Ando liadísimo estes días, ate o extremo de que o tempo para meter novas entradas é moi limitado. Mais que colarvos novos anacos das miñas lecturas, deixo caer este momento glorioso de saxo e de jazz do filme Non c'è due senza quattro de Bud Spencer e Terence Hill, e outro máis que tedes na xanela, abaixo. Ámbolos dous son herdeiros de tradicións de arte popular (e populista) que un case podería retrotraer á Commedia, ás Atelanas e á mitoloxía greco-latina. O nexo con Bakhtin e o carnavalesco é para mín tamén evidente, sobretodo na ínclita segunda escea, onde a subversión das diferenzas de clase, xénero e raza remata cunha orxía (musical) e todos na piscina: E' l'ora del bagnetto, tutti in piscina! (virtual).
Que grandes momentos con estes dous tipos. Outro momento musical memorable é o Pompomponpon de Altrimenti ci arrabbiamohttp://www.youtube.com/watch?v=KZ3efsgJo28
ResponderEliminarFoi unha das ocasións en que tiven que rebobinar a cinta máis de 2 veces.
Un saúdo.
bravo, bambino!
ResponderEliminarRicorditi di me,que che regalei aquela chapa en Coruña.
Únicos!
ResponderEliminarImpresionante. Mágoa que o terencio (daí debe vir o da tradición cómica) lle dera por facer de curiña xeitosiño na tv italiana.
ResponderEliminar