quarta-feira, maio 20, 2009

Vuelta de paseo

Xa estou recuperado -física e mentalmente- do traballo gargantuesco que me botou sobre os ombros o congreso pasado. Na volta á normalidade hai sempre a cadea de libros e temas que ocupan os instantes de lecer que teño. Estes días ando a voltas con:

-Os espectáculos romanos do Anfiteatro e do Circo. A lectura básica foi 'Cruelty and civilization: the Roman games', de Roland Auget, e outros con boa pinta son 'Spectacles of death in ancient Rome', de Donald G. Kyle e o artigo 'Fatal Charades: Roman Executions Staged as Mythological Enactments', de K.M. Coleman.

-Plotino e a estética medieval: isto sae dunha visita recente ao CGAC, onde teñen por estes días unha exposición curiosa sobre políticas de diversidade sexual na arte. O medioevo saiu da librería do museo, e cífrase nun libriño con tres artigos de André Grabar sob título 'Los orígenes de la estética medieval'. No afán consumista estivo competindo cunha pequena guía sobre o graffiti que terá que agardar por tempos mellores.

-Lecturas atrasadas: cifradas en rematar dunha vez os 'Philosophical Arabesques' de Bukharin e un volume sobre cyberpunk e posmodernismo que non era quen de asaltar nos días da excursión a Portugal, entre curvas e ascensos ao Bom Jesús...

PS.: Teño que desdicirme sobre a xente de Vintage Books, por certo, xa que tiveron a amabilidade de enviarme un volume novo e impoluto para sustituír o defectuoso de Valis...

7 comentários:

Manuel L. Rodrigues disse...

benvido

SurOeste disse...

Que bueno que volviste..., pinche buey!

Rue Valette disse...

E digo eu, e pode ser que por puritísima ignorancia e/ou falta de atención, que carallo pasou con aquelas orellas do antroido que se sortearon sen presenza notarial e polo sistema do Espírito Santo?

Raposo disse...

É certo, que pasou con aquelas orellas que desapareceron sen deixar pegada e das que nada mais se soubo?
Houbo sorteo ou non?

Claus Patera disse...

Castrón, qué ben vives, carallo!

Anónimo disse...

Para quando uma entrada nova?
Ramón.

FraVernero disse...

Entrada nova xa tedes...

Canto ao sorteo, é ben certo que con tódolos disgustos políticos que se sucederon no momento, fóiseme o santo ao ceo. En breve paso a realizalo e a orellear ao gañador...