tag:blogger.com,1999:blog-15343180.post114045922591471598..comments2023-09-25T18:32:02.694+02:00Comments on Trasalba: Breviario - Conversas con Méndez FerrínFraVernerohttp://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comBlogger12125tag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1140882795708017842006-02-25T16:53:00.000+01:002006-02-25T16:53:00.000+01:00Vaites...onte tiven un día preguizoso, alén de que...Vaites...
onte tiven un día preguizoso, alén de que certo poeta maligno enredoume nunha gargantuesca laconada que tivo lugar á noite e me dou -alén de mala conciencia-, un empacho notábel. Hoxe tería que correr o doble para compensar aquelas bandexas interminábeis de carne...FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1140871547751049912006-02-25T13:45:00.000+01:002006-02-25T13:45:00.000+01:00Dios! Hora Nasarre.Eu tamén vou correr (menos cand...Dios! Hora Nasarre.
Eu tamén vou correr (menos cando chove) polo parque do Paxonal!!!
Deixar de fumar é o que ten.

Identifícome muito, Musgallo e Fra.euehttps://www.blogger.com/profile/06291633949140734892noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1140772571176553112006-02-24T10:16:00.000+01:002006-02-24T10:16:00.000+01:00PRO MaquieiroUnha das miñas costumes é a de aplica...PRO Maquieiro

Unha das miñas costumes é a de aplicarlle á miña nai epitetos que estraio das miñas lecturas. Un dos máis recurrentes é 'miña vaquiña' (Homero detrás, alcumando ás deusas 'as de ollos de novilla'). Hoxe chameina 'miñ maquieira', o que motivou a correspondente conversa, xa que na súa nenez viviu o mundo da aldea de antes, maquieiro incluído. Mais ela non o lembra como un explotador.
Ao parecer era un home delgadiño, delgadiño. Durmía nun xergón no mesmo muíño, cheo de ratos, e cando chovía moito inindábaselle todo. Non cadra moito coa imaxe do capitalista malevo. Alén, o seu muíño non era o único -os veciños tamén tiñan un que empregaban en quendas de dez días 12 horas, unha volta diurnas, outra nocturnas. Como en inverno non chistaba iso de usar o muíño de noite, íase ao do maquieiro, que alén muía mellor. Por cada ferrado (aprox. 12-15 kgs.) recibía en pago unha cunca (sobre 2 kgs.).
Moito peores eran os señoritos fidalgotes, anque claro, eses o da economía capitalista non é que o entendesen moi ben. Ben os retrata Otero como vividores con mentalidade feudal, pensando que todo está feito para servilos. En menor medida, os homes machistísimos daquela reproducían o patrón -con dereito a emborracharse polas tabernas, a comer o mellor da casa e a ignorar o estado dos fillos.
Como dí miñpa nai 'aqueles tempos, que non volten, ou'.FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1140707483099832962006-02-23T16:11:00.000+01:002006-02-23T16:11:00.000+01:00Puxen a vella do Porto á mantenta, norte de Portug...Puxen a vella do Porto á mantenta, norte de Portugal, ex-Gallaecia, ex-dialecto do galego e agora do portugués.
Ata cando a ignorancia (en todos os sentidos) da realidade dialectal das linguas, a verdadeira ecolingüística, e as loitas fratricidas por nos uniformizar cara a un lado ou cara a outro?
Unha cousa é a política e outra a comunicación.

Eu sinto non concordar contigo, Musgallo (cousa rara) nin contigo, Laurindiña, pero as purgas estalinistas da UPG son (Beiras) e foron (a de Ferrín) reais e Ferrín é un dos/as poucos/as escritores que me inspira algo cando o leo, ponme ganas, revolucióname por dentro. Só son unha persoa pero é algo.euehttps://www.blogger.com/profile/06291633949140734892noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1140638093187446162006-02-22T20:54:00.000+01:002006-02-22T20:54:00.000+01:00"nada que dicir", e cito a poetas galegos, despois..."nada que dicir", e cito a poetas galegos, despois das sabias palabras de Fravernero. Pero aínda que o diga Ferrín, Saramago non é un mal novelista (Sartre si o era), nin Vargas Llosa é un home sen cultura (por moito que nos joda).

Ramón furiosoAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1140620256181503392006-02-22T15:57:00.000+01:002006-02-22T15:57:00.000+01:00Malvadérrimo Mourelle-Papagino, en boa medida xa e...Malvadérrimo Mourelle-Papagino, en boa medida xa emprego as miñas dúas bitácoras para respostarche aos correos. Con todo, insaciábel, mandarche ei algo hoxe...
Xa que querer desenmascaramentos, propón a liña do entrada que che gustaría sobre este tipo de cousas.
LUIS, supoño que o Ferrín cae nese vicio no que todos caemos, censurando aos que nos caen mal por algún motivo -neste caso, política- a base de ser inflexíbeis con el. Se ben o que dí pode ser certo -o malo que se día das persoas soe selo nun 75% dos casos-, tamén o é que se os indicados fosen parte da grei dos 'bos e xenerosos', como Darío Xohan Cabana e os tovarich das Redes Escarlata, empregaríase outra vara de medir...FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1140550103811720022006-02-21T20:28:00.000+01:002006-02-21T20:28:00.000+01:00Beiras ponhia un zapato enriba da mesa e dicia que...Beiras ponhia un zapato enriba da mesa e dicia que estabamos asoballados...

