terça-feira, fevereiro 14, 2006

Onde Vai a Nosa Flor de Lis?

Xa levaba uns días de media ausencia. Mais de súpeto, os Fíos de Harmonía deixaron de tecerse. ¿Qué ou quén arrincou á miña blogueira favorita e mimada, e atormenta entre dedos crueis as pétalas desfolladas da Fleur de Lys?

Then pluck a reed
And bid me sing to thee,
For I would feed
Thine ears with melody,
Who art more fair
Than fairest fleur-de-lys,
More sweet and rare
Than sweetest ambergris.

Ou quizaves ela mesma foi arrastrada pola Espiral na que tanto lle gustaba contemplarse. Transmuta en Medea 'a experta en velenos', sacrifica para o noso estupor as súas verbas fillas e ascende en carro dourado tirado por dragóns de volta a unha outra Colchis.
Mais o Lume do Manto Envelenado arde xa nos Creóns e Glauces, derrete as nosas carnes como cera. Teremos que saír na túa procura, erguendo -se fai falla- todas e cada unha das laxes de Compostela.
É despois de todo, tes unha copa pendente comigo -probáblemente especiada cunha conversa na que se inclúan versos da Rosseti que che citan e unha longa discusión sobre as orixes da flor de lis (malia os especialistas en heráldica, que defenden a flor de loto, as alabardas ou o lirio, aposto sobre seguro pola Sprekelia formosissima).



Habémonos ver (agardo) fóra das ondas virtuais.

9 comentários:

eue disse...

Súmemo ao pedimento de que volva! Eu tamén a estraño.

Anónimo disse...

Sen embargo son tristes dìas grises... sinks the sad autumn day.

Anónimo disse...

Todo espazo de dialogo perdido é sempre unha perda lamentable e por iso sumome o lamento por Flor de Lis.

FraVernero disse...

Ams...
Brion, es un desastre... xD
A ver se non se perde a copia, entón. Non lembro de onde o sacáramos, nen quen ten o video, anque no peor dos casos, quizaves se podería voltar a recuperar.
Confiemos na sorte...
xD

Anónimo disse...

Non deberias ter un link so para ir a corte de camelot, senon que deberas ter outro para volver desde ali sen ter que teclear de novo a paxina.

Sarebbe più comodo...

N.



P.S.: Alégrome de que os exames fagan que te deas a navegacion internautica. Ogalla sempre fora época de exames e puideramos asi recibir correos de cando en vez.

Anónimo disse...

(Does the road wind uphill all the way?
Yes, to the very end.
Will the day's journey take the whole long day?
From morn to night, my friend.)

a vida das flores é breve...
(conseguirei ser flor de loto?)
un bico.

FraVernero disse...

Tanto tempo ausente, e abrollan os comentarios...
Gawain, es un preguiceiro enorme ou un torpísimo coa informática. Se miras a parte superior esquerda da pantalla verás unha frecha verde que pon 'atrás'. Sorprenderíaste do que pasa se lle picas varias veces... xD
Diaña, facía tempo que non che vía por acó. Será que estamos en inverno, e o pedrazo que está a caer cristalizaría o xofre... Deixas unha nota enigmática, estilo Casandra...
Last, not list, o anónimo perfume da Flor de Lis voltou a deleitar a miña casa. Agardo con impaciencia o novo florecer -Outra Primavera, que tamén é un poema estupendo de Helena de Carlos. Como acumulas moito karma positivo, será no que ti queiras, moza -flor de loto incluída.
Coidado cos lotófagos...
xD

P.S.:(hai un poema moi famoso, e chisco longo de Tennyson sobre o tema. Se lle queredes botar un ollo, mirade eiquí: http://en.wikisource.org/wiki/The_Lotos-Eaters)

Laurindinha disse...

Flor de Lis, apiádate de Fra Vernero e volve ó mundo blogueiro...

Anónimo disse...

A opcion de atras non sempre funciona, meu querido e cretino Monostratos, as veces che leva a sitios do tipo la pagina que busca se fue al carallo e cousas polo estilo.

O poema de Tennyson é famoso e bellino... Tennyson é un poeta que merece salvarse ainda que o lese a raina Vicky e a ti che foda por iso mesmo.

N.