segunda-feira, janeiro 09, 2006

Xeografías Crueis e Inusuais



Os que me coñezan saberán da miña paixón e horror pola xeografía dos Campos de Concentración e de Exterminio dos Nazis.
A estampa navideña converte a Auschwitz nunha postal onde os horrores están agochados, por uns segundos tan só, nos límites da percepción.
Son os pequenos detalles os que máis horrorizan. A porta forxada con esmero e artesanía, as letras grabadas na porta de Sachsenhausen...



E os mapas dunha xeometría pervertida: Sachenhausen, Treblinka, Sobibor, Mauthausen...

6 comentários:

Laurindinha disse...

Para min o máis salientable é como unha masa desencantada pode seguir os delirios dun psicópata...
E como o poder político e económico pode apoiar a un psicópata para que non cambalease un sistema capitalista e explotador. O egoísmo por riba da sensatez... Aínda que agora estou reflexionando en que deixar que morran de fame milleiros de persoas no 3º mundo para acumular riqueza tampouco é tan diferente do que fixeron os nazis.

Anónimo disse...

Fra Vernero, un par de cousas (ou sexa, tres):
1- Visitei Dachau hai uns anos e sentín mala conciencia. Ó rematar a visita tiven a sensación de que aquelo era cáseque tratado coma un parque de atraccións e eu era un "alienado" máis.
2- O Riddler de Gorshin paréceme moi dadaísta, ata incluso un auténtico personaxe dos do cabaret nº 13 (¿lembra?).
3- Sir Gawain foi unha moi grata compañía nunha tarde desapacible, a da víspera de RR.MM. Falamos e falamos e falamos (tamén houbo chocolate e embutidos), e aprendín un montón de cousas, entre elas, que cada vez escapa máis lonxe de min, cóstame máis achegarme á súa altura. Sempre soupen que chegará onde se propoña (propoñerase ir moi alto).

p.s.: gracias polo agasallo.

Anónimo disse...

Caro Fra, debesme ainda o libreto de certa opera que ti e mais eu sabemos.

Visitaches Dachau, tio Pepe? Nunca mo dixeras (tampouco preguntei, certo é). Debe ser unha experiencia ambivalente en moitos sensos e o desacougo que provoque non debe ser pouco (a conversion do espazo do horror en espazo da visita/transito previo pago: por que non vender souvenirs?: resultaria moralmente deleznable: e non sera certa idea da sacralidade a mesma que alimentan os saqueadores da Shoah a connivencia dos cales segue a ser, a pesares das achegas de Frau Arendt, un asunto sobre o que se pasa por enriba como se todo fose Spielberg e aqui paz e despois sonho dos xustos: lecturas orientativas sobre o tema podian ser, ademais de Eichmann en Xerusalén, os libros de Klemperer e Hilberg: hai un fermoso poema de Valente sobre Sonderaktion). Algo diso.

Penso que o meu Tio Preferido esaxera. Agradezo os termos nos que fala de min. (Conhece tio Pepin a Brigitte Fontaine, se si que lle parece a cancion "Betty Boop en aout"?)

O Batman protagonizado por Adam West é unha obra de grandisimo valor cultural. Todos os adeptos deste blog deberan escoitar a version que da sua banda sonora fixeron os Flaming Lips. Por certo, encantabame o aire pop que tinha (en realidade todo tinha un aire pop) a actriz que facia de Catwoman: era Jill St.John ou Julie Newmar? Alguén se lembra?


N.

eue disse...

"Fue una madrugada,
no muy lejos de aquí.
¿Es que ya no te acuerdas?
Nos vimos en Berlín".

E todo o universo pendente da saúde de Ariel Sharon...

Cada vez, máis difícil crer nas leccións da historia.

FraVernero disse...

Ams...
Desculpada a miña tardanza en respostar e en colar cousas novas por aquí. Estas dúas semanas estou sen conexión a internet na casa... a ver se mo arranxa esta fin de semana.
Aínda hoxe discutimos os motores do nazismo e os seus apoios sociais e intelectuais. Lembro un libro estarrecedor de Goldhagen ('Os verdugos voluntarios de Hitler'), que non deixaba ao alemán medio moi ben parado...
Vaites, ou sexa que Pepin estivo en Dachau... Interesante.
Nunca me perdoarei que cando estivera de paso por Berlín, non visitara Sachsenhausen... En fín... Algún ano conto con percorrer os campos por Polonia adiante -e unha escapada a Mauthausen.
Flor de lis, queridiña, quen che anda escupindo certezas e espesores? xD
LILITH, benvida por estos lares. Os escuros pozos da psique humana son terribeis, en efeito. Coidado co baleiro que nos arrastra ao interior de nós mesmos. O século XX da causas para temer o peor...

Anónimo disse...

Querido Zacharias,

debesme ainda polo menos o link de die Zauberflote (desculpa a inexactitude, os teclados italianos non tenhen umlaut) e a traduccion do poema de Walcott que che enviei.

Pola contra son eu quen debo a tio Pepin un texto e un correo.

Espero que todos sexamos debidamente satisfeitos (e desculpade pola expresion). Bicos.

Espesor?, cuspe?, Sharon?

Pero donde me estas metiendo, Eddie?