domingo, agosto 12, 2007

Miña casiña, meu lar...

Xa estou de volta! Bendito teclado! Detrás fican unhas cantas horas de viaxe dun a outro estremo de Europa, e unha breve e refrescante ducha. Por diante está o churrasco, altas doses de cafeína e irme poñendo ao día do acontecido por eiquí e na blogosfera.

Se a cafeína fai milagres, contade con ter hoxe á tarde unha crónica da breve estadía de onte/hoxe á mañá en Londres.

5 comentários:

O Breogán de Gáidil disse...

Pois benvido, agardo que os malos días se transformen en boas anécdotas!

torredebabel disse...

Benvido, ao lonxe! e agardamos a cronica prometida ;-)

Anónimo disse...

Perdoa por prodigarme pouco. Pero escribin. Non te queixes. Espero que non todo fora tan terrible e que ainda queiras tomar un par cando volva.

Anónimo disse...

Din as malas linguas (neste mundo globalizado non hai xa intimidade) que en Tallin apareceu unha pintada na que se podía ler 'Fra go home'.

Benchegado.

Xa sabe, 'my home is my castle' ou algo así, non?

Unknown disse...

Ben retornado Fra!! Agardo que non deixaras moitas doncelas chorosas atrás túa! Aínda temos pendente un cafeíño, pero temo que terá que ficar ate Setembro, pois agora son eu quen marcha de viaxe... Non se preocupe caro amico, eu non vou tan lonxe coma vostede, fico aló onde tiveron lugar as Cuerras Carlistas. Xa lle traerei un puco de aristocracia de recordo.