tag:blogger.com,1999:blog-15343180.post352793533749656218..comments2023-09-25T18:32:02.694+02:00Comments on Trasalba: Edward W. Soja - Postmodern GeographiesFraVernerohttp://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comBlogger7125tag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-87163610764913396602008-04-20T20:19:00.000+02:002008-04-20T20:19:00.000+02:00Bon, entendo que iso é asumir a opción 1 (na que e...Bon, entendo que iso é asumir a opción 1 (na que eu tamén me sinto máis cómodo), anque por moito que me desagrade a opción 2, eu persoalmente tento ser consciente das limitacións da miña/nosa escolla (para empezar, a mala conciencia e a inxenuidade de 'xogar' a revolucionario sendo un burgués occidental con certas comodidades materiais; para seguir, a dificultade de calquer política que non sexa marxinal e moi ingrata, excepción feita de pequenísimos arrotos -LOU, Nunca Máis- cada x anos). Confiar confiemos nun futuro en que as cousas melloren, e en ir traballando por agora coas ferramentas que temos...FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-24179949088990763532008-04-20T19:32:00.000+02:002008-04-20T19:32:00.000+02:00Pola parte que me toca, ou som revolucionário, ou ...Pola parte que me toca, ou som revolucionário, ou som um limpamerdas do sistema, que para isso nom preciso ter pelos de cores, já estám as ONG's, que som o que som, empresas que lhe fam determinados trabalhos sujos ao estado.tangaranhohttps://www.blogger.com/profile/09169694157756161441noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-62700193501647318042008-04-20T18:30:00.000+02:002008-04-20T18:30:00.000+02:00Ah... posme nun apreto, Tangaranho...Qué é a esque...Ah... posme nun apreto, Tangaranho...

Qué é a esquerda logo? É unha boa pregunta, mais tentar respostala levaría tanto...

Un dos moitísimos problemas co que nos topamos os heredeiros/simpatizantes da ala radical do Proxecto Emancipatorio e Ilustrado (léase Marxismo, ou Comunismo entre liñas) é esa resistencia á análise do mundo actual, que parece que esfarelou moitos -se non todos- dos intentos de explicar a realidade social, económica e histórica nun metarrelato omniabarcador. Por suposto, dun xeito máis tosco, a nai do cordeiro tamén se cifra no desafortunado fracaso na construcción dun 'socialismo real' de matriz leninista, que acabou xerando -tras esforzos heroicos e loubábeis- un modelo terríbel de estado opresor, panóptico e miserento que aínda por riba producía moitísimo menos 'benestar perceptíbel' nos seus cidadáns do que os reximes capitalistas occidentais. E certamente, logo temos o problema de suxeitos revolucionarios...

Porque na teoría marxista clásica, todo era moi doado. A estas alturas, e seguindo a Das Kapital, a proletarización masiva nas sociedades avanzadas tería que terse dado. Entón, a Revolución sería un pequeno paseo. Mais a evolución do capitalismo serodio -ese que chaman 'posindustrial- parece que seguiu liñas moi diverxentes a aquel modelo, malia algunha coincidencia. Certamente, descendeu o número de donos dos medios de producción. Mais cun auxe do sector servizos e de empregados de colar branco (xestores de empresas, técnicos...) equiparábeis a clases medias e sen nengunha conciencia rupturista. E as condicións de vida da maioría melloraron enormenente na sociedade de consumo. Os número de 'obreiros' estancouse, nunca chegando máis alá do 20-35% nas nosas sociedades. E claramente abdicando de calquera grandiosa misión de transformación social.
E se o proletariado occidental xa non é máis que parcialmente emancipatorio para os nostálxicos, qué nos queda logo? A política posmoderna deixou só espazo para esas 'tribos urbáns', para a conquista de dereitos para minorías, para loitas sectoriais (que teñen a súa importancia outa, claro está: contra o racismo, o machismo, os atentados ecolóxicos...). Mais loitas que non se propoñen, nen moitos menos, a crítica seria ou destrucción do orde social e económico imperante.
Neste escenario, só fican dúas pobres alternativas. Ou refuxiarse na pechazón, entender o momento como un de refluxo, traballo teórico e práctico (anque este, sectarizado e minoritario) e acumulación de masa crítica para cando (en 30, 40 anos?) poida quizaves xurdir de novo algún modelo que cuestione realmente o existente. Ou aceptar a realidade actual e traballar nela como o mal menor, tentando edulcorala e facela máis vivíbel...FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-29012870552003594022008-04-20T11:04:00.000+02:002008-04-20T11:04:00.000+02:00Errrbs...enfim, eu penso que o marxismo contemporá...Errrbs...enfim, eu penso que o marxismo contemporáneo tem que ser heterodoxo, porque a ortodóxia nom nos chega, para interpretar o mundo actual. O que nom trago é isso que anda a predicar o mamalom do Toni Negri, de que nom há sujeito revolucionário. Entom a esquerda quê é, umha tribo urbana?tangaranhohttps://www.blogger.com/profile/09169694157756161441noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-49646247414418513002008-04-19T01:20:00.000+02:002008-04-19T01:20:00.000+02:00Cheguei a pensar que fora vostede aniquilado (blog...Cheguei a pensar que fora vostede aniquilado (blogueiramente falando)
pola temible costa de xaneiro. Pero non, vexo que rexurxiu con forza e con boa sáude, do cal me alegro.Raposohttps://www.blogger.com/profile/12947432100292264750noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-69955060495894215502008-04-17T17:29:00.000+02:002008-04-17T17:29:00.000+02:00Éche o eterno retorno... anque o mellor de voltar ...Éche o eterno retorno... anque o mellor de voltar é ver que se nos botou de menos...

:)FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-2656436322669806122008-04-17T15:34:00.000+02:002008-04-17T15:34:00.000+02:00ei, volviches! que ben... :)bico.ei, volviches! que ben... :)
bico.Nébeda Piñeiro Barroshttps://www.blogger.com/profile/01318984247670219038noreply@blogger.com