tag:blogger.com,1999:blog-15343180.post4644381260609489488..comments2023-09-25T18:32:02.694+02:00Comments on Trasalba: Mamma RomaFraVernerohttp://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comBlogger15125tag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-47608847699901244132007-06-23T19:49:00.000+02:002007-06-23T19:49:00.000+02:00Canto comentario! :-)Varela, Tu sei un pazzo! Como...Canto comentario! :-)

Varela, Tu sei un pazzo! Como que homenaxe ao Fary? Ben, en todo caso, que descanse tranquilo. Lembro cando viñera a Noia, e foramos a velo. O espectáculo tiña un aquel de divertido, sobretodo cando o público o increpaba ('Feo! Feeeo!')e el respostaba, sorridente; 'Gracias, amigos, gracias'.

Sul: sabes que desexamos que debulles ese anecdotario de tipos dignos dos Outros Feirantes nesa casa túa na que tanto tempo pasamos...

Torre: tamén estiveche por Roma? Ao final, resulta que todos imos ter pasado pola cidade. Alédome de lembrarche cousas. Seguro que tu poderías evocarme moito mellor a metrópole porteña na que vives.

Señor do Loira: non agardaba menos de vostede, que co seu peculiar estilo derrota e supera os meus esforzos en breves liñas de texto. Seguramente ten presadas de versos que lle tarda en amosarme con esmaltadas imaxes trastiberinas...

Pris: Chámaslle a Lancre cidade? Logo a Serra tamén o debe ser... hehehehe.

Arqueira: déixasnos coas gañas de probar eses espaguetes ou macarróns que tan ben preparas. De certo, as cousas nunca son como cando as imaxinas, pero non por iso teñen porqué decepcionar (a pasta esa decepcionoume, mais a cidade, non).

Ah, Raíña... nos topamos San Pietro en obras e cheo de andamios (anque non tapaban o esencial) e tomamos auga, non café, nunha calurosa tarde fronte ao Panteón...FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-66485095956408860522007-06-23T17:43:00.000+02:002007-06-23T17:43:00.000+02:00Da miña viaxe a Roma, lembro especialmente un café...Da miña viaxe a Roma, lembro especialmente un café frappé preto do Panteón, e que tódolos camiños levaban, xa non a Roma, senón concretamente ao monumento a Victor Manuel II. A de voltas que demos buscando San Pietro in Vincoli!!A Raíña Vermellahttps://www.blogger.com/profile/10106094366824713493noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-8623723953693326082007-06-23T16:56:00.000+02:002007-06-23T16:56:00.000+02:00É unha desas viaxes que teño pendente e pola que a...É unha desas viaxes que teño pendente e pola que agardo con especial ilusión. Todo ten que ser distinto despois de poñerlle aos templos e a cada obra de arte ou ruína que soñamos na distancia unha paisaxe que as rodee, un tacto...
E o dos macarróns non me estraña nada, eu aínda dubido de que goste máis da pasta dos italianos que da que fago eu (e falo coa experiencia de convivir cunha romana) :)A rapaza do arcohttps://www.blogger.com/profile/01891903353341758834noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-24053742362211101262007-06-23T14:49:00.000+02:002007-06-23T14:49:00.000+02:00"Cal sería, en todo caso, a capital do amor, bela?..."Cal sería, en todo caso, a capital do amor, bela?", preguntas, cravando nos meus ollos a túa pupila... Todo o mundo sabe que a capital do amor é Genua ou, en todo caso, Lancre, querido Fra. Mentira parece...Prishttps://www.blogger.com/profile/04296599118049590595noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-77039122233431375812007-06-23T03:19:00.000+02:002007-06-23T03:19:00.000+02:00Entrando desde a via Ripetta, a máis occidental do...Entrando desde a via Ripetta, a máis occidental do trivium que ordeara o papa Chigi (raíñas chegaban do norde lonxano), xorde a piazza del Popolo e o espazo devora calqueira consideración, coma o útero dunha gorda inmensa da facultade.
É ese baixar inmenso cara a praza, que se repite, un tras doutro, todos os días da miña vida desde hai un ano; como dis, a maior das felicidades terreais.

E unha praza que de súpeto se abre no Trastevere, fontes brancas de fráxil travertino, que parece que a auga vai quebrar.

É como ese surtidor caranguexoidal de cor rosada que aparece no paraíso do Bosco. Non bota auga, pero así basta.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-62718523001756243142007-06-22T01:47:00.000+02:002007-06-22T01:47:00.000+02:00A tua viaxe levoume á miña, alguns anos antes e co...A tua viaxe levoume á miña, alguns anos antes e con moito menos coñecemento dende logo. Graciñas polo paseo!torredebabelhttps://www.blogger.com/profile/10859702839230155788noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-83905789950978387552007-06-21T17:45:00.000+02:002007-06-21T17:45:00.000+02:00Ao fio de Roma e do comentario de Varela vou conta...Ao fio de Roma e do comentario de Varela vou contar unha anécdota. O pequeno enclave rural onde vivo, coma todos, compártoo cunha serie de personaxes curiosos de pura cepa autóctona, que a min xa non me chaman a atención pero que a ollos dun forasteiro deben ser "rara avis". O caso é que teño unha veciña italiana que foi festivamente saudada cando se asomou á ventá por un home da miña tribu que fixo parar ao cabalo que tiraba dun carro de herba para cantarlle de pé sobre o carro e abrindo os brazos expresivamente para cantarlle, precisamente, Arrivederci Roma.SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-14819923981913810792007-06-21T15:13:00.000+02:002007-06-21T15:13:00.000+02:00Como dicía un deses cantantes relacionados coa maf...Como dicía un deses cantantes relacionados coa mafia que tanto che gustan (non sei se Dean Martin ou Frank Sinatra): "Arrivederci Roma". O que non entendo é, falando de cantantes, como non te apresuraches a escribir sobre a morte do teu ídolo EL FARY, o Bob Dylan castizo, e sobre o apenado que estás pola súa perda. Armando Blanco, ese grande da política co que compartes afinidade ideolóxica e algunhas bandeiras franquistas, xa se apresurou a escribir un artigo sobre a morte do seu amigo nun exercicio periodístico sen precedentes nese fabuloso xornal que é "Luns A Venres".

