tag:blogger.com,1999:blog-15343180.post7339663977894130304..comments2023-09-25T18:32:02.694+02:00Comments on Trasalba: Non LugaresFraVernerohttp://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comBlogger10125tag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-35056431868359641612007-06-28T02:24:00.000+02:002007-06-28T02:24:00.000+02:00o concepto de non lugares é fabuloso. Moi empregad...o concepto de non lugares é fabuloso. Moi empregado aquí por sociólogos e antropólogos dende fai anos e, claro, completamente contemporáneo. Sen dúbida, vai moi en sintonía coa idea da identidade de Bauman da que falabamos (elipticamente) no blog esta semana.torredebabelhttps://www.blogger.com/profile/10859702839230155788noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-54090426803878496482007-06-26T21:42:00.000+02:002007-06-26T21:42:00.000+02:00Sir Gawain, creo que debatir todo esto levaríanos ...Sir Gawain, creo que debatir todo esto levaríanos á invención do ferrocarril e, como ben di vostede, si pero non.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-13675112444677336392007-06-26T12:50:00.000+02:002007-06-26T12:50:00.000+02:00Ya que Fravernero viaja tanto, me ofrezco gustosa ...Ya que Fravernero viaja tanto, me ofrezco gustosa a acompañarle. Me enseñaría todas las ciudades, todas sus interioridades. Y yo volvería más sabia, más colmada... de saberes.
Un biquiño (¿es así, no?).Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-13136832987655213762007-06-26T12:19:00.000+02:002007-06-26T12:19:00.000+02:00Queridos todos,si pero non. A categoría non é subx...Queridos todos,

si pero non. A categoría non é subxectiva e non depende do espectador. Creo que moitas veces caemos nunha lectura demonizante e nostálxica do tipo: la casita de mi abuela con sus colchas y su olor a lavanda (anuncio de Mimosín) vs. aeropuertos, supermercados y cia. Os non-lieux posibilitan o imposible, como se ve no filme "Lost in Translation" (segundo o sabio V.A. Ferretti da Kiel Universität o filme que mellor ilustra a noción de non-lieux, sen guión non é o mesmo)...

Claro que un se atopa incómodo e anónimo desastido da aura: pero todo iso ten implicacións narrativas realmente decisivas e doutro xeito vexan a simpática (que non comparto en todos os puntos) posdata ás sociedades de control que propón Augé no seu libro.

Espero que Panero e máis Davitz o pasen moi ben no congreso marxistón londinense e que aprendan moito de Gilroy, Callinicos, Zizek, Stoppard, Billy Bragg, Soweto Finch e outros...

(Mantenedor, débesme a dirección de certo fotolog...)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-88627676923288059282007-06-26T10:47:00.000+02:002007-06-26T10:47:00.000+02:00Raíña: de certo, o peor son as esperas. En última ...Raíña: de certo, o peor son as esperas. En última instancia, levamos a casa con nós (o noso corpo e dous ou tres artefactos que nos fan sentir cómodos) mentres arrincamos a coitelo un espazo privado (walman e lentes escuras no metro introvertido).

Uncle Friki-Joe: totalmente dacordo co teu diagnóstico, e que vai na liña dunha 'perda de autenticidade' que é o reverso tenebroso da globalización e asimilación capitalista. Todos somos iguais para un mercado que nos atomiza e disolve toda diverxencia en pequeno kitch exótico e tamén mercantilizábel.

