sábado, maio 01, 2010

Mutilado de guerra

O novembro pasado informaba do triste dano que a tormenta e impulso fixeron sobre unha feixoeira da horta. Actualmente, e maila agromar un chisco, a árbore segue presentando un aspecto lamentábel, tan antitético co seu ser orixinal outo, florecido e cheo de froitos...

A estas alturas da primavera, o dano segue, ou quizaves empeorou, como parecen apuntar as manchas de barola verde nas súas zonas expostas. Unha pequena galería de imaxes (esta que vos pego só unha mostra) e de consellos que me dan ao respecto varios especialistas en frutais tédelo eiquí.


O luns pasarei pola agraria, a ver o que me aconsellan alí, e para pillar a masilla cicatrizante. Non creo que me atreva a cortar polo tocón, ou sexa que xa veremos o que sae...

3 comentários:

  1. Unha auténtica mágoa. Desexo que se mellore a árbore :-/

    Moncho Pais

    ResponderEliminar
  2. Boas, Moncho:

    sonche un chisco escéptico, anque desexo que floreza tanto como a árbore de Xesé... xD

    Xente que coñece recomendoume cortar case polo pé, debaixo da ferida de abaixo, pero paréceme moi drástico. Podei un pouco e botei moito mástic... Agardo que a planta se recupere e engorde algo o enfraquecido tronco...

    Sabes o que estou probando a implantar agora na Galiza? Pawpaws! (Asimina triloba). Son unha especie de 'chirimoyas' pequenas adaptadas a climas oceánicos tipicas dos EEUU. O seu maior problema é a raíz delicadísima e a dificultade de polinización (non autocompatíbel, amais de que as abellas pasan das súas flores), pero véxoo xa como a froita emigrante desta década (colléndolle o relevo ao Kiwi dos 80 e á Feixoa dos 90).

    ResponderEliminar
  3. Xa me darás a proba, meu!

    Se ves que hai negocio, eu podo ser un socio económico XD

    Saúde e que a árbore medre e bote mil froles cos meus maiores desexos.

    Apertas, irmán!

    Moncho Pais

    ResponderEliminar