segunda-feira, fevereiro 13, 2006

Días de Ocio no País de Yann

Para aqueles de vos que sexades aficionados ao 'Mitos de Cthulhu' (e máis aínda se líchedes o volume antolóxico que baixo o mesmo título publicou Alianza Editorial), Lord Dunsany e o seu mundo onírico e de fantasía resultaránvos espectros familiares. No relato que presta o título a esta entrada navegamos co autor río abaixo entre espléndidas vistas, cidades fermosas e desacougantes, postas de sol sobre lonxanas cúpulas de marbre rosado; no tapiz desnovelado de imaxes e densa prosa barroca, tramas e personaxes carecen de toda importancia. Só queda disfrutar da viaxe e do ambiente.

'And now as the sun's last rays were nearly level, we saw the sight that I had come to see, for from two mountains that stood on either shore two cliffs of pink marble came out into the river, all glowing in the light of the low sun, and they were quite smooth and of mountainous altitude, and they nearly met, and Yann went tumbling between them and found the sea'

Mais non quería falarvos hoxe de viaxes imaxinarias, badaladas na distancia, durmintes que só espertarán cando os deuses morran; tampouco da traducción perralleira que teño da 'Filla do Rei do País dos Elfos'. Tomo emprestado os días de ocio do irlandés para lembrar os da semana pasada, coa estadía por terras compostelás do meu amigo David e da súa encantadora moza polaca, Ewa Chmielewska.
Foron días de opíparas paparotas (David é home de abondoso xantar), paseos pola cidade pétrea, visita ao Pórtico da Gloria, concerto no Auditorio e longuísimas conversas sobre todo. Polonia é un país curioso, e a vida aventureira do pai de Ewa daría para unha novela de aventuras: ateo e comunista raiboso nun país ultracatólico, na súa mocidade director de orquesta, profesor na Universidade, mariñeiro e organista.
Ao tempo, o meu lado rancio disfruta escoitando que baixo o socialismo non se vivía tan mal, e sorpréndese porque a carreira de Mediciña (como en Cuba) non dá acceso a un estatus privilexiado, como aquí, o que a converte nalgo vocacional.
Dentro dun mes continúa a viaxe, anque desta volta o escenario será Bologna e o norde de Italia. Xa me tardan os mosaicos de Ravenna, os canais venecianos, as boas xeladerías...
E o máis importante de todo, claro: a compaña dos amigos ausentes.
De todo o cal sacarei, supoño, algunhas liñas que escribir aquí para que, coma no texto dunsaninián, todos os que queirades poidades viaxar comigo. Ben sabedes que estades convidados...

7 comentários:

FraVernero disse...

Dubido moito que a familia Chmielewska se pase por esta bitácora mais, se é o caso, aquí lles deixo un pequeno agasallo na súa língua: o lamento 14 dun dos meus poetas favoritos, Jan Kochanowski:

Gdzie te wrota nieszczęsne, którymi przed laty

Puszczał się w ziemię Orfeus szukając swej straty?

Żebych ja też tąż ścieżką swej namilszej córy

Poszedł szukać i on bród mógł przebyć, przez który

Srogi jakiś przewoźnik wozi blade cienie

I w lasy niewesołe cyprysowe żenie.

A ty mię nie zostawaj, wdzięczna lutni moja,

Ale ze mną pospołu pódź aż do pokoja

Surowego Plutona! Owa go to łzami,

To tymi żałosnymi zmiękczywa pieśniami,

Że mi moję namilszą dziewkę jeszcze wróci,

A ten nieuśmierzony we mnie żal ukróci.

Zginąć ci mu nie może, tuć się wszytkim zostać,

Niech się tylko niedoszłej jagodzie da dostać.

Gdzie by też tak kamienne ten bóg serce nosił,

Żeby tam smutny człowiek już nic nie uprosił!

Cóż temu rzec? Więc tamże już za jedną drogą

Zostać, a z duszą za raz zewlec troskę srogą.

Para aqueles que non sabemos polaco hai afortunadamente traduccións ao inglés. E desa língua verquerei ao galego mañá ou pasado estes versos para patrimonio de todos. Namentras, podedes entretervos no seguinte enderezo cos Treny completos, imaxe do autor e un autógrafo:

http://monika.univ.gda.pl/~literat/kochan/

Anónimo disse...

Con emociòn leo este post, e con desexo agardo a tùa chegada. Seràs benvido... que sexa pronto!

Anónimo disse...

Sempre, meu querido Manolo,

... a quen comigo vai...

... esperemos que algun dia che dea por contestar os correos...

non?

N.



P.S.: Por certo, xa me dixeron que antes de que cantou o galo tres veces despois de que saiu o meu avion con destino o aeroporto Guglielmo Marconi xa me tinhas negado catrocentas veces. Recorda sempre, Pedro, que o souben antes de que ti mesmo o souberas e que che amei a pesares diso...

FraVernero disse...

Serás cabrito... xD
Eiche respostar a algún dos correos hoxe, anque xa usamos informalmente esta mesma bitácora como respostadora...
Canto ao de negarche, es un manipulador malevo. En non renego de nada: outra cousa é que conte con certas tendencias que estimas rancias (tanto á esquerda como á dereita, terry e bloom) e que mires para outro lado cando estás comigo. Non te deixes pervertir polas calumnias de PanzaSouto, o Da Grande Barriga.
Mañá celebramos a Lupercalia. Poderás perseguirme metafóricamente cun vergallo, para o castigo das miñas carnes.
Hoxe, pola contra, sendo hoxe o Singles Awareness Day (o sr. Patiño preferirá supoño 'A Noite dos Setes' (Qi Xi, 七夕)e como non temos rapazas ás que mandarlle cousiñas, recibe o lirio durminte do meu amor apaixoado.
xD

eue disse...

Que ghana de ir a Italia! Este vran estiven a pique, a ver se para o que vén, con Ryan Air.
Así que Manolo! Hehehe. A espía nunca dorme.

Anónimo disse...

Carallo, Fravernero, estás de coña. Estou seguro de que se mareaberta puxese o post en polaco sería acribillado, pero como o pos(t) ti, todo son chupadas de pirola e flores de lis.

Ramón

Laurindinha disse...

Está moi ben iso de Medicina... Repatéame o respecto que lle ten aquí a xente ós médicos...