tag:blogger.com,1999:blog-15343180.post7679288496039414912..comments2023-09-25T18:32:02.694+02:00Comments on Trasalba: Palestina é PalestinaFraVernerohttp://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-225530303642558132009-01-14T14:32:00.000+01:002009-01-14T14:32:00.000+01:00Semelha como se o povo israel necessitasse do ódio...Semelha como se o povo israel necessitasse do ódio para poder continuar existindo, mas isso é umha visso moi poética da realidade. Todo se explica pola estrutura económica. Israel tem que manter um Estado terrorista porque a pressom demográfica do povo palestino pom em perigo a sobrevivência do Estado de Israel, para além de que esta ofensiva responda a interesses electorais e de que a guerra em Oriente Meio é um próspero negócio para o Imperialismo e os seus satélites, entre eles o Estado espanhol. Difícil saída tem o conflito Palestino se nom hai um troco no modelo económico. Socialismo ou caos e nom apenas em Palestina. Na Galiza tamém.AFPhttps://www.blogger.com/profile/00581981738055889200noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-72376683051714563722009-01-13T23:15:00.000+01:002009-01-13T23:15:00.000+01:00O que están a facer en Gaza non ten perdón. Que lo...O que están a facer en Gaza non ten perdón. Que logo non se queixen... ou que pensan? Que matando, poñamos por caso, ata o derradeiro militante de Ḥamās (حماس) van rematar con eles? Os fillos da morte combaterán con aínda máis paixón e odio. Hoxe os nazis son eles.

É a mesma historia unha e outra vez...

Boa pregunta o de qué é ser xudeu. Podíase abrir un debate.Moncho Paishttps://www.blogger.com/profile/03772828683404469670noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-82483275503019898152009-01-13T13:08:00.000+01:002009-01-13T13:08:00.000+01:00Pareceume moi interesante un artigo que lin por aí...Pareceume moi interesante un artigo que lin por aí e que defendía iso de que os palestinos son os verdadeiros descendentes dos primitivos xudeus, e que os que se fan chamar hoxe xudeus en realidade proveñen de reinos que se converteron. En calquera caso o que complica todo o tema é que os xudeus poñen en práctica un xeito de identidade asimétrico en relación á maior parte das comunidades humanas, esa combinación de relixión e raza (descendencia por vía materna), e tamén o feito de que combinan un desenvolvemento político obxectivo con outro de tipo místico (baseándo a súa propiedade da terra nun designio divino).Mariohttps://www.blogger.com/profile/05629294182355297506noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-34492519822036521322009-01-12T10:09:00.000+01:002009-01-12T10:09:00.000+01:00É unha cuestión interesante, a de en que consiste ...É unha cuestión interesante, a de en que consiste ser xudeo, que daría para unha nova postaxe (isto é un xeito indirecto de animarte a escribila :p). Daniel Baremboim, que ten o mérito de ser un dos poucos músicos implicados en cuestións políticas, dixo nunha entrevista algo que me pareceu moi intelixente: que o propio pobo israelí estaba causando unha nova onda de antisemitismo (entendendo antisemitismo no sentido tradicional do termo, habida conta de que os palestinos tamén son semitas). É moi duro de tragar que precisamente un colectivo que ostenta o título de víctima por excelencia sexa incapaz da menor empatía polo sofremento alleo.
Pero o meu comentario non tiña nada que ver con isto. O que quería sinalar era que a creación da nación de Israel está sustentada sobre un presuposto relixioso, e dende ese punto de vista, non sei se poden aspirar a ser nalgún momento un estado verdadeiramente laico, ademáis das cuestións de lexislación interna de tipo relixioso que xa sinalei no meu propio post.
P.D: aínda que o pareza, xuro que non estou por levarche sistemáticamente a contraria ultimamente, e que en termos xerais estou totalmente dacordo co teu post :pA Raíña Vermellahttps://www.blogger.com/profile/10106094366824713493noreply@blogger.com