tag:blogger.com,1999:blog-15343180.post3755145081157181994..comments2023-09-25T18:32:02.694+02:00Comments on Trasalba: Cherchez la femme (4)FraVernerohttp://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comBlogger16125tag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-46170403197677819252007-06-13T22:14:00.000+02:002007-06-13T22:14:00.000+02:00Ben, para o voso descanso pódovos anunciar que ide...Ben, para o voso descanso pódovos anunciar que ides ter alomenos dúas entradas de tema variado antes de que volte, posíbelmente, ao último texto -un quinteto, conxunto heterodoxo, xa que me apoiei tanto na imaxinería musical- desta vaga.

A pedra supoño que se extraerá sola cando deixe de ver á belida, dentro dunhas semanas, e probábelmente para sempre (a ela aínda lle quedarán 4 anos por diante en Compostela, mais a min non).
O de 'encoñado' , Uncle Joe, é de certo unha expresión moi empregada no noso círculo, sí señor...

Last, not least, (bar)varela, tentarei imaxinar algún mundo de fantasía onde as túas hipotéticas recomendacións rematasen nun sitio que non fose a comisaría...FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-51026322610882015642007-06-13T19:54:00.000+02:002007-06-13T19:54:00.000+02:00¡Aaaaah, cabrão!Manolo, ti ben sabes o que tes que...¡Aaaaah, cabrão!

Manolo, ti ben sabes o que tes que facer: achegarte a esa rapaza co paxariño por fora dos pantalóns e dicirlle: "Nena, hai alguén a quen che quero presentar". Sabes que o éxito está asegurado.

P.D.: Podes aderezar a escea engadindo cousas como ¡KINO GlAZ!
P.D.2: De non funcionar a estrataxema, o máis probábel é que teñas que sair por patas ó máis puro estilo Benny Hill mentres berras: "¡Ay, ay, en la cabesa no, que estoy estudiando!"Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-89932186157104218502007-06-13T17:19:00.000+02:002007-06-13T17:19:00.000+02:00Que feo é iso de encoñado, Pepín, o castelán é unh...Que feo é iso de encoñado, Pepín, o castelán é unha ligua moi fea para faire l´amour.SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-92006996343104473452007-06-13T16:19:00.000+02:002007-06-13T16:19:00.000+02:00Sir Gawain, que quere que lle recomende a un frade...Sir Gawain, que quere que lle recomende a un frade namorado ou (perdón, please), 'encoñado'?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-4361841739964409382007-06-13T15:29:00.000+02:002007-06-13T15:29:00.000+02:00Apoio a moción: extirpación da pedra da loucura xa...Apoio a moción: extirpación da pedra da loucura xa!

Pero que traian a un anestesista, por favor!

Mrs. ChanAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-39862577415108971102007-06-13T13:56:00.000+02:002007-06-13T13:56:00.000+02:00CODACerta vea empirista, alén da desconfianza inna...CODA

Certa vea empirista, alén da desconfianza innata nas verdades da literatura (xa sabedes, os poetas expulsos da República…), fan rexeitar como pouco verosímiles algúns pasaxes. Suspension of disbelief? Por exemplo, cando na Eneida (ou era na Odisea?) se descrebe o encontro de Menelao coa súa traidora muller, Helena. A súa arrebatadora beleza fai que deixe de termar a arma e esquenza as pulsións homicidas...
Tí, que es máis real (polo momento, alomenos) que Helena das un vivo testemuño de veracidade á escea. O teu indescriptíbel e seductor encanto agora que sorrís ou torces, coqueta e medio xogando, os bucles dos teus cabelos, asasinan con violencia á Razón Ilustrada e a toda a superestructura, que cae envolta en chamas, coma o Pazo de Príamo.
A clave está noutra épica do desexo sensual nas verbas e nas formas. Paradise Lost e Milton que termo nas mans, pensando que todo o que escribín é un bo Pandemonium para pechar nel o teu demónico ser. Anon out of The earth a Fabrick huge / Rose like an Exhalation, with The sound / Of Dulcet Symphonies and voices sweet: /Built like a Temple where pilasters round / Were set, and golden pillars overlaid / With Gold’n Arquitrave.
Ben pensado, o pracer da doce voz, a sinfonía, é o único que me tes negado ata o momento. Só algunha lene gargallada e o teu maino borboriñar fan de eco e espello quebrado ao verso do poeta cego e xusto, o Poeta da Revolución favorito de FraVernero, que non sendo quen de ver tanta beleza, torneouna nas sinuosidades duns versos que agora sempre me lembran a ti...
Arrédemo, como me tolea esta rapaza...FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-70701214395260205942007-06-13T12:30:00.000+02:002007-06-13T12:30:00.000+02:00Fra Vernero: "la femme n'existe pas";a túa estetiz...Fra Vernero: "la femme n'existe pas";

a túa estetización da muller resulta análoga á do "musical" hollywoodiano, de feito estou vendo á túa amada como unha especie de strawberry Leslie Caron saltando entre fondo de distintas cores...

(MINUTO DE SILENCIO POLA ALMA DO PROF. RICHARD RORTY)

... en realidade o espello da natureza ten que ser liberado da obsesión dunha acumulación que debe ser, así se formula, liberadora da propia e allea materialidade detestada.

O que pasa é que a túa muller mostra a súa alma no seu corpo (vid: Augusto Monterroso, "Teatro Crítico Universal")... e nós, viceversa. Fra Vernero non resolve a aporía do espírito que se produce na carne porque, como home que renegou da revolución, espera que o texto a resolva acumulando a materialidade ata acadar a destrucción da carne.

