quinta-feira, julho 20, 2006

Pericles, Príncipe de Tiro

Ben, sabíades que isto ía a pasar. A ese fanático bardólatra que é Fravernero, modelo do intelectual colonizado, espello de cosmopolitas sen raíces, xa lle tardaba meter unha entrada sobre o Cisne de Avon e as súas obras.
A crítica, baseándose no primeiro Folio das obras de Shakespeare, tende a dividir éstas en tres grupos: as Historias, as Traxedias e as Comedias. Outros prefiren separar da última sección o que chaman os 'Romances Cabaleirescos'. Os Romances serían obras tardías do autor (de 1607 en diante), cercanas aos romances medievais. As súas características máis suliñables: tramas enrevesadas con reencontros familiares e final feliz; elementos máxicos e fantásticos; frecuentes Deus ex machina na forma de deuses gregos; e a mestura de esceas 'pastorais' e de ''civilización".
O Pericles é unha desas obras, e probábelmente, unha das peores (xa comentarei noutra ocasión a miña filia coas obras malas de Shakespeare). A autoría é compartida con George Wilkins, coñecido proxeneta da época e resposábel das primeiras (e sosas) nove esceas do Pericles.
Só contamos cunha versión moi corrupta desta obra (non foi incluída no Folio), un texto pirata probábelmente reconstruído de memoria por algún asistente ao teatro (igual que a versión 'mala' de Hamlet de 1603). No seu día, foi un dos maiores éxitos do seu autor, con varias edicións contemporáneas e unha versión novelada, The Painful Adventures of Pericles que nunha nota proclama seguir a mesma estructura que a obra de teatro.
Malia os seus defectos e unha trama rocambolesca, a obra ten momentos de beleza desacougante. Dende as cabezas cortadas nas portas portas de Antioquía ao poeta medieval John Gower facendo de prologuista á estatua parlante ou o emotivo reencontro de Marina e Pericles na escea 21:

"I am great with woe, and shall deliver weeping.
My dearest wife was like this maid, and such
My daughter might have been. My queen´s square brows,
Her stature to an inch, as wand-like straight,
As silver-voiced, her eyes as jewel-like,
And cased as richly, in pace another Juno,
Who starves the ears she feeds and makes them hungry
The more she gives them speech. -Were do you live?"

Só queda recomendarvos, cando teñades tempo, tecer o fío solto das esceas do Pericles. Pois o mosaico incompleto e fragmentario ten unha estética que na actualidade estamos a reivindicar. E que o disfrutedes tanto coma min.

4 comentários:

Laurindinha disse...

A literatura inglesa paréceme algo apaixoante. Este ano andiven por filoloxía, xa sabes, sobre todo movida por unha materia: "Cultura e sociedade das illas británicas a través da súa literatura e o seu cine no S.XX." De momento só lin unhas tres obras de Shakespeare... apunto todo o que recolles para próximas lecturas. Bicos Fra Vernero!

Por certo, comentáronme uns mestres meus de cinema que existen seminarios do primeiro ano do doutoramento en filoloxía sobre "literatura e cinema", sabes algo disto?
Pasa un fantástico Verán!!!

Anónimo disse...

Manolo son eu alexandre dadas a ver se pasas algun dia por vieiros

Javier Patiño disse...

Ouh, aquí ninguén actualiza...

arale disse...

Ubi FraVernero?