quinta-feira, fevereiro 23, 2006

Maras da Noite

Como ben sabedes, os ingleses teñen unha palabra peculiar para denominar aos pesadelos: nightmares.
Na definición orixinal do termo, tal como aparece no famoso diccionario do Doutor Johnson, apúntase a unha das claves para entender estes soños malignos, que incluirían "unha opresión mórbida na noite, semellante á opresión dun peso sobor do peito".
Os pesadelos considerábanse antano obra de diaños, que sentaban sobre os peitos dos durmintes. En inglés antigo, o ser en cuestión era o mare or mære (do proto-xermánico *marōn, relacionado co Antigo Alto Alemán e Antigo Escandinavo mara); a traducción literal sería, xa que logo, algo así como 'maras da noite'. Unha representación gráfica tédela no famoso cadro de Henry Fuseli: 'The Nightmare'.



Alén de persoas, os maras tamén podían 'montar' cabalos (deixándoos suorosos e cansos pola mañá) ou incluso árbores, ligando as polas entre sí (aínda hoxe os pequenos e retortos piñeiros que medran nas rochas da costa reciben en Suecia o nome de martallar -piñeiros dos maras).
Por iso, non vos esquenzades esta noite de atrancar ben as portas e tapar os buracos das pechaduras.
Felices soños.

10 comentários:

Anónimo disse...

Sempre dixen que entre ti e mais o doutor Johnson habia notables concomitancias: espiritos amables e enciclopédicos hainos, ainda.

N.

FraVernero disse...

AAAAAAA... Meu Moi Querido... xa me tardabas en aparecer.
Hoxe tiven un deses días preguizosos; chantado ao computador, xogando ao 'Lords of the Realm II' (tes que construír un castelo, alimentar aos servos e conquistar outros territorios feudais), devorando 'O queixo e os vermes' de Ginzburg e o queixo con marmelo da nevera...
Tamén topei tempo de adecentar un pouco a bitácora, como poderías comprobar. Aumentaron as ligazóns, agora ordeadas con poéticos nomes. 'As Ardentes Naves' ficha blogs galegos. 'Glossolalia', cousas interesantes en idiomas internacionais (algunhas, coma os hipertextos de Pound e Eliot hancher de prestar). E Caligrafías de Lume, páxinas web de cultura galega.
Tamén estiven buscando a túa presenza noutras bitácoras, e algo -pouca cousa- atopei. Quizaves che interese mirar. Un é te vermello (http://tevermello.blogspot.com), que lamentábelmente deixou de escribir en xuño do ano pasado. Mira as entradas do 2 e do 3 de xuño, nas que se falaba eloxiosamente de ti.
A outra xa non está en rede, pero a través de blogger pódese alviscar un anaco. O blog era o 'As de Cricas', e isto é o único que fica:

Outro galo máis no galiñeiro 3 Aug 2005 by Emilio Alcázar

Unha ollada rápida en Follas Novas fai uns meses a "Mecánicas celestes" de Noel
Blanco deixoume a sensación dunha poesía intelectualista, citas e citas e máis
citas por todas partes, en tódolos idiomas, de autores recoñecidos, ...
O as de cricas - http://asdecricas.blogspot.com

Seguramente, seguiría nun ton (de catón) censorino, lonxe do ditirambo anterior. De todo hai na Viña do Señor...
Cóidate. Xa me tarda verche.

M.

torredebabel disse...

canto máis interesante é esta história que contas de todo o escrito por Freud sobre os soños... Mágoa que a miña psicóloga non visite este blog!! Apertas!

torredebabel disse...

un PD: amo ese libro "O queixo e os vermes" e non son a única (claro que non!!) xa que descubrin fai poucos días que a miña amiga Vanessa -a quen coñezo fai anos e anos- tamén gústalle moito e, máis ainda, regálao sempre que pode. Xa ves... máis fíos invisibles entre a tua história e a miña.

FraVernero disse...

