tag:blogger.com,1999:blog-15343180.post113282209037003413..comments2023-09-25T18:32:02.694+02:00Comments on Trasalba: The Willow SongFraVernerohttp://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comBlogger7125tag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1133904439115623252005-12-06T22:27:00.000+01:002005-12-06T22:27:00.000+01:00Ums...debería, caro mourelle.Nembargantes, estou p...Ums...
debería, caro mourelle.
Nembargantes, estou pasando por un episodio de mala conciencia... A miña bardolatría arrástrame polo camiño perverso de Bloom...
Varias lecturas marxistas e postmodernas ('The political Shakespeare', Dollimore, Sinfield, Eagleton terán que curarme algo, e levarme a un mea culpa)
xDFraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1133378676844641662005-11-30T20:24:00.000+01:002005-11-30T20:24:00.000+01:00... pelin ofendido...Non quixen dicilo desde un pr...... pelin ofendido...

Non quixen dicilo desde un principio esperando que o meu anhorado Zacharias habia lembrarse... habia de lembrarse de que a mellor sen discusion posible das cancions shakespearianas que conhezo e para o meu modestisimo gusto é a amable e encantandora cancion de "Twelfth night"...

Deberas adicarlle unha entrada ou algo diso...

(Para cando unha revalorizacion das xeniais e nunca suficientemente alabadas comedias de madurez de Shakespeare?)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1133095984953246842005-11-27T13:53:00.000+01:002005-11-27T13:53:00.000+01:00Esquecíame de meter a ranciada culturalista: deité...Esquecíame de meter a ranciada culturalista: deitémonos hoxe á sombra do enebro, coma Eliot (anque sen tres leopardos brancos), rillando, agora que se acerca o Nadal (nota postcolonial) nunha curiosa variedade do turrón que teñen na India, o Anjeer Burfi, que se fai con figos secos (anjeer), zucre, améndoas, pistachos, manteiga hindú (ghee)e anacardos.FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1133095180733094072005-11-27T13:39:00.000+01:002005-11-27T13:39:00.000+01:00Aaaaaaaaa, os sicómoros... ¿Como, detrás dun nome ...Aaaaaaaaa, os sicómoros... ¿Como, detrás dun nome tan sinxelo, se pode ocultar tal variedade de significados?
Certamente, a árbore á que se refire Shakespeare é o 'Acer pseudoplatanus', tan habitual no norde de Europa como escaso na península. Tamén recebe este nome (en EEUU) esa árbore que nós chamamos platano (Platanus occidentalis), de baias redondeadas e que decora alamedas e paseos urbáns.
E á marxe, o máis evocador e bíblico sicómoro, o ficus sycomorus, variante asíatica da figueira.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1133088852083056232005-11-27T11:54:00.000+01:002005-11-27T11:54:00.000+01:00A risco de ser pueril, o que máis me gusta é o syc...A risco de ser pueril, o que máis me gusta é o sycamore tree, nada que ver con esta nosa paisaxe de eucalipto e pouco máis. ¡Onde vai ir así esta nosa lírica!
E, como sempre, aproveito a viaxe para mandarlle un saúdo a Sir Gawain.

p.s.: estoume aviciando con esto dos blogs, esto vai rematar mal, xa me vexo nalgún diván.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1132947576506298092005-11-25T20:39:00.000+01:002005-11-25T20:39:00.000+01:00... desculpa, cando "autores" queria dicir "actore...... desculpa, cando "autores" queria dicir "actores"...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1132947376790016662005-11-25T20:36:00.000+01:002005-11-25T20:36:00.000+01:00... ou comparatismo minus zero, que diria un deses...... ou comparatismo minus zero, que diria un deses notos poeti laureati dos que falaba (ou fala quizais) Eugenio Montale...

Querido Zacharias, quizais non o saibas pero eu son membro honorifico, socio fundador e presidente dictatorial do segredisimo, exclusivo e nunca levado a cabo clube de fans de Maggie Smith. Asi que se este correo é un penhazo e moi longo so podo dicir que ti es o unico culpable.

