quinta-feira, março 16, 2006

Antoninus Heliogabalus

'...Gustáballe sobremaneira facer bromas aos seus escravos, obrigándoos incluso a que lle trouxeran mil libras de teas de araña, e ofrecéndoas como recompensa; e conseguiu reunir ata dez mil libras, e entón sentenciou que calquera se daría conta por isto de qué grande cidade era Roma. Tamén lle gustaba enviar aos seus parásitos xerros con rás, alacráns, cobras e outros reptís, como se lles mandase a ración anual de provisións, e pechaba unha enorme cantidade de moscas en xerros deste tipo, chamándolles 'abellas domeadas'.
Con frecuencia introducía as cuádrigas do Circo nos pórticos e salas do banquete mentres xantaba ou ceaba, incitando aos seus convidados a conducilas, malia que moitos eran homes maiores e algúns rexentaran cargos públicos. Incluso cando chegou a Emperador, daba ordes para que lle presentasen dez mil ratos, mil denociñas, ou mil musarañas. Tan habilidosos eran os seus pasteleiros e leiteiros que tódolos tipos de comidas que servían os demais cociñeiros (xa fosen de carne ou de froita) as replicaban, facéndoas desta volta con productos lácteos ou de confitería.
Aos seus parásitos servíalles ceas feitas de vidro, e ás veces enviaba ás súas mesas só panos tecidos con debuxos das viandas que tiña diante súa, tan abondosas en números como pratos el ía comer, de tal xeito que aos lambóns só se lle servían estas representacións feitas con agulla e dedal. Noutras ocasións, en cambio, tamén se lles servían pinturas , de tal modo que anque lles presentaran toda a cea, estaban atormentados coa fame. Tamén lle gustaba misturar xoias con mazás e flores, e arrebolábaa polas xanelas tanta comida como a que lle servía aos seus amigos'.

12 comentários:

musgallo disse...

Que é isto Fra? Unha crónica romana? Para que pós isto? Queres abrirnos o apetite a esta hora do día? ou quitarnos a fame? Bueno, vós vos entendedes. Xa saberi de que queres que vai o conto conforme vaian entrando os comentarios.
Non se pode facer moito caso das crónicas clásicas (das de agora menos aínda); era o único modo que tiñan de novelar.

FraVernero disse...

É un fragmento da Historia Augusta, coñecida pola súa falta de rigor e carácter anecdótico-novelesco (influxo subliminal, quizaves, das fábulas milesias). Como son un marujo, encántame este tipo de rumoroloxía...
Doutra banda, aínda ando a retorcer a cabeza sobre cómo carallo se chama a 'musaraña' (inglés shrew) en galego. É un mamífero minúsculo, familia soricidae. Parecen toupas pequenas...

SurOeste disse...

Chámase furón, asegúrocho. Non confundas co "hurón" castelán. O bicho que ti dis é unha especie de ratiño moi moi pequeno co bico moi afiado. Polo menos aquí chamábamoslles así. Tiñamos unha familia que vivía debaixo da soleira da porta do curral e de cando en vez os gatos cazaban un. A miña bisavoa dicía: non son ratos, son furós.
Agora xa estou lista para que me fusilen, pero ser é así.

musgallo disse...

Sinto dicirche, querido Fraver, que de toupa non teño nada. O musgallo distínguese da toupa, entre outras moitas cousas, en que os seus ollos son grandes e negros e non está cego. Pode que non teña o sentido do olfato tan desenvolvido coma o da toupa pero non anda roendo as raíces de ninguén. A toupa cando sae á luz normalmente danlle un legoñazo; é o inconveniente de recorrer sen pausa os escuros subterráneos. Ah! Prefiro definir o musgallo coma miúdo máis ca coma minúsculo. Ti, coma o teu colega capitán maré, sempre tan afín ás sutilidades.

tío Pepin disse...

...e paseaba polos Balkáns un falo de dez toneladas arrastrado por trescentos touros ós que azuzaban xaurías de hienas.