Mira ti, sorprendes a un. Nas cidades polas que paso non é normal que as rapacitas se entusiasmen co libro de Ginzburg, e sería algo do que gustaría...
xD
Vaste rir, pero con respeito a Freud, o crítico Harold Bloom estableceu (véxase 'O canon Occidental' ou 'Xenios') que ao seu ver perdurará máis que nada como escritor (e incluíao no seu canon, claro). A súa lectura faise algo ardua ás veces, anque as historias sempre teñen moita miga -lembro sobre todo a do home-lobo...
Cando estiven en Londres visitei a súa casa, co famoso diván e estatuas antigas ciscadas por todas partes. Estaba nun sitio tranquilo de Londres (case parecía unha cidade á marxe), en Hampstead...
¡Cantos fíos tecemos, Arachné!

Anónimo disse...

Dou unha volta polos jornais do pais: Luisa Castro non escribe en galego porque non ten tempo (me da la risa), o Pen-Clube premia a Isabel Allende (no sigas por ahi)...

En fin, como diria Diego Abatantuono no seu ultimo filme: ecceziunale veramente.

Polo demais direi que xa aprecei onte as melloras do blog e que o link para regresar desde a corte de camelot é encantador, coma es ti sempre. O de tevermello traeme sospeitas agradables: se algunha vez chegase a ler isto informo o presumible suxeit@ de que reproduce un erro procedente de Galicia Hoxe, en concreto da xornalista que me fixo e que redactou a nota informativa da presentacion de "Mecanicas celestes" na Sargadelos de Compostela. Cambiaban a Arturo Casas por Arturo Cuadrado. Ademais diso nada...

Carlo Ginzburg ten libros cunha pinta interesantisima. Non tenho lido ningun, lamentablemente. Ainda que si conhezo algun dos artigos que vai publicando na revista ou nos volumes de Quodlibet...

Quodlibet é unha das iniciativas editoriais mais interesantes de Italia. Posmodernillos, estetas, amantes das vangardas, marxistoides e heterodoxos (un pouco como esta paxina, como o seu mantenedor, como tio pepe que non se lle ve o pelo ou coma min), tenhen publicado a Kafka, a divina Ingeborg (Bachmann), a Nancy, a Agamben... Disfruto moito con todo o que me achego deles...

deixovos o link...

http://www.quodlibet.it/

Seguindo con Ginzburg hai xa tempo que me quero mercar "Il formaggio e i vermi", pero a edicion Einaudi vale 18 eurazos (suponho que sera un deses libros de ambito académico e restrinxido). Vale tanto conseguilo no pais? (Spero di non.)

... os catons uticenses adoitaos salvar a integridade ainda que para iso tenhen que estar de gardians do Purgatorio ata a fin dos tempos. Ainda que non son Catons todos os que o parecen.

Vexo, Manolo, que os antigos vicios non che abandoan e iso esta ben. Non so de Terry Pratchet vive o home...

N.

torredebabel disse...

ah Fravernero!
"Mira ti, sorprendes a un. Nas cidades polas que paso non é normal que as rapacitas se entusiasmen co libro de Ginzburg, e sería algo do que gustaría..."
Iso ten una explicación: fai cerca de 15 anos que xa non son unha rapacita!!!! Apertas!

Laurindinha disse...

Un texto moi bonito e interesante... Por certo, ese cadro utilizámolo nós para un post e xa parece como se me pertencese... Como é o ser humano de posesivo... ;)

Lúa Neghra disse...

Que etimoloxía tan interesante... En relación con algún poema que teño que non sabía se titular "A midsommer night dream" ou "A midsommer nightmare" necesitaba algunha información sobre a Banshee... Pódeme ilustrar?

FraVernero disse...

Aprezada Lúa Negra:
non me trates tan formal, muller, que poucos anos terei máis ca ti (alén, agora resulta que nos coñecemos dalgún xeito escuro e labiríntico, ¿non?).
¿Que é o que querías saber exactamente das banshees? Así a bote pronto, creo lembrar que son un tipo específico de fada céltica cuxa especificidade é a de anunciar a morte dunha persoa. Nas versións primitivas, só cantaban para os mortos dalgunhas das 5 grandes familias irlandesas. Nas versións posteriores en inglés, o que fai é emitir un berro agudo ou chorar e pre-anunciando a morte (moitas veces, tamén coa súa aparición física).
Un saúdo!