sábado, janeiro 19, 2013

Tanizaki e os retretes

"Cada vez que me ensinan un retrete vello, escasamente iluminado e (engadiría) impecábelmente limpo nun templo de Nara ou Kyoto, síntome impresionado polas singulares virtudes da arquitectura xaponesa. O recibidor pode ter os seus engados, mais un retrete xaponés é certamente un lugar de repouso espiritual. Sempre fica separado do edificio principal, ao final dun corredor, no medio dun xardín vizoso e fragrante con follas e musgo. Non hai palabras que poidan describir a sensación de sentarse na luz velaíña, absorvendo o lene lampo reflectido no shoji, perdido en meditación ou fitando cara a fora, ao xardín. O novelista Natsume Sōseki consideraba as súas visitas matinais ao retrete como un grande pracer, alcumábaas "unha delicia psicolóxica". E certamente non hai lugar mellor para saborear este pracer do que un retrete xaponés no que, rodeado de muros tranquilos de madeira finamente granulada, un fita ao exterior, vendo os ceos azuis e as verdes follas".     

Jun'ichirō Tanizaki, Eloxio das sombras

1 comentário:

Anónimo disse...

Moi diferente a algo semellante: cagar no monte. Diferénciase en que non podes estar comodamente sentado, senón anicado. De todos xeitos, ten que ser unha delicia cagar sentado mirando cara ás montañas ou nun xardín vizoso con cerdeiras en flor.


Moncho Pais