domingo, agosto 23, 2009

Dous Haikus

Aínda fican varias viaxes que contarvos, mais antes de nada cólovos dous haikus dunha colección de cen, todos fillos do inxenio de Masaoka Shiki, poeta e teórico xaponés de finais do século XIX e comezos do XX que morreu novo de tise e que reformulou e revolucionou completamente o xénero.

Ikutabi ka
Iuki no fukasa
Tazune keri

Cantas veces preguntei
Qué profunda era
A neve

Hitori jae no
Kusa minna hana to
Narini keri

A herba reverdece
Sen axuda de ninguén
A flor florece

4 comentários:

  1. "sen axuda de NINGUÉN" cabrito!!!!!!!, e despois chámasme filólogo fascista. Prefiro os haikus que hai no Home Inédito.
    RAmón

    ResponderEliminar
  2. Vale, castrón candensis... xa sabes que prestaba moi pouca atención nas aulas de galego da secundaria, e que teño que porme as pilas... xD

    ResponderEliminar
  3. ¿A profundidade da neve?
    Boa pregunta para estes días de verán.

    ResponderEliminar
  4. Recomendo eu tamén vivamente a Shiki, un dos meus favoritos.

    O vindeiro 29 de novembro (se a gripe A mo permite), parto para Xapón. No meu percorrido unha pequena estancia no monte Koya, un dos lugares da travesía de Basho.

    Kiri no ka ya
    taimatsu sutsuru
    yama-katsura

    árbores de katsura na montaña
    tiramos os fachos
    cheiro a néboa

    Jya Mata ato de! (até a vindeira)

    ResponderEliminar