sábado, dezembro 31, 2022

Libros do Mes - and some stats

The Mozi: A Complete Translation de Ian Johnston [E]

Ballads and Stories from Dunhuang: An Anthology de Arthur Waley [E]

*Calculus Made Easy de S.P. Thompson e Martin Gardner

*Agatha Raisin and the Quiche of Death de M.C. Beaton

*Bubble or Revolution? The Present and Future of Blockchain and Cryptocurrencies de Neel Mehta et al. [E]

--------------------------

Os libros do 2022 en cifras:

Libros completados: 33 (menos dos que querería, e bastantes son pequenos)

Libros mercados: 73

Lugar de compra: (penso que hai un erro, e que un dos 'outros' debera permutarse por un de amazon.es, pero dame preguiza volver a facer os gráficos)

















Comparado co ano anterior, merquei máis en amazon de España e en abebooks/iberlibro, menos en Wallapop e Springer e moito menos no amazon americano ou en Alibris. 

sábado, dezembro 10, 2022

墨子

Estes días estou a ler a tradución inglesa (obra de Ian Johnston) do Mozi, un dos clásicos do pensamento filosófico chinés de arredor do século V a.C. Velaiquí uns breves apuntamentos:

*O primeiro que me está a sorprender é a semellanza do pensamento Moísta co Confucianismo, que era o seu acérrimo rival. Lendo esta obra, non son quen de comprender o odio que lle adican Mengzi ou Xunzi, agás que a razón sexa simplemente a estreita competición entre escolas moi semellantes (xa se sabe que na práctica, o herexe é máis detestado que o infiel). As diferenzas que existen -enterros, espíritos, etc... - antóllanseme moi menores.

*O concepto de 'amor universal' sí podería ser a fonte de maiores enfrentamentos, mais de novo, a propia noción confuciá de ren (仁) tamén é bastante universalista, incluso se a súa perfecta posta en práctica se restrixe aos 'sabios' (聖) e aos 'cabaleiros' (君子).

*Cousas que o Moísmo comparte con escolas á súa vez moi opostas, coma a Confuciá ou a Legalista, son a súa visión meritocrática, autoritaria, estatista e de arriba a abaixo á hora de organizar a sociedade. Curioso que non lles resultará concibíbel no século V unha forma máis horizontal de goberno, ou quizaves sí o pensaron mais eses textos non chegaron a nós.

*De feito, a imprensión que me está a xerar a lectura é a de que o Confucianismo configúrase coma un punto medio entre dous estremos - non tan cínimo, instrumental e amoralista coma o Legalismo (pero aplicando moito do pragmatismo deste na organización política diaria, anque sempre coa boca pequena), e non tan idealista e utópico coma o Moísmo (malia compartir a maior parte das súas crenzas).

*Noutro orde de cousas, o pensamento de Mozi antóllasame un chisco bilopar dende a perspectiva actual - dúas caras de Xano, cunha fitando para o pasado (crenza en pantasmas e espíritos, e nunha 'xustiza divina' que castiga e recompensa aos humanos nesta vida) e outra cara o futuro (pacifista, filosóficamente utilitarista, 'as necesidades dos máis predominan sobre as necesidades dun')

sexta-feira, dezembro 02, 2022

quinta-feira, dezembro 01, 2022