quinta-feira, novembro 23, 2017

The Art of Becoming

Entre as densas pero instructivas lecturas coas que estou a disfrutar estes días ocupa un posto de honor Number, The Language of Science, de Tobías Dantzig; a edición é manifestamente mellorábel (malia levar o carimbo de 'The Masterpiece Science Edition"), mais o contido, non (anque postos a poñer pexas, ás veces o desenrolo gañaría cunha maior claridade e exposición dos conceptos básicos).

É unha lectura que obriga a volver atrás, a repasar, a explicarse o que se leu a un mesmo en voz alta (unhs hábitos que teño de tempo atrás e que levaron a miña dona a pensar unha vez que tiña un amigo imaxinario...). O último capítulo que lín, The Art of Becoming, explica a maneira que toparon os matemáticos do século XIX de 'domear' e incorporar de xeito riguroso os números irracionais ao eido da artimética, grazas sobretodo ás 'series infinitas' de números que converxen, na súa suma, cara un número. Ao longo da lectura fun facendo unhas notas-resumo que adxunto eiquí por se a algún lle pica o vezo por lelas, ou máis ben para poder repasalas eu nun futuro distante cando volte a ollada ao que lía nos comezos do outono (climática, que non estacionalmente) do 17...


Sem comentários: