Non se me ocorrera esa analoxía ou contraste que propós... ámbolos dous son gratos ao meu padal como leite e mel (silvestre). Sería quizaves tópico imaxinar a Mondrian coma o racionalista, modernista implacábel e lecorbusierián das liñas puras e formas xeométricas de cores básicas fronte á explosión lírica, surrealista, emotivo-subxetivista do Klee... 2 pautas de entrada: a primeira, é un bon complemento aos dous obituarios que lle seguen. O mesmo Klee pintou este cadro poucos meses antes de morrer, coa Morte Presentida. A máscara branca de sorriso sardónico conecta coa forte tradición de 'Danzas da Morte' e imaxes desta nos edificios públicos e igrexas gotizantes de Alemaña (incluíndo unha vidreira contemporánea da que disfrutei moito e que tivemos oportunidade de ver nunha igrexa de Lubeca). Doutra, e por irónico contraste, lembro que o Pater Patriae, o irmao Daniel que tanto coincide comigo no gusto polos Flamencos deixara unha breve nota no seu diario de 1920, dicindo que os debuxos de Klee os podía facer mellor o seu fillo, e que os adultos non deberían portarse coma nenos (unha opinión impropia dun pintor).
Versus Mondrian?
ResponderEliminarNon se me ocorrera esa analoxía ou contraste que propós... ámbolos dous son gratos ao meu padal como leite e mel (silvestre). Sería quizaves tópico imaxinar a Mondrian coma o racionalista, modernista implacábel e lecorbusierián das liñas puras e formas xeométricas de cores básicas fronte á explosión lírica, surrealista, emotivo-subxetivista do Klee...
ResponderEliminar2 pautas de entrada: a primeira, é un bon complemento aos dous obituarios que lle seguen. O mesmo Klee pintou este cadro poucos meses antes de morrer, coa Morte Presentida. A máscara branca de sorriso sardónico conecta coa forte tradición de 'Danzas da Morte' e imaxes desta nos edificios públicos e igrexas gotizantes de Alemaña (incluíndo unha vidreira contemporánea da que disfrutei moito e que tivemos oportunidade de ver nunha igrexa de Lubeca).
Doutra, e por irónico contraste, lembro que o Pater Patriae, o irmao Daniel que tanto coincide comigo no gusto polos Flamencos deixara unha breve nota no seu diario de 1920, dicindo que os debuxos de Klee os podía facer mellor o seu fillo, e que os adultos non deberían portarse coma nenos (unha opinión impropia dun pintor).