Moitos son os cantos e as personaxes destacadas da Commedia Dantesca. E cadaquén ten o seu episodio favorito. Un dos que máis poder suxestivo ten sobre mín é o Canto XXVI do Inferno, habitualmente coñecido coma o 'Canto de Ulises' por ser a figura destacada que o protagoniza.
O escenario de fondo é oitavo círculo infernal, adicado a castigar os crimes de fraude, o engano consciente aos demais (e polo tanto, na escala medieval un pecado moitísimo máis grave que os de incontinencia ou os de violenza). O círculo subdivídese á súa vez en 10 pequenos foxos, ou bolsas (Malebolge, as malas bolsas), cada unha das cales ocupa un canto (ou ás veces, dous). Fronte a outros espazos do Inferno, a case totalidade dos presos do oitavo círculo soen carecer de dignidade e nobreza: aparecen representados con certa comicidade burlesca (os políticos corruptos, cantos XXI-XXII) ou con desprezo, en castigos degrandantes e empregando para describilos rimas 'ásperas e duras' (celestinos, seductores, afagadores, canto XVIII). Unha notoria excepción será o canto que nos ocupa.
A oitava bolgia castiga en teoría aos 'conselleiros fraudulentos', e polo tanto, aos que fixeron un mal uso da razón humana e da súa intelixencia. Fronte aos brados e berros acostumados, o escenario é de total silencio. Os condenados atópasanse consumidos e agochados por lumes propios, creando un escenario que o poeta compara cos vermes de luz nunha noitiña de verán, ou con Elías arrebatado no carro ardente. O espazo, a visión e as comparanzas son solemnes, a aumentarán cando unha das lapas dobres sexa recoñecida como aquela que acubilla a Ulises e a Diómedes, os heroes clásicos que "dentro da chama así xemen / o engano do cabalo que fixo a porta / por onde saiu dos Romanos a nobre semente. / E chórase dentro a arte pola que, morta, / Deidamia aínda se doe de Aquiles, / e do Paladión tamén se porta a pena".
Segue un impresionante soliloquio de Ulises, emprazado por Virxilio, onde o Laertíada narra o episodio da súa morte e derradeira viaxe, descoñecida nos poemas tradicionais. As lapas collen forma de beizos, e ceivan a historia de cómo o heroe convence aos compañeiros do pequeno barco a sulcar por mares denantes nunca navegados; como cruzan os estreitos de Hércules e por cinco meses percorren as augas extensas ate chegar á vista da Montaña do Purgatorio. O sopro divino afunde entón á nave e o mar péchase sobre as súas cabezas: 'infin che 'l mar fu sovra noi richiuso'.
Os engados do Canto son variados. Un deles é ver a reescritura do mito clásico a través dos lentes escuros e deformantes da visión medieval, moito máis moralista que a grega, e que non é quen de perdoar a intelixencia do heroe. Antes ben, o Ulises dantesco aumenta o delito do fraude e da retórica enganosa co da presunción, rachando cos límites que a Divinidade lle puxo á humana razón. Tal delito é o que parece procurarlle se non a condenación, certamente a morte, death by water.
A imaxe que máis me seduce é, contodo, a da épica da navegación e do periplo mariño, que moitos anos máis tarde retomarían o valor dos lusitanos e os versos do seu mellor poeta. A breve descripción da viaxe, baixo un inmenso ceo nocturno que se confunde co mar, e baixo a única luz da lúa e de estrelas descoñecidas, aparece así nas liñas do Toscano:
e volta nostra poppa nel mattino,
de' remi facemmo ali al folle volo,
sempre acquistando dal lato mancino.
Tutte le stelle gia de l' altro polo
vedea la notte, e 'l nostro tanto basso,
che non surgëa fuor del marin suolo.
Cinque volte racceso e tante casso
lo lume era di sotto de la luna...

4 comentários:
Ghusta-me. Saúde irmán!
Ulises nómada dos tempos, percorrendo sen descanso cada época da nosa historia, surcando centos de versos (ou prosa) de centos de poetas, de todo tipo de poetas (penso tamén en Angelopoulos, p. ex.).
Ese tamén é o meu canto favorito, aínda que me daba moita pena Ulises, condenado polos mediocres cristiáns despois de ser un heroe para os gregos, e símbolo da intelixencia humana. O cal demostra que aos cristiáns nunca lles gustou demasiado a intelixencia...
Ulises é de certo o eterno nómada, moito antes dos soños percorredores das mil mesetas...
Os cristiáns, Raíña, son fortes moralistas do seu. A razón ben atadiña (ancilla teologiae), e ben pensado, que senón éche un problema cadrala cos dogmas e crenzas de calquera relixión. Niso simpatizo cos cristiáns anti-helenistas (os máis honestos, no fondo), coma Xustino ou Bernardo de Claraval, que denfendían o desterro de toda razón como pecado pagano e sen valor. Visto doutra maneira: sempre considerei a unión de Fe e Razón (ou os seus descendentes ideais na nosa esfera terreal, a Igrexa e o Estado) como falsa e inmoral, anque a ela lle debamos o pouco que se converva do pensamento e da literatura clásicas...
Enviar um comentário