E así chegamos a Artaud, sen solución.

Artaud e o corpo. Artaud e a loucura. Artaud e a desesperación.

O rostro de Artaud caracterizado de Marat lembra (a min polo menos) o doutro suicidado da sociedade: Pasolini.

E así, concatenando...

torredebabel disse...

cantan nestas terras:
"Si la historia la escriben los que ganan,
eso quiere decir que hay otra historia,
la verdadera historia,
quien quiera oir, que oiga".
Apertas!

musgallo disse...

Fraver...hoxe vas estar onde tódolos venres? sabes se vai Ramón? Creo que vou baixar para alá. Bueno, a ver se te chamo pola tarde e sabes algo.

FraVernero disse...

Moi interesantes as vosas opinións, caros... Dende a danza artaudiana -non o único escritor francés apaixonado con decadentes emperadores romanos-, ás aclaracións sobre o furón/musgallo ás historias que son pero que non son...
Si, musgalla, estou na Serra de Outes xa, e (anque aínda non sei nada), supoño que o Ramao ha de pasarse.
Non te tomes o de minúsculo como algo persoal, muller. Búscalle as ventaxas. Así é máis doado agharrarche e (a)traerche cara mín...
xD

Sir Gawain disse...

Por alusions:

Artaud e Pasolini... cuidado, tio Pepin, coas teleoloxias e o malditismo. Xa che escoito: ma così è divertente...!

Polo demais intuo certa interese pola confusion voluntaria. Escapanse, conste, certos vectores de dominacion a ambos. (Neste punto a taxonomia, o consumo indistinto das fabulas milesias e da ciencia, pode iluminarnos. Como sempre Zacharias, das Angelus Novus heißt, olla cara un lugar de inclusividade pero co pezzugno metido na lexitimacion: taxonomia institucional clasificadora do producto texto: A ist N e via dicendo.)

Sinaleino, tio Pepin, no texto do Anschluss que quizais tes entre mans... quizais o tes lido e me mandas un mensaxe de amor camuflado como os que lle mandaba Hannah Arendt a Heidegger polo medio na sua tese de doutoramento (dirixida por outro seu amante: Karl Jaspers).

A xente non leu a Gramsci en Galicia (e se o leron non se enteraron moi ben de que iba) e cada vez que alguén bota a lingua a pacer dicindo que esta moi en sintonia coa idea gramsciana do intelectual eu suspiro... Boh! (Que Gramsci, preguntome? O dos quaderni, o das lettere... o da edicion de Togliatti, o da edicion dos setenta...)

Querido tio Pepin envio recordos e memorias... temo non ter empregado no outro blog que no correo mencionaches a vehemencia que merecias... espero non decepcionarte, quizais ainda estou medio durmido hoxe que acabo de sair dos Triumphi...

Un amigo de Treviso dime que Gramsci foi un profeta... triunfante nas ideas, nunca demasiado lido (demasiado intelixente), vencido na praxe finalmente... (e van/imos...)

Querido Fra, non hai distincion entre a novela e as fabulas milesias como non se lle escapaba a Cervantes (desexo), como non se lle escapa a Franco Moretti... bicos infinitos e a ver se dis cando ves... non mais ou menos e non numero de dias: DATAS.

Hoxe correo para ti.

N.

javier patino loira disse...

O texto è realmente impresionante

FraVernero disse...

Ah, os meus electroduendes bologneses...
xD
íades disfrutar como 'gorrinos nun maizal' estes días de estardes comigo. Onte era a segunda sesión dun congreso de inglesa sobre 'The Order of Ghosts', e incluiu unha tochísima conferencia derridiana na que nadie parecería enterarse de nada... xD
Alén, acabanme de baixar os videos da 'bola de cristal', e teño diante a un Battiato cantando -11 de abril do 87- 'Nómadas'.
Cosas veredes, Sancho...

Laurindinha disse...

Encantoume o das teas de araña... Que poético... ;)