quinta-feira, fevereiro 02, 2006

Kandinsky



"O punto xeométrico é unha cousa invisíbel. Polo tanto, debe ser definido como unha cousa incorpórea. Considerado en termos de sustancia, equivale ao cero […]. Deste xeito, vemos un punto xeométrico como a derradeira e máis singular unión do silencio e da fala. Ao punto xeométrico ténselle dado a súa forma material, en primeira instancia, na escrita. Pertence á linguaxe e significa silencio." (Punto e liña sobre plano)

7 comentários:

SurOeste disse...

Que desordenada deixa sempre a mesa este condanado Kandinsky!

eue disse...

Daquela, tampouco existe o punto e final=.

FraVernero disse...

A morte é necesariamente, quizaves, o noso ponto e final. Algunhas cousas permanecen, pero non as estimamos demasiado...
Os vermes, algo máis.
Este homiño (malia ser moi pouco filosoviético) compite co Bosco por ser o meu pintor favorito... Xa van moitos anos que o descubrín, e o meu afecto por el non fai máis que medrar...

Sir Gawain disse...

KANDINSKI SEMPRE NA BAUHAUS E AS SUAS LECCIONS DE HORAS E HORAS SOBRE O ESPECTRO DE CORES PRIMARIAS. KANDINSKI MODERNISTA E NOS MODERNISTAS CON EL. (MODERNISMO é REVOLUCION AGORA E REVOLUCION é NON IGUALITARISMO ESTETICO.) ADORNO PODERIA TER DITO, PARA QUE QUEREDES ESCOITAR O JAZZ SE TEDES A SCHOENBERG E A KANDINSKI? (A MIN GUSTAME O JAZZ, A PESARES DE ADORNO. SEN EMBARGO GUSTANME MAIS KANDINSKI E SCHOENBERG, CONFESOO PARA QUE O ANOTE SE LE ISTO FELIX DE AZUA OU ALGUN DOS SEUS LAMENTABLES EMULOS PATRIOS.) GROPIUS BAILOU COA MULLER DE KANDINSKI E DEBUXOU NO SEU CARNE DE BAILE... erano altri tempi.

Bicos para todos e tanta alegria para este sempre querido e recuperado espazo,

N.

FraVernero disse...

Mellores novas aínda, Sir Gawain.
A vella bitácora 'Cortedecamelot' volta a estar en activo. Volta a ter o enderezo primeirizo:
http://cortedecamelot.blogspot.com

e conseguín recuperar os comentarios e vellos debates que tanto che deleitan.
Agora estou máis enfrascado nesta miña nova casa, pero se vos interesa, podiades pasar a empregala como 'bitácora comparatista colectiva' ou o que se tercie.
Un saúdo.

P.S.: o poema que me mandaras elimineino por error. Terás que voltar a enviarmo (e de paso, eses escritos teóricos que non puiden abrir)

Ginebra disse...

Vaia, Fravernero, polo menos tí pos algo de xeito, non coma o noso Captain que lle dou polas motos e esqueiras con globos...XD XD

Laurindinha disse...

Kandinsky consegue o imposible: que me gusten as liñas rectas!