P.D.: ¡Ah, malvado Manolo... ser dunha iniquidade tal que non se pode describir!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-91309688420463432042007-06-21T14:42:00.000+02:002007-06-21T14:42:00.000+02:00Ben, terá que valer, anque segues sen convencerme ...Ben, terá que valer, anque segues sen convencerme moito... Chomsky tamén é un 'experto', sólido e serio no seu (ou sexa, a lingüística xenerativa transformacional) e un sólido aplicador dos principios da Ilustración a outros eidos. Non creo que o politólogo medio poida presumir de máis rigor do ca el na análise da política exterior norteamericana...
Canto a Wallerstein, é unha imaxe moi parcial e pouco representativa a de collelo como 'autor de pequenas revelacións apocalípticas' (iso cáelle mellor a Derrida), sendo un sistematizador notorio (véxanse os tes grosos volumes sobre 'The Modern World-System') que faría torcer a napia aos fustigadores tradicionais de macrorelatos...
Canto a Roma, fala, fala dela! Estaremos encantados de escoitarche.FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-57693360373214692622007-06-21T13:30:00.000+02:002007-06-21T13:30:00.000+02:00Si, si, eu estou con Tío Pepín (evidentemente, Jul...Si, si, eu estou con Tío Pepín (evidentemente, Juliette Greco, c'est toi)... para cando viaxes nas que o viaxeiro se expoña a certas incomodidades, aínda que sexa pasando costo pola frontera ou visitando ás tribus nativas na illa de Reunion (que segundo Patiño beben cos mortos)...

E o de Wallerstein era irónico unicamente en certo senso. Eu creo que é máis serio que ese simpático lingüista ó que tanto admiras e que os modelos de análise que propón son máis sólidos dado que se trata dun profesional nese campo. Eu creo que o mellor que nos pode dar a teoría nese ámbito son esas pequenas revelacións redactadas a nivel de informe apocalíptico...

Roma é unha cidade incrible da que podería estar falando moito. Pero non...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-27825607038484816792007-06-20T23:42:00.000+02:002007-06-20T23:42:00.000+02:00Aaa, uncle Joe... tentarei compracelo, mais as cap...Aaa, uncle Joe... tentarei compracelo, mais as capitais máis lonxanas e exóticas nas que teño estado até o de agora só son a Habana e Xerusalén (xa se gañaran entradas elas tamén, sí). A alteridade do estremo Sul ou Oriente estaría ben, mais a miña carteira é pequena...

Se Tallin lle resulta suxerente (Riga tamén), quizais as visite este verán.

Mar(a)gotiña, alédame ver que tu tamén visitache (e amache) a cidade dos Césares. De seguro estaría ben ler as túas impresións na túa Casa Virtual...FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-21256403465538090262007-06-20T23:20:00.000+02:002007-06-20T23:20:00.000+02:00Fra, eu agardo por urbes máis exóticas, estáseme q...Fra, eu agardo por urbes máis exóticas, estáseme quedando no standard, vostede, un namorado dos sicomoros. A ver cando unha viaxe iniciática fóra do embigo, aínda que sexa virtual, algo así tipo Ulam Bator ou Ouagodougou, que lle parece? Eso si que debe ser alteridade!
Xa ve, eu estou en plan cizañento (sen 'acritude', créame).

p.s.: a Gawain, lembrarlle que, como ben sabe, Juliétte Greco c'est moi (ou non?).Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-5574615794677208822007-06-20T23:07:00.000+02:002007-06-20T23:07:00.000+02:00Roma es una auténtica maravilla. Jamás olvidaré la...Roma es una auténtica maravilla. Jamás olvidaré la primera vez que la pisé, fue después de una noche entera en tren. Estaba cansada y necesitaba ducharme, pero, cuando vi toda aquella gradiosidad, sentí que todo daba igual, lo único que me importaba era Roma.

Los colores de las casas,
las plantas en los balcones,
el bullicio de las calles,
la mímesis entre lo antiguo y lo moderno ... Roma Roma Roma ... qué ganas de volver ...Lucíahttps://www.blogger.com/profile/07182097190999636788noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-59387616306535093882007-06-20T22:57:00.000+02:002007-06-20T22:57:00.000+02:00Debera respostar 'a besta', mais nese caso sumaría...Debera respostar 'a besta', mais nese caso sumaríame á anonimia...

A cultura nunca se derrocha, xa que unha das súas virtudes é que canto máis se reparte, máis rico fai ao doador...

Cal sería, en todo caso, a capital do amor, bela?FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-14413620700123665832007-06-20T22:54:00.000+02:002007-06-20T22:54:00.000+02:00Buff!!que derroche de cultura!! es un viaxeiro ao ...Buff!!que derroche de cultura!! es un viaxeiro ao estilo daqueles lores ingleses. De veradde, así non me estranha que as churris-visitantes do teu blog queiran viaxar contigo á capital do amor, oh la lá...Anonymousnoreply@blogger.com