tag:blogger.com,1999:blog-15343180.post8633769978203283028..comments2023-09-25T18:32:02.694+02:00Comments on Trasalba: Žižek en CompostelaFraVernerohttp://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comBlogger9125tag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-14534434071830916562007-03-15T12:46:00.000+01:002007-03-15T12:46:00.000+01:00Seica Zizek chamou "disgusting lesbian" e outras c...Seica Zizek chamou "disgusting lesbian" e outras cousas peores á pobre Judith Butler nunha mesa redonda, máis tarde desculpouse persoalmente...

no fondo Zizek demostrou cal é a antinomia principal do seu pensamento, a saber, querería ser dos bos e xenerosos pero no fondo son un neoadorniano...

hai verdade e ilustración e revolución pero eu non constrúo obxectivación nin supero o marco metodolóxico do posestruturalismo (máis ben tendo a saquealo cinicamente cando me convén) nin produzo teoría política sólida que se poida soster alén dos chascarrillos comentados polo mantenedor...

polo demais foi divertido e un tanto frívolo...

Bicos para o tío Pepín (expulsado do hortus deliciarum?)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-74456957350136250242007-03-13T12:25:00.000+01:002007-03-13T12:25:00.000+01:00Non lembro en qué consistían, exactamente, as verb...Non lembro en qué consistían, exactamente, as verbas provocadoras de Zizek arredor da Butler. Podían ser algo duras (alguén quizaves nos poida refrescar a memoria), anque non moito máis das que emprega cos críticos posmodernos e poscoloniais...FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-53145527033460194902007-03-13T12:23:00.000+01:002007-03-13T12:23:00.000+01:00Querida xeración desherdada:Acabo de chegar e ver ...Querida xeración desherdada:

Acabo de chegar e ver o saboroso post que nos preparou o frater, mais xa con tanto sono que non me lambo.
Mañá é outro día, que dicía o outro.

Gawain espero que destiles toda a túa maldade no comentario que prometes.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-79813164640842713502007-03-13T12:20:00.000+01:002007-03-13T12:20:00.000+01:00Eu non puiden ir, lin o guión da conferencia, o qu...Eu non puiden ir, lin o guión da conferencia, o que polo visto non tivo moito que ver coa conferencia en sí, así que me quedo coa lectura dun bo artigo. Pero chegou ás miñas longas orellas que o Mestre se marcara algún que outro comentario homófobo. Provocación? Móllese mais, Señor de Trasalba. As masas queren morbo;)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-92051895529273714042007-03-13T12:18:00.000+01:002007-03-13T12:18:00.000+01:00Eu sopesei o esforzo de ir a renderlle pleitesía ...Eu sopesei o esforzo de ir a renderlle pleitesía a unha figura pública (algo que só faría con eses seres máxicos que son os escritores, polo menos cos que non me perderon a maxia) ou quedar na casa e ler o discurso esta semana. Gañou a segunda, e non me arrepinto. Da crónica rosa xa me puxeron ao tanto (por certo a crítica feminista é a mítica Judith Butler), pero prefiro ficar co texto espido que é máis interesante que o personaxe.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-21682880246678144102007-03-12T17:10:00.000+01:002007-03-12T17:10:00.000+01:00Ben, agradecido á nosa androide favorita pola info...Ben, agradecido á nosa androide favorita pola información -no finde semana conto con ver a guía de pervertidos-, e ao Chevalier (non Maurice) pola promesa in nuce de comentarios, seguramente cáusticos co filósofo esloveno...

Unha magoa de certo, cambote, que non puideras acudir ao Circo Slavoj. Eu móllome o que faga falla, máis tampouco creas que houbo máis truculencias das narradas. Outros, alén de mín mesmo, practican o culto á personalidade. Se alguén defendía cousas diversas ás do esloveno, non se lle pasou pola cabeza dicir 'esta boca es mía'. Iso sí, Villares poñía unhas tremendas caras de aburrimento (inglés algo atravesado de Zizek?), e cónstame que no público había xentes que non deberon tomarse a ben a burla impenitente e desprezativa cara o dueto Hardt-Negri. A pregunta política (que lle fixen eu) podíase entender como lixeiramente capciosa: o seu subtexto incluía a idea de que, malia as súas provocadoras formas marxistas, a súa obra e práctica tampouco resulta moi desemellante en moitos aspectos da doutros 'académicos da esquerda' aos que en cambio fustiga inmisericorde e mete no mesmo saco que os liberais, como Rorty ('todos son tépedamente social-demócratas'). Moitos teléfonos caían repetidas veces, e as persoas que resultaba evidente que sabían inglés (minoría, anque a maioría negábase a empregá-los cascos) baixaban as cabezas afirmativamente e rían cada mal chiste, nunha demostración constante de 'me estoy enterando de todo'.
Canto a escaqueos, supoño que sen mala fé, e dada a amplitude de case tódalas preguntas, pódese dicir que o Zizek foise polas nubes (anque á política contestou de xeito claro e directo). Polo resto, o dito (que eu lembre): ni chicha ni limoná, só culto á persoalidá.FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-78951018180940973222007-03-12T16:51:00.000+01:002007-03-12T16:51:00.000+01:00para min foi unha mágoa non poder acodir a escoita...para min foi unha mágoa non poder acodir a escoitar ó señor pope-zizek, o malabarista das palabras-imaxe.
Na crónica describes o ambiente e algunha das circunstancias, dis que se afastou bastante do guión establecido -que eu quería comezar a ler en breve-. Pero a ver, móllese de verdade sñor fravernero, e diga, a ver: incidentes, preguntas capciosas, escaqueos, truculencias... non houbo máis chicha da que conta?????cambotehttps://www.blogger.com/profile/14049307538453405110noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-27860655565088185302007-03-12T16:37:00.000+01:002007-03-12T16:37:00.000+01:00Comentarei aquí algunhas cousas sobre un acto ó qu...Comentarei aquí algunhas cousas sobre un acto ó que eu tamén asistín, se ben non puiden quedar ata a fin.

Pero iso será nos días vindeiros, por agora direi o que digo sempre sobre o de sempre: os bos son bos aínda que non sexa bos, ergo, Polanco bien vale una misa e a xeración dos herdeiros campa polos seus respectos.

Cfr. "As you like it" (II/7)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-38374289750549390532007-03-12T16:32:00.000+01:002007-03-12T16:32:00.000+01:00Hai dúas pelis: O divertido documental "Zizek!" qu...Hai dúas pelis: O divertido documental "Zizek!" que segue o modelo de "talking-head" onde o sr.Zz expón de xeito tan entretido como é costume as diferenzas entre real, simbólico e imaxinario e The Pervert's Guide to Cinema que fixo baixo a dirección de Sophie Fiennes, certamente entretida e que pode descarregar eiquí . Que lle aproveite!Arale Norimakihttps://www.blogger.com/profile/12898919434939013000noreply@blogger.com