sábado, fevereiro 21, 2009

Deseño Burricán

Xa que estamos no ano Darwin, e dado que a Raíña xa tocou parte destes temas na súa bitácora, perrmítome o corta-pega dun anaco dos Philosophical Arabesques de Bukharin no que se atacan as teleoloxías que fican detrás dos 'argumentos' (sic) do 'Deseño Intelixente' (dobre sic!), e que nos remiten a Aristóteles, á complexidade 'inexplicábel' dos fenómenos naturais agás se metemos no medio un facedor de reloxos king size e acudir a explicacións 'vitalistas' nas que cada elemento ten inscrito o seu estadio ideal, inscrito nas súas posibilidades (o exemplo clásico, de Hegel, é a landra que inclúe in nuce ao carballo; máis tosco sería ver o destino do corcho como cubridor de botellas ou do polo para facer estupenda carne asada, especialmente á pekinesa).

Pola contra, a filosofía idealista realiza a seguinte operación: transforma a categoría que apareceu como resultado do devir histórico, coma un aspecto da necesidade natural, nunha cantidade inicial e dada, universalizando esta categoría. Logo esta cantidade dada, supostamente primaria e universalizada, describe un xigantesco círculo e torna a sí mesma. En esencia, este truco non é para nada difícil, mais ten que ser entendido no seu desenrolo e dacordo coa súa natureza, como facemos nós eiquí (...). En realidade, o ser humano, coma o individuo biolóxico e socio-histórico que é, é ao mesmo tempo un suxeito que se plantexa metas e un eslabón na cadea da necesidade natural. O 'obxectivo' é eiquí un aspecto desta necesidade, malia que xa non sexa unha metáfora, nen o embrión dun obxectivo, xa non é dynamis, senón obxectivo actualizado, energeia. Un entendemento disto faise sentir tamén en Hegel, por exemplo, cando afirma que o ser humano, na pescuda dos seus obxectivos, depende da natureza e atópase subordinado a esta.

1 comentário:

Chousa da Alcandra disse...

Disculpa a irrupción desta guisa; pero viña dicirche que hoxe é o día dos sorteos dos produtos galegos trasteados...
Nese senso dicirche tamén que hoxe mesmo, ao fio das 18:00 podes sintonizar Radio Cornellà (puxen un link no meu blog), para escoitar un programa feito por galegos e no que intervirá un blogueiro que tamén participa no trasteo...

Saúde!!!