quarta-feira, dezembro 14, 2005

Xerxes fai azotar ao Helesponto

"...E cando se tenderan exitosamente as pontes, ergueuse unha gran tormenta que esnaquizou todo o traballado en anacos, e destruiu canto se erguera.
E cando Xerxes escoitou as novas montou en cólera, e deu ordes inmediatas de que se castigase ao Helesponto con trescentos latigazos, e despois se guindanse nel unha parella de grilletes. Incluso escoitei que mandou estigmatizar as augas cos ferros ao roxo. O que é seguro é que comandou aos que azoutaban o mar que, entre golpe e golpe, dixeran estas palabras bárbaras e malévolas: '¡¡Ou, auga amarga, o teu Señor castígache deste xeito porque o ofendiches sen causa, non tendo sufrido mal ás súas mans; En verdade el-rei Xerxes cruzará sobor de tí, queiralo ou non. Xustamente mereces que ningún home che honre con sacrificios, porque es en verdade un río traizoeiro e desagradábel!!".

Heródoto, libro VII (Polymnia)

9 comentários:

Anónimo disse...

FraVernero, ese che, hai que vixialo (Foucault).

Anónimo disse...

AAAAAAAAHHHHHHH!!!!!!!

... ese Terry (Pratchet)...

... vexo que como sempre andamos a voltas coas cosmogonias...

... algun dia alguén debera explorar a tua fascinacion polos relatos da orixe (de Hesiodo a certas paxinas medievais que ti e mais eu sabemos, de Hegel a Lovecraft e os xogos de rol dos seus mitos derivados)...

... quizais unha certa cualidade non desenvolvida da personalidade cando prefires contar a orixe despois da mesma como se a voz do mito e da non distincion do mesmo con respecto a verdade, tal ven a dicir Foucault (!), che envolvese?...

... xa falaremos disto...

P.S.: Vexo, tio Pepin, que TE tomaches o de vixiar e castigar moi seriamente. Mando moitos bicos e recorda o que dician os grandes filosofos...



... NOBODY EXPECTS THE SPANISH INQUISITION... (creo que era asi, no caso contrario correxideme, ou como dicia o grande poeta esquecido Jorge Guillén: la pureza, para los angeles)

Anónimo disse...

Intentaba o sarcasmo, xa sabes, atopar un punto de apoio e mover o mundo, só que non hai palanca (Bataille). Excuse FraVernero, nada máis lonxe do meu ánimo que facer de censor/inquisidor/corrector.

FraVernero disse...

Boas, estimados/as:
recoñezo a miña culpabilidade cheísta, e non polo guevara; na miña zona dialectal sómoche así: arrabeados do ché e da 'flor' local (con o aberto, para derisión dos 'campanas de pau' noieses).
A miña paixón polo mítico ven de moi atrás. Podería buscar unha explicación, pero sería (témome) moi bonita, moi coerente, pero absolutamente falsa...
E a miña nota rancia, inevítabel como a morte e os impostos...
"a palanca é a loita de clases"
xDDDD

p.s.: non podes imaxinar, mourelle, o sumerxido que estou estes días coa teoría queer, en especial con Jonathan Dollimore... Recibirás sorpresas á volta...
xD

Anónimo disse...

Ademais do topiquisimo libro de Eribon por Anagrama non tenho grandes conhecementos de teoria gay/queer. (Vexo que a tua rancia resistencia a micropolitica estase derretindo o calor do consumismo navidenho e do sol de York...) Xa me explicaras as tuas interesantes conclusions. Eu pola minha parte tenho un canon que adoita incluir autores que foron contestados precisamente por non militantes, como Foucault...

Sir Gawain



P.S.: querido uncle joey, eu tamén estaba de conha (espero que non mo tomases a mal).

Anónimo disse...

A miña flemática personalidade/impersonalidade non me deixa enfadar (aínda que quixera, e menos sen motivos.
Por outro lado, God save the queer (era moi doadiña esta boutade).

FraVernero disse...

ARGH!
Non te me confundas, cabirto. ¡Nen sol de Iork nen gaitas! Un segue apegado ao discurso Ilustrado...
e máis na túa ausencia. Xa sabes que no medio do camiño da miña vida estou perdido na selva escura de erro e pecado... xD
Outro dos libros que me tarda en chegar ás mans este nadal é (¡como non!) o de Terry: The Illusions of Postmodernism, no que supoño reincidirá na xeira de ideas que Christopher Norris desnovelaba naquel libro que tanto che indignara (The truth about postmodernism) no que saía un busto de Marx tirado por terra, e ciscados no chan 'coñecemento', 'razón', 'verdade', 'ilustración'... Uns ratos rillando a crítica da razón pura e a Enciclopedia...
Ou sexa que xa sabes, 'My other self, my counsel's consistory,
My oracle, my prophet!--my dear cousin,
I, as a child, will go by thy direction'... cando estexas de volta connosco.

SurOeste disse...

Si , iso mesmo, ¿cando anuncia a súa chegada? ¿Ímoslle poñer banda de gaitas ou non? ¿azafatas co traxe típico e un brazado de flores ou tampouco? Hai que ir organizando, que seguro que come o panetone na casa.

Anónimo disse...

Querido seneschal gay,

espero que o pasedes moi ben manhan e que vaiades preparados para comer empanada como animais. Pola minha banda acordareime de vos na minha xa planificada excursion de despedida do bel paese (por este ano) en Modena. Alégrome de que leas moito a eses teoricos ingleses tan interesantes pero que mostran unha total resistencia a teoria, incapaces de ler a Hegel pero mais hegelianos que un filologo... (sigo dicindo que o libro sobre Adorno de Jameson é indigno do nivel de Postmodernism)...

Ahhhhh, Manolo, suponho que teras que esperar a que chegue eu ai para ponher as cousas claras porque sen min caes na linha Pravda antes do que cando estabas PL (non digo a que responden estas iniciais non vaia ser que os teus fans lles entre a depre) tardabas en dicir: Galiza, nazon, autodeterminaçom...

Ainda que seguro que xa vagas smarrito pola escura senda e de que antes de que manhan te metas un pincho de empanada na boca (ou te bebas un albarinho) xa me teras negado tres veces...


Bicos,

N.