Roboteira: xuntamos os dous, logo, restos de naufraxio. É curioso cómo ás veces o home (que a medias é un animal social) se mantén pechado, e noutras se abre. Basta nun tren pechado e introvertido que se faga o escuro para que a xente, solitaria e amedada, comece conversacións que senón calaría...

yolanda: alédome de que che gustara a bitácora, anque eu non a describiría como 'derroche de erudicción e cultura'...FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-48251593955181759492007-06-25T20:52:00.000+02:002007-06-25T20:52:00.000+02:00Estoy alucinada con este blog. ¡Qué derroche de cu...Estoy alucinada con este blog. ¡Qué derroche de cultura y erudición la de su autor! Mis mayores felicitaciones. Permitidme una broma: ¡qué pena que tenga novia! Disculpas por no poder escribir en gallego, soy de Castellón y vivo en Murcia. Gracias.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-23244050924874107252007-06-24T22:32:00.000+02:002007-06-24T22:32:00.000+02:00Mal día escollín para visitar o honorable pazo, xu...Mal día escollín para visitar o honorable pazo, xusto veño de pegarme unha enchenta nostálxica con lugares e entornos que só perviven na miña memoria...
A miña particular reacción á vida nos aeroportos (non son poucas horas de vida pasadas neles) é a análise da fauna, e, se estou de humor e se tercia, a descuberta de historias. Moita xente devece por contar un anaquiño da súa biografía, e é ben curioso como a deshumanización reinante nos non-lugares e a efemeridade do seu ambiente provocan acotío unha familiaridade curiosa entre as persoas que ousan cruzar a barreira do mp3 ou da desconfiaza contra o descoñecido.Arale Norimakihttps://www.blogger.com/profile/12898919434939013000noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-7116775650571919592007-06-24T22:00:00.000+02:002007-06-24T22:00:00.000+02:00¿Que carallo é esto? Unha raíña vermella que non q...¿Que carallo é esto? Unha raíña vermella que non quere look guiri e un tío friki que caeu dunha burra. Mi madriña. Voume.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-18922196844518177562007-06-24T14:38:00.000+02:002007-06-24T14:38:00.000+02:00Eses 'non lugares' son tal porque independente da ...Eses 'non lugares' son tal porque independente da súa localización espacial non é doado determinar diferencias sustanciais (un Zara de Nova York debe ser igual a un Zara de Tokio e así sucesivamente), están ou poden estar cheos de xente pero, á vez, están deshumanizados, son mecánicos, metódicos, fríos, asépticos... Eu identifico esa sensación do non lugar nos putos tanatorios e nos putos crematorios (a fin de contas son non lugares extremos).
Xa sei que non está ben que un 'friki' recén 'caído da burra' diga o que vou dicir, pero creo que no fondo está acontecendo que boa parte das persoas están/estamos empezando a a ser mero mobiliario do 'non lugar': deambular polo centro comercial, pola estación, polo aeroporto, pola sala de espera (in)hospitalaria, etc., e, por enriba, embutidos nos cascos do ipod ou do mp3/4, ou coa orella pegada ó nokia gti 150 cv., ou, dependendo das idades, coa gameboy, etc.
...pero é posible que xa non estea a falar dos non lugares.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-15343180.post-2122887772910194702007-06-24T11:24:00.000+02:002007-06-24T11:24:00.000+02:00Este tipo de sitios lémbranme aos cadros de Hopper...Este tipo de sitios lémbranme aos cadros de Hopper, un dos meus pintores favoritos: lugares nos que estás soa, agardando e en certo modo desamparada, pero non me resultan particularmente desagradables, salvo as estacións de bus, que odio.
Nos hoteis si desplego as miñas pequenas manías:
1. Desfago a maleta. Aínda que marche ao día seguinte.
2. Poño na mesa de noite o libro de turno e unha botella con auga
3. Busco un sitio onde teñan menú vexetariano. Non son vexetariana (estricta), pero cando estás fóra, é o único xeito de comer algo que non che tupa as arterias para sempre.
4. Trato de fuxir do "look guiri", e vestir o mais normal posible. Estar cómoda non xustifica determinadas aberracións estéticas.

En suma, trato de sentirme o mais como na casa posible, aínda que sexa difícil. O peor son as esperas.A Raíña Vermellahttps://www.blogger.com/profile/10106094366824713493noreply@blogger.com