sexta-feira, abril 07, 2006

Intertextualidade

Agora sabemos que un texto non é unha serie de palabras que liberen un significado único, teolóxico (a 'mensaxe do Autor-Deus'), senón un espazo multidimensional no que unha variedade de escritos, ningún deles orixinal, mestura e choca. O texto é un tecido de citacións arrincadas de innumerables centros de cultura ... o escritor pode tan só imitar un xesto que sempre é anterior, nunca orixinal. O seu único poder é o de mesturar escrituras, confrontar unhas con outras, de tal xeito que nunca descanse plenamente en ningún en concreto. Se o que quixese fose expresar o seu ser, debería alomenos saber que a 'cousa interior' que desexa transmitir é simplesmentes un diccionario previamente elaborado, as súas palabras só explicables a partir doutras palabras, e así indefinidademente.

(Roland Barthes, Image-Music-Text)

11 comentários:

tío Pepin disse...

Pois si, Barthes dixo eso e moitas cousas máis.
No fondo un simple (?) palimpsesto.

Creo que se podería completar/complementar con outra reflexión aparentemente distinta/distante, neste caso de Jàbes (que me desculpe Sir G., xa sei que me fago pesado): "En cada libro leído hay un libro por leer que nadie leerá".

É posible que dese xeito non fixera falla dicir nada máis (wittgensteinianos máis ou menos) ou, en todo caso, Bellmer e Die Puppe como ¿metáfora?.

Sorry, Vernero, son as datas tortuosas nas que entramos (espero).

SurOeste disse...

Estimados intelectuais de Trasalba Park:

Prométovos que moitas veces quero deixar un comentario e non podo, dado o grao de espesor dominante. Jàbes, Bellmer e Die Puppe, manda carallo!

Laurindinha disse...

Non concordo con Barthes... opino que a arte é ilimitada... e que as experiencias van ser sempre novas... ben é certo que unha nova situación pode ser mestura de outras xa vividas... pero coido que sempre haberá algo novo por contar, agardemos...

Sir Gawain disse...

Nova de Roland atropelado a saida do Collège de France...

Italo Calvino fora convidado por Barthes a dar un par de leccions no célebre ciclo de conferencias sobre "Sarrasine" que mais tarde daria lugar o mitico "S/Z" (afirmo teimudamente que como teoria da lectura é un tanto endeble)... Alguns anos despois foi convidado por François Wahl o funeral de Barthes como pertencente o que Wahl chamaba o "cercle amoreux" que o rodeaba... Calvino dixo "riconobbi il cranio calvo di Foucault"...

Barthes reproducese nos outros: Pasolini citao explicitamente nas "Lettere luterane" e en "Salò"...

E' a sombra solitaria do refinamento que viu tempos mellores a do marqués...

A idea reproducese incesantemente nunha determinada estacion da cultura europea, que é a ultima posible antes de dicir o que foi sempre obvio... para saber que nos non somos nos, primeiro hai que chegar a dicir que o limite do que en nos habia era case tan perigoso como o outro...

... son os fragmentos que preceden e reorganizan os fotogramas do filme "Persona" de Ingmar Bergman... os fragmentos de diario de Benjamin que mais ou menos Bloch plaxiou... son as luvas para boxear do modernismo inglés... é a ideoloxia mais avanzada que si mesma que latexa como principio constructor da novela (?) "Larva" de Julian Rios... c'est la mort de l'auteur...

O unico autor citado, se a memoria non me engana ou non se expande na infinidade da sua rede inter/hiper-textual, era Bertolt Brecht...

Amamos a Barthes e a sua estacion (CASE ESCOITO A UNHA POVERETTA QUE INTENTA FACERSE PASAR POR CANTANTE DE OPERA DICIR: somos posestructuralistas) porque esperamos chegar algun dia a saber escribir...

(Os puntos suspensivos queren dicir que se perde antes e despois e que non é mais ca un acto reflexo... deberia poder continuar... continua...)

Suroeste disse...

Outras voces non son as miñas, non aplacan a miña sede, porque bebo da súa fonte e nun intre maravilloso semello saciado, compracido,satisfeito, descansado, pero case ó mesmo tempo volto a estar sedento, famélico, porque sei que, no fondo, "Persoa" só é alimento para o Berman e o Barthes deborábase a el mesmo pero non deixaba nen as migallas para os demais, non por vontade se non por incapacidade para a definición de individuo, cuestión última que sobrepasaría infindamente ó Barthes ou ó Wahl ou ó Calvino.

O único que Wiggenstein nos quería dicir é que so se pode comprender a Wiggenstein sendo Wiggenstein, o demais é consolo de vivas

torredebabel disse...

eu gosto moito da idea da intertextualidade. Gústame imaxinar cada texto coma unha rede chea de fios que a levan a outros libros e dalí a outros libros e así...

eue disse...

Acredito profundamente na intertextualidade, como bo admirador da estética/retórica punk, que consciente dela, convértea en parodia.
Á fin levamos dende a noite dos tempos falando do amor e da morte de distintos xeitos.

Coincido con Suroeste en que este é o blog máis denso que coñezo.
Arremángome antes de ler cada post. ;-)

Javier Patiño Loira disse...

Admiro a labor do rexente deste blog, inmutable ante algúns perpetuos e incansables exterminadores...

De novo, momentáneamente exiliado en terras oceánicas...

FraVernero disse...

Ams... abrúmasme, Javi. O mantedor non se cre merecedor de tanto eloxio. Se non fosedes tan preguiceiros animaríavos a facer desta bitácora un proxecto común, o que daría máis entradas, debate, sorpresas e diversidade...
Lóxico que a unha tecedora de fíos invisibles, como a nosa galaico-arxentina favorita, lle presten as ideas da Intertextualidade...
Mais temo que eue e suroeste levan razón, e onde eufemísticamente poñen 'denso' habería que ler 'peñazo', 'rollo'. 'ladrillo'.... hehehe

Javier Patiño Loira disse...

O de abrúmasme non terá que ver con certa historia que se me atribúe de certa cea non? xDDD

FraVernero disse...

Hehehe... non sexas malpensado o, que dixen ía con boa intención, e sen referencias apócrifas...
xD