¿Como Platón vendo un filme de Derek Jarman con guión de Terry Eagleton (existe)?

p.s.: tío, Ángel González e Michel de Montaigne (!?)... ma che stiamo facendo? ma che sta sucedendo? ma quando vedremo il sole...?Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-6467724136013402602007-06-13T09:35:00.000+02:002007-06-13T09:35:00.000+02:00Dear Fra: como moi ben sabe vostede, 'ars longa, v...Dear Fra: como moi ben sabe vostede, 'ars longa, vita brevis', ou, en traducción lírica de Ángel González, 'Largo es el arte; la vida en cambio corta / como un cuchillo.'
Non vaia ser que a súa obsesión xa (creo)case 'enfermiza' faga precisa unha desas intervencións que tan ben representou O Bosco, unha 'cutting of the Stone'. Ou aínda peor, a ver se deixándose levar pola arrebatada forza dos impulsos se nos converte (vostede, novamente) nun Werther posmoderno e nos fai sufrir cun suicidio virtual ou algo así.
E por certo, o poema de Ángel González remata co verso rotundo que di: 'este amor ya sin mí te amará siempre.' Aínda que supoño que hai máis en vostede de concupiscencia ca de amor puro (espero).
Eu, como 'tío Pepin' que son, remítoo ó libro do profesor Batista ou, se fora preciso, ós 'Ensayos' de Montaigne.
Un abrazo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-27856161314010010542007-06-12T10:24:00.000+02:002007-06-12T10:24:00.000+02:00Mrs. Chan, Suroeste, non as considero a vostedes i...Mrs. Chan, Suroeste, non as considero a vostedes invasivas en absoluto, senón parte da herba semanada da que falaba o Mesías, que dá froito en abundancia tras caer en terra fértil. Invasión de rosas e ultracorpos? Quizais, quizais...
A corrección lingüística é de rigor, alén, e agradécese (non hai outro xeito de aprender, e o castelanismo é un pecado do que refugo sempe que podo).
Canto ao restante, non se esquenzan que estamos nun espazo de escritura (virtual), toda a cal ten sempre un grado maior ou menor de mentira e de ficcionalidade, tamén nas propostas sentimentais da voz narradora/poética. Arte é artificio, e xogo de mudar as máscaras tamén...
Iso sí, se lle prace falar comigo polo correo electrónico, sería un pracer ter verbas súas. Cría que o meu perfil facilitaba o meu enderezo, mais xa que non o vexo, pode escribirme a: carrodetespis@hotmail.com
Un saúdo!FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-51530643038364602692007-06-11T23:23:00.000+02:002007-06-11T23:23:00.000+02:00Señor Fra, saiba que o meu pensamento é unha rosa ...Señor Fra, saiba que o meu pensamento é unha rosa de mil follas... e desculpe a invasión.SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-38875059919938147082007-06-11T21:45:00.000+02:002007-06-11T21:45:00.000+02:00Máis impertinente, un pouco airado incluso conside...Máis impertinente, un pouco airado incluso considerando que se está a falar da vida allea, son as análises do "clínico" que me atopei na última entrada.

Despois de ler isto, eu reitérome na miña comparación cos postizos de Valle Inclán. E non penso que vostede reprima o sexo en absoluto - de feito, a única posible fantasía romántica cunha descoñecida é á fin e ao cabo unha fantasía sexual (tal vez edulcorada, verbalizada e sofisticada a través dun attrezzo de reminiscencias pictóricas - mais non son case todas as nosas fantasías nunha porcentaxe escandalosa puramente attrezzo?).

Experimento, non entanto, unha estraña anguria, cando vexo na súa escrita as pegadas dun home que tal vez foxe en boa parte de poñer en práctica un amor real, un amor que sexa diálogo, risco, que sexa espirse, aceptarse, desculparse - e non só un monólogo protexido pola invulnerabilidade que concede o anonimato.

Novamente desculpe, se a miña análise tamén é entrometida. Se percibe como agresión expoñer aquí a súa intimidade, atreveríame incluso a porpor continuar esta análise co e-mail tradicional.

Mrs. ChanAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-8625506583777734812007-06-11T21:30:00.000+02:002007-06-11T21:30:00.000+02:00Desculpe, Fra, sei que non vén a conto incluír est...Desculpe, Fra, sei que non vén a conto incluír este vaso de augardente nesta entrada, mais acabo de reparar en que as miñas reflexións lingüísticas sobre a súa tradución tiña un ton de fondo impertinente que non era intencionado. Pardon!

Mrs. ChanAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-20686639332503696822007-06-11T19:59:00.000+02:002007-06-11T19:59:00.000+02:00Vaia, ou... Suroeste por triplicado, como Hécate. ...Vaia, ou... Suroeste por triplicado, como Hécate. Fóronche xurdindo as ideas tan pronto rematabas de enviar as liñas?

O da rosa entre os dentes resultaría unha estampa cómica, anque correría o risco de ser confundido cun militante do PSOE, o cal está moi cercano ao meu concepto do mal...FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-48380172883796711522007-06-11T19:16:00.000+02:002007-06-11T19:16:00.000+02:00E anda lixeiro, antes de que a rosa se che desfoll...E anda lixeiro, antes de que a rosa se che desfolle nos dentes e antes de que a túa materialidade perda a turxencia propia da túa fresca e rexa xuventude.SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-75080661621091655542007-06-11T19:12:00.000+02:002007-06-11T19:12:00.000+02:00Coido que chegou o momento de íreslle coa rosa nos...Coido que chegou o momento de íreslle coa rosa nos dentes, así coma quen non quere a cousa e, por suposto evitando poñerte colorado.SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-64400277407328274232007-06-11T19:10:00.000+02:002007-06-11T19:10:00.000+02:00Ginger Rogers reparou xa na túa materialidade?Ginger Rogers reparou xa na túa materialidade?SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.com