terça-feira, julho 12, 2005

A Nave dos Tolos

Outro título para esta entrada podería ser 'Elexia polo Colectivo Sacou'.
Unha das imaxes recurrentes do arte e da literatura medievais era a da 'Nave dos Tolos', presente sobre todo nas sátiras relixiosas. Xa entrados no Renacemento (máis serodio nas terras xermanas) temos un texto de 1494, obra do teólogo Sebastian Brant. Máis interesante, hai moitos gravados sobre o tema (un de Durero) e un cadro famoso do meu pintor favorito, Hieronymus Bosch.





O caso é que esta imaxe sempre me pareceu unha alegoría ideal do colectivo literario no que levo xa 7 anos de andaina. No verán de 1998 nacía en Noia unha asociación de rapaces novos co obxetivo de defender á cultura galega, promocionar aos escritores novos e dinamizar a (por aquelas datas) esmorecente vida cultural da comarca. O Colectivo non tardou en escoller un nome ('Sacou') e en sacar unha revista (daquela consistía nun DinA3 doblado pola metade), 'A Caramuxa', que despois iría medrando (4 ou 5 DinA3s; máis tarde, a editorial Toxosoutos pasou a facerse cargo da tiraxe e da maquetación). Uniuse máis xente ao grupo, e tamén chegaron os recitais (varios en Noia, Santiago, Boiro, Ourense, Vigo, Muros, Cacheiras, Allariz, Porto do Son...) e as Xornadas de Defensa da Cultura Galega, celebradas tódolos anos en Noia; por esas xornadas (e noutros actos) desfilaron varias figuras das nosas letras: Ferrín, Chus Pato, Álvarez Cáccamo, Casares, Anxo Angueira, Xavier Navaza, Chao Rego, Camilo Nogueira, Yolanda Castaño, Emma Couceiro (sí, tamén poesía dos 90), Ana Romaní e un longo etcétera. En colaboración con outras persoas tamén participamos no 'Concerto Expansivo' contra a Marea Negra, nun recital da Fundación Enclave homenaxeando a Avilés de Taramancos (figura da que tentamos ser promotores e para a cal solicitaramos o Día das Letras Galegas con varios actos e campañas), dúas exposicións de Arte Independente Galega, ... É que sete anos dan para moitas cousas.
Anque deteste os símiles orgánico-naturais (alla Spengler), o caso é que o Colectivo está vello. Varias foron as persoas que se foron; outras, arrastradas pola escuma dos días, só poden facer presencia de cando en vez nas reunións semanais que celebramos os venres pola noite. Fai moito tempo que os escasos que quedamos perdemos o pulo de organizar actos, alén de esporádicas presentacións de libros e recitais. A revista, por causas alleas a nós, leva case un ano atascada no prelo...
Sempre fomos, aliás, unha panda de nostálxicos. Mais nos días do Agora, no outono e crepúsculo de tantos anos de traballo, loita e amizade (e esta última estou seguro que perdurará, xunto coa creación individual, por mil primaveras máis), quixera resucitar dende esta bitácora os feitos, as lembranzas, as anécdotas dun periodo que remata e que, para todos nós, representou algo moi especial. En sucesivas entradas sairán á luz estampas e siluetas dunha outra bitácora -nós tamén navegar-, e das visicitudes dunha 'Nave de Tolos' que sorteou escollos e tormentas na súa feliz, lunática e surrealista singradura. Pois
É hora, capitán, collamos rumbo / de cara o tempo que ficou no olvido, / ese espello de brétemas que ás veces / se ilumina no fondo da memória / e fai brillar en lampos unha tarde / que nunca volverá. Pero está viva.

11 comentários:

Sir Gawain disse...

Bebamos da doce copa da nostalxia mentres podemos, meu querido seneschal! A túa elexía cautivoume porque me lembrou que non podemos establecer prediccións arredor da mecánica dos afectos (la natura si perderebbe, que dicía Leonardo). Sen embargo algo permanece, a pesares das dificultades, o lixo e a alienación. Se falamos de vínculos intelectuais, falamos case de amor, ¿non?

Por tanto inclúo como traballos de amor inútiles para visitantes despistados e orientalistas da strapazzo (traducción ó francés que prefiro non tocar para que non diste aínda máis do orixinal: mi dispiace) e como homenaxe ó meu admirado seeneschal tres versos - elemento mínimo - dun canto amoroso do Exipto faraónico:

"Ah! que je sois seule avec toi
Que tu entendes à son émoi
Mon oiseau tout baigné de myrrhe!"

e un poema de Ceilán inspirado polas pinturas de Sigiri:

"Qui n'est tout heureux quand il [voit,
Paume rose, épaule arrondie,
Colliers dorés, lèvres cuivrées,
Et ces longs, si longs yeux.
Qui vous voit, son coeur saigne,
Le sang lui bout, il en crie."

Boa noite para todos os culturalistas.

P.S.: ¿Alguén sabe cal é a dirección do blog de Alicia para visitalo?, ¿funciona aínda?

seneschalkay disse...

Estimado cabaleiro:
parece que chegou a hora das elexías. E se en 'Sacou' estamos de tal maneira apalancados, non hai que esquencer que os poetas marchades por un ano a terra estrana.

