Si, xa sei que vos teño de todo punto abandonados. Estes días atrás andiven moi liado cos seminarios do máster e coas lecturas correspondentes, e non atopei moito oco ou inspiración para facer as visitas habituais ao taboleiro virtual. Paradóxicamente, xa que o seminario que remata e no que máis estou traballando é o de Cibercultura.
A título provisional, podo dicir que a experiencia que tiven (tivemos: somos 4 con el) no taller de Jaime Alejandro Rodríguez foi a máis interesante das que se deron ate agora no máster (e sospeito que ha de ficar así), cun modelo moi dinámico baseado na lectura de textos para cada sesión e en debates bastante intensos, cunha curiosa fractura xenérica (os dous homes eramos máis escépticos sobre as posibilidades políticas e estéticas das ciberletras, alén de reacios ao discurso post-estructuralista que sustenta a maioría dos seus principios e propostas teóricas). De todos xeitos, é un modelo que só funciona se hai interese e tempo para ler sobre a materia (xa vos informara que lera algúns libros antes e durante o curso, a maiores dos textos mínimos obrigatorios); un interese e unhas lecturas que continuarán polo Nadal, con 8 volumes que agardan na estantería. Polo momento, acabo de rematar, ou estou a piques de, os exemplares de Janet Murray (Hamlet en la Holocubierta), Pierre Lévy (Cibercultura. Informe al Consejo de Europa) e Marie-Laure Ryan (La Narración como Realidad Virtual), dos que podo meter reseñas, resumos, fragmentos ou explicacións se vos come o vezo e mos solicitades.

Alén das lecturas, o Nadal preséntase bastante ocupado con traballos para éste e outros seminarios (algo sobre Macbeth e o Materialismo Cultural, estudos dun Melodrama e arrexuntar materiais para unha exposición sobre o Mundodisco), mais o aumento do tempo libre ha axudar a que vos manteña informados e ao día...
Como propina final da virtualidade (e reflexión oblicua sobre os debates da aula, onde me descubrín como acervo defensor do coñecemento científico e das ciencias duras) déixovos o Xerador Posmoderno, un programa electrónico que inventa falsos artigos de estilo Posmoderno e que sen dúbida enganan a primeiro golpe de vista (a combinación azarosa do primeiro que fixera xuntara dúas das miñas frikadas particulares: Marx e William Gibson).

2 comentários:
e por que non empezas lendo a robert coover, criatura?
Un non descoñece de todo a algúns dos representantes da literatura electrónica -tanto Coover coma os forxadores dos hipertextos 'serios', coma o tristemente finado David Foster Wallace ou os clásicos do Cyberpunk. De todos xeitos, valoro máis neste estadio as teorizacións sobre o eido, xa que os productos me resultan aínda pouco satisfactorios para o meu padal esixente... Aprezar a algúns destes autores -e máis no caso dos hipermedias e as novas formas de escrita colectiva e en rede- require en grande medida un cambio de chip...
Enviar um comentário