non sabía, Laurandinha, que te pasaras pola nosa patrai chica. Pola data que dis, quizaves estiveches no fallo do premio de Poesía 'Francisco Añón' (creo lembrar que andiven por ese acto)...
Grazas ao suroeste polos cumpridos, anque recoñezo que se me escapa o das prostitutas de Kakania...

SurOeste disse...

Ti non sabes ben quen é o tío Pepín