... creo que "ponhia" en tempo pasado é a palabra clave. (Otro vendra que bueno me hara...)

O de Saramago é certo en parte. Isto é, Saramago non é malo porque sexa espanholista. Saramago é mediocre porque representa agora o cumio da piramide polanquista o que é peor ca un estreito xeito. Non creo que a cousa mereza maiores comentarios. As obras de cando Saramago non era un autor dos alfaguaras non son dun grande nivel. E' obvio (12.99) que Lobo Antunes é outra... galaxia? Si, o é sen dubida (ademais das bromas).

Polo demais no que metiches no blog tampouco creo que haxa grandes novidades. Quen xa ten seguido a Ferrin sabe mais ou menos o que opina destas cousas.

O que eu pense sobre o que Ferrin opina non é de grande importancia. O que é crucial hoxe por hoxe é dilucidar ata que punto estas ideas son un modelo productivo e, sobre todo, en que medida funcionan coma unha vulgata. Ese seria o post que deberas facer, o que revelase certa posicion intelectual. Doutro xeito, bah... eu vexo o que vexo e logo non queres que diga o que é obvio (incluso para ti).

N.

P.S.: Vexo que les os correos. Agora che queda so a segunda parte do proceso: contestalos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1140547987404794672006-02-21T19:53:00.000+01:002006-02-21T19:53:00.000+01:00Concordo totalmente co que opina de Saramago. E ta...Concordo totalmente co que opina de Saramago. E tamén co de Quintana (agás o das historietas da UPG que xa me empezan a soar a lenda urbana).
Eue: unha vella do Porto non fala o portugués normativo (lisboeta), que é o que defenden os reintegracionistas...Laurindinhahttps://www.blogger.com/profile/12268371155865410835noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1140480358899166422006-02-21T01:05:00.000+01:002006-02-21T01:05:00.000+01:00moitas gracias! foi unha fermosa fiestra ao libro ...moitas gracias! foi unha fermosa fiestra ao libro que acá coido que non chegará cedo. Apertas!torredebabelhttps://www.blogger.com/profile/10859702839230155788noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1140475554152980792006-02-20T23:45:00.000+01:002006-02-20T23:45:00.000+01:00Declárome ferrinián dende sempre e para sempre, se...Declárome ferrinián dende sempre e para sempre, seguramente. Así a todo, no aspecto normativo prefiro lembrar o semellante que era a avoa portuguesa portista que me abordou no mercado de abastos do Porto á miña propia.euehttps://www.blogger.com/profile/06291633949140734892noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1140475102943351432006-02-20T23:38:00.000+01:002006-02-20T23:38:00.000+01:00Está ben, perraco. Agora, a información que aquí m...Está ben, perraco. Agora, a información que aquí me contas é a mesma que me enviaches hoxe mesmo nun correo...
xD
Teremos que ir ver 'perdutto amore'. E probar as películas que recomendas.
E arrastrando a auga para o meu muíño, como se di, ¿qué opinas das bouttades ferrinianas arriba expostas?
xDFraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-1140463325474714382006-02-20T20:22:00.000+01:002006-02-20T20:22:00.000+01:00Querido Manolo,non sei a razon, pero este ultimo p...Querido Manolo,

non sei a razon, pero este ultimo post teu recordame que onte vin no cineclube de Via Azzo Gardino un cartel grande que anuncia o novo, segundo xa, filme dirixido por un dos maiores xenios da musica contemporanea e de todos os tempos. Refirome como é obvio a Franco Battiato.

Non podo dicir moito sobre o filme ainda que se rematou de producir este mesmo ano e que conta entre os seus creditos con intervencions diante das camaras de colaboradores battiatescos de sempre como Manlio Sgalambro e Juri Camisaca e coa interpretacion principal de Alejandro Jodorowsky interpretando a Ludwig van Beethoven.

En canto poida vereina.

Bicos para todos...

N.

P.S.: Os que poidades coller ainda en cartelera os filmes "Broken Flowers" de Jarmusch e "Me and You and Everyone We Know" de Miranda July non o pensedes duas veces. O primeiro é un chef d'oeuvre: o mellor de Jarmusch e o que deberia confirmalo dunha vez por todas diante dos seus persistentes detractores. A segunda foi unha sorpresa que defenderei con unllas e dentes sobre todo porque fun escéptico en canto souben dela. Ambas bandas sonoras para conservar amorosamente.Anonymousnoreply@blogger.com