quarta-feira, agosto 31, 2011

Extracción das moas da cordura

Ao retorno do País do Sol Nacente acaban de extraerme non a pedra da tolemia, con resonancias do Bosco, senón as moas do xuízo, que me daban moito a lata. Considerádeo unha excusa axeitada para a preguiza en reanudar as emisións no Pazo de Trasalba, que no mes de setembro (exames mediante) han voltar ao rego, sempre que me fique xuízo suficiente -unha substancia da que sempre andiven escaso...


2 comentários:

  1. Perderás os dentes, pero non perderás o sen.

    Ramón

    ResponderEliminar
  2. Ánimo, meu! Eu xa pasei por esa e tampouco foi tanto ao final. A mágoa é que non se pode rillar no churrasco nunha boa tempada XDDD

    Unha aperta!

    Moncho Pais

    ResponderEliminar