Uns días en Riga e logo o curso de aprendizaxe de estonio na Universidade de Tartu, a Compostela local. Agardo aprender algo da língua, quizais ata o nivel de traducir cousas sinxelas e poemas abusando do diccionario. E pillar literatura local en línguas que entenda con máis soltura... Para empezar, na lista da compra, están as dúas pezas épicas (o Kalevipoeg e o Lacplesis), Lidia Koydula (a Rosalía de Vändra), o atormentado Juhan Liiv, algúns do grupo Arbujad, e algún novelista recente (Tõnu Õnnepalu, traductor, novelista, poeta posmoderno e último premio Liiv). Da parte letona un chisco menos (menos estou) e alén do xa mentado Lacplesis, quizais un libro de poesía e unha novela... Xa veremos, que tampouco vou tan espléndido de cartos, mais os libros e os agasallos son un terreo no que non me sinto moi culpábel consumindo.
quarta-feira, julho 11, 2007
Eesti Luule - A Cruz no Báltico
Pois sí, miñas donas e meus señores. O mantedor, travestido de personaxe do teatro de Zacarías, con sombras do Ganivet, comeza mañá unha estadía polo Báltico. Anque desta volta, a cruz xa está nos mares do norde (un preferiría desfacela), e segue o camiño inverso daqueles conquistadores cabaleiros teutónicos que asentaron señorío feudal e señores bispos (ou Arcebispos) en Livonia.
É posíbel que vos escriba dende alá, xa que creo que están moi ben dotados no tema informático, mais non prometo nada. No peor dos casos, agardade con paciencia unhas crónicas estonias cando volte dun verán fresqueiro...
Etiquetas:
Estonia,
poesía,
Riga,
un pouco de todo,
viaxes
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Pero vai coa Yolanda ou vai so?
En todo caso, boa viaxe.
Ai Ai Ai... meu visiño marcha do meu carón! Évos unha pena ben grande e gorda... Faime favor oh, e, se topas, traime un exemplar de "¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?" (aka. Blade Runner) en estonio... xa sabes que colecciono edicións desta magna obra en idiomas mundiais. De momento téñoo español e inglés!! XD
Xa comezan a pórseche os ollos dunha cor azul báltica hahaha
A pasalo ben!
Enviar um comentário