Xa vos daríades conta da miña parsimonia recente nesta casa dixital. Non pensedes que é cousa de preguiza, senón que ando moi ocupado con varios mesteres entre os que se inclúen o pequeno Mamoru, as aulas, algunhas lecturas moi densas e a tournée por diferentes Escolas Oficiais de Idiomas impartindo formacións (a semana pasada, Ourense e Viveiro; a que ven, a segunda de catro visitas a Vilagarcía). Nuns días quizaves tope o tempo para proseguir cos meus percorridos vocacionais, así que tede un chisquiño de paciencia, que todo chega.
Excelente artigo. Graciñas por contarnos estas impresións tan persoais. Aínda que non teñas comentarios que saibas que leo o blogue con relativa frecuencia. Debeu ser duro cara ao final da carreira decatáreste de que as saídas laborais preconcibidas se foran frustrando. Penso que é algo que nos pasou a moitos independentemente da carreira. A min persoalmente conduciume a un replantexamento profesional irresoluto e a ficar ancorado a un bloqueo persoal. Moi gracioso como describes a grea de xente que intenta vivir de chucharen as exiguas tetas das bolsas. Certamente dá a impresión de mal agoiro, calquera bo cristián tentaría fuxir desa terrible perspectiva. Respecto da tendencia estatística e compilatoria de datos que sofre ou goza a historia na USC, compréndote perfectamente. O bonito é o outro. Tamén teño que dicir que eses datos e estudos con aparente pouco valor tamén son necesarios e en absoluto carentes de valor. O problema é que cumpriría ir máis aló. A recolleita deses datos eu enténdoa como necesaria pero secundaria, como un "adxunto" que complemente o importante, a conclusión, que é o que ti buscabas.
ResponderEliminarContinúa igual, es un crack.
Moncho de Lucas / Uberich