As frores do meu amigo
briosas van no navío
E van-s[e] as frores
d´aqui ben con meus amores!
Idas son as frores
d´aqui ben con meus amores!

Se eliminamos o homoerotismo do 'Simposio', teríamos un bo exemplo de relación amorosa-intelectual entre homes. O afín chama ao afín.
Grazas polos poemas.
Canto ao blog de Alicia, díxome que tivera varios, pero ningún en funcionamento.
Por último (non podía ser doutro xeito en mín), cólovos un soneto shakesperiano sobre a amizade:

Sonnet 50
How heavy do I journey on the way,
When what I seek, my weary travel's end,
Doth teach that ease and that repose to say
'Thus far the miles are measured from thy friend!'
The beast that bears me, tired with my woe,
Plods dully on, to bear that weight in me,
As if by some instinct the wretch did know
His rider loved not speed, being made from thee:
The bloody spur cannot provoke him on
That sometimes anger thrusts into his hide;
Which heavily he answers with a groan,
More sharp to me than spurring to his side;
For that same groan doth put this in my mind;
My grief lies onward and my joy behind

S O S disse...

Som homem de mala fé; amigo Seneschal; terco também como voçé muito me lembra; etc... Sejamos pois nós os que afundamos com o barco; salvemos a vida a nado ou... se se tercia, incluso mergulhemo-nos com ele. Nós que escomeçamos, nom já a sua andaina, senom a sua construçom. Umha morte assim é umha morte doce. Lembrai que som as "ratas" as primeiras em abandoar em quanto nom se lhe pode sacar partido. Eu aponto-me ao martirio; tal o companheiro Sendón ("eu resisto") Eu também.

Anônimo disse...

Son días de nostalxia. Onte pola noite mesmo, unha hora despois de ler a túa Caramuxa virtual-real, o demo-anxo da nostalxia aterrou no meu ser. Foi entón cando comecei a recordar os vellos tempos do IRC, afortunada, necesaria e dolorosamente xa pasados. Escribín un artigo dunhas sete follas na libreta catódica repasando todos os feitos acontecidos a partir do IRC. Con esta redacción quixen dar por fechada esa etapa da miña vida definitivamente e comezar unha nova.

Son tempos novos para todos. Para min e para A Caramuxa, aínda que eu non pertencera ao grupo Sacou, lía as revistas e sentíavos próximos (sentimental e fisicamente, pois son de Viceso).

Este golpe de temón non ten por que ser negativo. Novos aires, nova vida. Pode ser o comezo dunha época dourada. Tempo ao tempo. Aínda hai moito que dicir.

Moncho Pais
http://www.cousas.tk

Anônimo disse...

Breve sit quod turpiter audes, quaedam cum prima resecentur crimina barba.

seneschalkay disse...

Algún aficionado a Xuvenal (Sátira VIII) deixou pegada nesta casa. E pregúntome eu quén serán os rapaces aos que se lles permite licencia pola súa xuventude...
xD

Anônimo disse...

Fetén, seneschal. Gañache o canciño piloto.

Anônimo disse...

Por certo, porque non facedes unha escolma de poemas, por ver se merece a pena mercar os vosos libros. Eu agradeceriao.

Un saúdo, e creo que está moi ben esto de lle botar leña á desaborida lareira da nosa ilustre morada poética.

Sir Gawain disse...

Meu querido seneschal,

tería preferido un dos sonetos da dama portuguesa ou algo de Donne, pero non podiamos coincidir en todo. Saúdo a quen incluíra a Xuvenal no xardín (other echoes, que dicía outro poeta).

Non sexamos derrotistas, disfrutemos das fadas que nos queden para a noite de verán.

RIMEMBRI ANCORA...?

seneschalkay disse...

Que me prace, estimado usuario anónimo.
Unha das varias pretensións desta bitácora está en cumprir co obxetivo ao que te refires, en vista das dificultades de publicación que atopan certas propostas poéticas.
Doutra banda, na ligazón 'Revista das Letras' tes unha escolma minimérrima que, xunto cos versos aquí publicados, pode estar ben para comezar.
Certamente, como dí o Moncho, hai que ter unha atitude aberta cara os cambios na Roda da Fortuna. Anque poida compartir os heroísmo de traxedia de atuarisa, ¿quen sabe o que nos depara o futuro? Dos restos da vella barca quizaves xurda a nao de novos descubrimentos 'por mares denantes nunca navegados'.
Un saúdo.

Peragit interim tempestas mandata fatorum, omnesque reliquias navis expugnat. Non arbor erat relicta, non gubernacula, non funis aut remus, sed quasi rudis atque infecta materies ibat cum fluctibus.

morgana disse...

Moncho, q riquiño verte por akí, mira q es ti persoa sentida! sei q estiveches no encontro de Cacabelos, alegroume ben a nova. Desque non vivo con Chamadoira non te mirei nadiña, mágoa. Moita ledicia para ti na nova singradura q comezas.
Dos caramuxos non me despido (nunca) por moito q rematen con sacou e comecen co q queiran ;)

bks