O problema con esa espelida moza provinciana de Essex que ten un pouco de sabia e fascinante Sanseverina e de saltarina Clelia (si, Raul: ti sabialo) é que case ninguén recorda dela mais que as dignas parodias de si mesma as que se ve limitada nos ultimos anos. Non hai unha conexion entre os filmes de Harry Potter ou Sister Act ou cousas polo estilo e os seus anos de esplendor de mocidade. (Non confundir estes papeis alimentacios para a television britanica ou anodinos filmes hollywoodianos co capolavorissimo de Altman "Gosford Park"... e se alguén se atreve a discutir sobre a calidade deste filme desde aqui o emplazo se osa...)

Antes da explosion dos ultimos sesenta facia palidecer (para o meu gusto que sera suponho pouco compartido) a beleza sempre matissiana e sublime de Julie Christie en "Young Cassidy".

Logo chegan os seus mellores anos. (Considerando que nunca falamos dunha megaestrela, senon dunha actriz de formacion teatral con etapas cinematograficamente sobresaintes. Unha especie de Anne Bancroft inglesa, shakespeariana e non tan obviamente provocativa no sentido ideoloxico.) Neles recordamos o seu discreto encanto pop rodeada da (marco incomparable) Venezia nocturna e volponiana retratada por Gianni di Vennanzo naquel filme de Mankiewicz (para os neofitos "The Honey Pot", brillando a altura, non é pouco dicir, do inconmensurable Rex Harrison nunha velenosa parafrase de Ben Jonson). Esta seria a imaxe que a marcaria na sua xuventude e que explotaria no que é o seu papel mais popular desta etapa, o da inesquecible Patty Terwilliger (nota: apelido do personaxe de Side-Show Bob nos Simpson) nunha trama divertida e por momentos ponsonduterreliana (desculpen pola deplorable nota de posmodernidade lodgiana-umbertista): "Hot Millions" xunto cun partner de altura, Peter Ustinov.

Buscando mais na minha memoria de anglofilo irredento e de admirador do perfil de muller irremediablemente occidental (nisto son pouco posmoderno, ti sabelo, Zacharias) atopo un par de filmes coprotagonizados con Robert Stephens: "The Prime of Miss Jean Brody" (de Ronald Neame: vello artesan sabio e con filmes infravalorados como "The Card" e sobre todo "The Horse's Mouth") e "Travels with my aunt" (dun case xenio que ainda en horas non moi altas retinha algunha fiamma: George Cukor). Alguns chegamos a recordala en adaptacions shakespearianas menos conhecidas da que ti mencionas como as suas Beatrice de "Much ado about nothing", a sua Portia "The merchant of Venice"... Poucos recordamos o seu espido frontal (pouco excitante: esquelético busto inglés, pero quen cha dera, Zacharias) na divertida ainda que baseada nunha obra de Neil Simon (por tanto inocua) "California Suite" de Ross. Incluso alguns escollidos sabemos que o grandioso mestre entre mestres e luz que ilumina as nosas vidas (cando falo asi pode ser so de Ingmar Bergman) chegou a dirixila nunha "Hedda Gabler". (Obra que non so atopo xenial e absolutamente brillante nos termos nos que é descrita por Szondi e nos que eu mesmo, modestia aparte, puidese engadir, senon que ademais é un dos mais brillantes tratados que se tenhan escrito sobre a mente da muller.)

Despois quizais xa so un ou dous advertimos (agora, non enton) nalgun producto de qualité respectable pero xa costa abaixo na rodada como "Quartet", ainda hoxe o mellor de Ivory coa sensible "The remains of the day"...

... e così via...

Deberiamos xuntar as nosas forzas neste blog e comezar a reivindicar a grandeza dos autores da illa, o meu freakismo neste tema se descontrola como ben se pode comprobar...

CANON QUE AGORA SE ME OCURRA? Restrinxindo: o divino sir John Gielgud e meu senhor Laurence Olivier, Trevor Howard, Michael Redgrave, George Sanders, Alec Guiness, Peter Ustinov, Derek Jacobi, Peter Sellers, Ann Todd, Maggie Smith, Joan Plowright, Vanessa Redgrave, Helen Mirren, Glenda Jackson...

que me quedaria?

Sir Gawain

P. S.: Deixoche esta luva tamén desde unha Bologna na que estamos a dous grados con temperaturas en descenso...Anonymousnoreply@blogger.com