quarta-feira, novembro 07, 2007

Aniversario

Ah, sí. Non o meu, claro. Hoxe cúmprense 90 anos dende a Revolución de Outubro, que como todos sabedes, tivo lugar en realidade en Novembro (cousas do calendario Xuliano...).

Pensara nun anaco do 'Outubro' de Eisenstein, que voltarei a ver ritualmente dentro duns minutos. Mais creo que resulta algo máis inmediato colar a 'escea da Internacional' da película 'Reds' (1981, Warren Beatty), na que se narran as aventuras de John Reed no país dos Soviets.

A ver se dunha destas acertamos, oh...

8 comentários:

  1. Vaites, vaites...

    Camarada Fravernero, ben sabes que se non fose pola miñas imposicións abstémicas, tomaría de boa gana un Porto contigo en conmemoración.

    ResponderEliminar
  2. Xa vexo que todos collíchedes o costume de usurpar o meu 'vaites, vaites' estes días...

    Ah, aprezado Leopold, o de camarada quédame grande. E sí, tomaría de boa gaña un Porto, e algo máis ca un Porto, pra conmemorar. Unha aperta a papá oso da miña parte.

    ResponderEliminar
  3. Querido Fra,

    desde o vello corazón medieval de París (Saint Paul, onde o facho de Molière aínda dá luz) mando unha aperta e a ver se si... a ver se si...

    e non esquezas que a revolución comeza sempre por un mesmo...

    Bicos,

    N.




    p.s.: "le soleil est rare et le bonheur aussi"

    ResponderEliminar
  4. Non foi a única 'revolución' de 1917:http://en.wikipedia.org/wiki/Fountain_(Duchamp), e, en todo caso, tampouco foi a única que acabou da maneira na que a que vostede conmemora acabou:http://www.galeriaestampa.com/cms/archives/000824.html.

    A realidade imita á arte (ou algo parecido).

    ResponderEliminar
  5. Benvido, can. Son túas as fotomontaxes da páxina? Están moi ben, a verdade...

    Sobre 'a outra revolución' sempre me gusta ler, falar e escribir. A case sempre imposíbel conxunción da vangarda política e estética... anque o paralelismo paréceme moi apropiado. Despois de todo, a Vangarda, nun contexto de capitalismo consolidado e triunfante, convértese nos anos 50-60 no establishment. Canonizada, clasicizada, emblema do mundo libre fronte aos horrores do realismo socialista, e atada ao carro triunfal do mercado...

    ResponderEliminar
  6. Súmome (con certo escepticismo, todo hai que dicilo) a ese desexo final.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  7. Vamos lá comemorar com um Porto, ou um Madeira?

    ResponderEliminar
  8. Vaia, é voçê de Madeira? Muito bom! Tenho muitos amigos de Madeira travalhando em Inglaterra...

    Ámbolos dous vinhos, em vermelho, prestam bem...

    Raposo, dubido que me gañes en escepticismo, oh... a utopía é sempre muller fuxitiva...

    ResponderEliminar