Supoño que cando estás no extranxeiro, pasas por unha serie de etapas. A miña neste momento é a de "qué carallo fago eiquí, e quen me liou para que emprendera esta viaxe?".
Entre as distintas calamidades que choven sobre FraVernero exiliado, podemos mencionar as seguintes:
1) O idioma estonio é fermoso, exótico e incríbelmente dificil. A gramática, un pesadelo... Facía moito tempo que non me sentía tan parvo nunha aula. E teño que adicarlle innúmeras horas para a aprendizaxe dos conceptos máis elementais...
2) A ruina! O curso custa moito máis do que pensaba (defectos de ser de letras e mirar mal a letra pequena), polo que estou a gastar cartos considerables. Xa me saltei o presuposto básico en 500 euros, e agardo non seguir subindo... Este país será barato... para suecos e fineses, claro, non para galegos...
3) O alugueiro tampouco é ningunha ganga, e a partir do 26 terei que compartir a habitación (!!), sendo como son unha besta ferozmente territorial...
4)... e a lavadora segue sen furrular. Tiven que lavar a roupa polo clásico método manual...
5)... e a caseira quere cobrar 30 coroas por cada volta que se emprege a lavadora, cando funcione...
6) O polaco é pesadísimo... Con 25 anos, ten a idade mental de 15, de cada 5 palabras que pronuncia, tres son "Ph. D. Student". Alén (iso era de agardar) é un reaccionario. As escasas veces que non fala da tese en curso resérvaas para facer de bufón e eunuco das polacas, contando uns espantosos chistes homófobos dignos do mellor Arévalo... Mein Gott...
7) E as polacas rinlle os chistes...
8) E seguen sen facerme caso... Mellor non seguir falando das polacas... ilusad tüdrukud - silmad täis tuld...
9) o tempo... está anubado. Isto parece Septembro...
10) O acceso a internet é caro de carallo. Na facultade apenas podo navegar por espazo de media hora.
11) E sospeito que a Xunta atopará algün xeito de negarme a bolsa (que xa non me cubre todos os gastos). Se é o caso, abrirei unha colecta popular dende esta casa para mercar un fusil de asalto AK-47 co que protagonizar un novo Columbine en San Caetano (non, non mo agradezades...).
Podería engadir mais cousas, pero reduciría entradas futuras... Algo bo tamen houbo, mais como remata o tempo de conexión, agardade pola seguinte entrega...

14 comentários:
Mírao polo lado bo: se todo estivese ben, qué terías para contar cando voltases?
Veña, que as cousas melloren ou se manteñan... porque como empeoren non mo quero nin imaxinar.
Un saúdo dende Compostela.
Cando teñas que lembrarte disto será un episodio destacado da túa vida. Alomenos quédache iso. E ademais, seguro que:
1) esaxeras
2) todo vai mellorar
e 3) o polaco homófobo é no fondo homosexual e está namorado de ti.
Segue a narrar máis cousas, é un pracer lelas.
Agardo impacientemente a que volvas para tomar uns vinhos do Mesón do Pulpo e que nos relates as tuas desventuras polas terras do norte. Lembra que sempre nos quedará Vista Alegre...
4 protestos mäis...
1) Andar sen calcetins para non manchalos (trouxen poucos pares) pareceume unha gran idea... ata que as leis da fisica estudadas no instituto rebotaron para lembrarme o concepto de *rozamento...
2) Para os polacos, o curso é de BALDE (!!)... xa ves David, a todo hai quen ganhe...
3) Alén, creo que son dos escasos pringados (xunto coa sueca de canido nome, Kabi ou Kebi, que faria as fantasias dos netos de Esteso, Pajares e Ozores) que queda facendo o curso de 4 semanas! Vanseme facer eternas...
4) "para nos é un orgullo que estexades a aprender a nosa lingua". Menos mal que se aledan... se se disgustaran, canto chegarian a cobrar polos cursos?
...
A frase do dia é dun aleman, con moza local como motivacion para estar eiqui (o 90 por cen ou descenden de estonios ou tenhen parella local. O resto son eu e os polacos...). "Como?? Estas a facer o curso sõ porque che interesa a lingua?? Estas TOLO!!!".
O alemán ten razón querido Fra... Eu xa sabía que tiñas algunha rosca frouxa pero isto confírmamo... Mira que estudar por gusto e amor á arte!! Mentira parece que sexas universitario! Pero ben, está claro que a min só me caen ben os tíos raros e, como dí O Finés, agardo con ansia a túa volta para que relates venturas e desventuras diante dunha cunquiña de 50cms (tapa incluída) e escoitar abraiada como volveches peripecicamente de tan lonxanos hourizontes. Bicos e lévao o mellor que poidas!!
Sen embargo debo dicirche que cando vin as listas dos bolseiros da Xunta e vin o teu nome seguido de ESTONIA entre ducias de nomes seguidos de países como Reino Unido, Irlanda ou Francia, sentín orgullo e pensei: aí está Manolo.
Non te deas por vencido! Dentro duns días eu tamén comezo o meu periplo sponsored by Xunta, aínda que o meu destino é menos exótico.
Vamos, querido Fra, aos alemáns e ás polacas dígalles o que queira, mais entre vellos camaradas debería vostede confesar que o que en realidade o animou ao custosísimo curso de estonio (en todos os sentidos) foi o mesmo que animaría a Esteso, a Pajares ou a Ozores.
Argh! Ti tamen, calumniadora? Non tenho trato coas nativas, podes crerme, Sul... Iso fai dificil repetir os arquetipos do abominabel home da Costa do Sol... Por suposto, nos cursos de veran en paises exoticos, os estudantes do curso sempre tenden a confraternizar... pouco tempo neste, de todos xeitos (2 semanas, agas para pringados...)
Ánimo Fra, e non te deixes comer as papas polo repugnante polaco homófobo e reaccionario! Non será tamén nazi, non? Xa sería o colmo.
Apaixóne-se, meu querido Fra, mesmo que sexa dunha lingua enrabechada coma o estonio, e faga o seu papel de estudante exótico profundamente interesado (non lle faltarán fermosas nativas que desexen ofrecerlle os seus coidados maternais). Leve con humor que por unha longa temporada nesa lingua só poderá ser Fernando Esteso e non o culto camarada que coñecemos. ¡Toda unha oportunidade!
Ánimo.
Cara rainha... A cantidade de xente é limitada... O polaco remata sendo a companha mais constante, xunto cun sueco que disfruta moito do meu sentido do humor... apanderemos ata o venres...
Um... Sul, ben sabe que eu son home racionalista. Amais, o cansazo e a barreira idiomatica non axudan... Paciencia. A ver se afogamos as penas na botella de vodka estonio que nos agarda para hoxe a noite...
Todo cambio é complicado. Polo menos, non se consola quen non quere, servirá para que ames máis A GALIZA. Unha aperta solidaria e se queres facemos unha colecta para que non teñas que mendigar por Estonia.
PD: Para que queres unha reaccionaria polaca (todos sabemos que os polacos son comunistas nazis) na túa vida. Ademais seica que as eslovacas son máis guapas...
Pode ser, Nadador, pode ser... Mais o curso de idiomas non o collin en Eslovaquia... D´oh!
pero home! leveo con calma que se estivera en Bos Aires aprendendo "porteño" ainda serían pior as cousas ;-)
Enviar um comentário