
O maio pasado tiven ocasión de facer unha escapada cultural á
Villa y Corte. Malia as miñas reticencias coa arte contemporánea, non me disgustou unha instalación no
Reina Sofía da artista xaponesa
Yayoi Kusama, e que consistía nunha sala a percorrer, semiescura, e iluminada por múltiples puntos de luz que ían cambiando de cor e que, reflexados en espellos e nun chan de auga, creaban a sensación dun espazo infinito. Eis unha das fotos que lle tirei...
2 comentários:
Cando veñas por Meiril avisa ho! E tomámoslle algo ou visitarmos algún museu.
Saúde!
Moncho Pais
Ahhh diario de un historiador recién pringado... A ver se nos vemos, lémbrome moito de ti, amigo Degollador, e máis agora que estou nos meus combates pola historia...(sic)
Enviar um comentário