Bon, sempre me andades liando con estas cousas...
1. Qué hora é? 13:16
2. Home e Apelidos Zacharias Werner.
3. Cantidade de velas que apareceron no teu ultimo aniversario? Xa non me agasallan con tortas de aniversario... (sinf!).
4. Ariños? Estaría curioso con eles... Sobretodo, no nariz.
5. Tatuaxes? Sempre lle tiven un terror irracional e malsano ás agullas...
6. Estiveches namorado? Depende do senso que lle queiras dar a unha palabra tan polisémica, pero... supoño que sí.
7. Fuche a por todas? Non creo. Bon, nalguna ocasión. Moi novo e moi bébedo...
8. Amache tanto a alguén como para chorar? erm... entra dentro do posíbel.
9. Darias a vida por? Nada. Qué, son un malvado egoísta. Quizais o socialismo (se funciona e se parece nalgo ás ensoñacións e Fourier e Kropotkin, con tobogáns de auga e simios camareiros...).
10. Cocacola ou Pepsi? As dúas son o opio de Occidente (Mao dixit). Coca-Cola.
11. Sprite ou Seven up? Non sería quen de establecer a diferenza. De novo bebíaas moito...
12. Arriba ou abaixo? Abaixo é onde esta o pobo sempre, e os criados. O arriba está para ser tumbado e asaltado e... Qué? Como dis? Ah, vaia, ... referíaste a iso... Tamén abaixo.
13. Cafe ou té? Té, sen dúbida. Parte da miña colonización cultural polo Imperio xa medio caído. O café só como beberaxe malsán para manterme esperto.
14. O vaso, metade baleiro ou metade cheo? Case sempre está medio baleiro, pero hai que persuadirse de que está medio cheo...
15. Sabas lisas ou con animaliños? As que me gustarían incluirían runas complicadas, silabarios de línguas exóticas e demais pesadelos de filólogo...
16. Cor de carpíns? Que demo son os carpíns? Digamos que púrpura...
17. Numero de clazado? 39-40, ata niso os meus pés son rebeldes e pouco acomodaticios...
18. Lugar para que te biquen? Case calquera é bo se che está bicando quen queres.
19. Feira ou festa favorita? Cando quedábamos con amigos, o Día da Patria.
20. Canción que estas escuchando? Ningunha. Agarda que poño algo... Beck, Sexxlaws.
21. Restaurante? Non gasto moito diso... O 16 está ben, non é ultracaro e ten pratos moi enxebres...
22. Flor? Rosas brancas tan ben, e son evocativas. As de laranxo ulen moi ben, e lese estupendamente á súa sombra.
23. Tema de conversación máis detestado? O fútbol, sen dúbida.
24. A gasosa, con ou sen xeo? Toda bebida non fervida debería beberse o máis fría posíbel (sen que se che pegue, como o nitróxeno líquido, claro).
25. Tom ou Jerry? da Warner, túrrame máis o Coiote...
26. Disney ou Warner Bros? A Warner é máis surrealista, e un chisco menos reaccionaria.
27. Restaurante de comida rapida? Escóllase entre o 'Pulpo' e a cafetería do Auditorio.
28. Cando foi a túa ultima visita ao hospital? Creo que xa choveu moito dende aquela...
29. De que cor é a alfombra do teu dormitorio? Básicamente, unha mestura de amarelo pálidísimo ou branco esquelético, con varios verdes e algo de rosa-branco esluído.
30. Como chamabas ao teu osiño de durmir? Polo seu nome: Félix. E non era un oso. Era un gato.
31. Cantas veces suspendiche o teu exame de conducir? Mellor non lembrarse...
32. Onde te ves dentro de 10 anos? Quen sabe?
33. De que persoa recibiche o e-mail anterior a este? Non recibín isto por correo... o último foi unha transferencia bancaria (cartos, cartos!).
34. Quen dos teus amigos vive máis lonxe? Algún teño perdido polas Inglaterras...
35. Hora de te espertar? Se durmo na miña cama, entre as 8 e media e as 9.
37. Quen pensas que responderá este meme? Ou sexa, a quen lle cargo o morto... Vexamos... Á Raíña, a Mario, a Suroeste e a TorredeBabel...
38. Que lle dis aos que non respondan? Terán que inventarse unha excusa convincente, ou afrontar a miña teimosa Ira!! Ou máis ben, unha sarta de indirectas, ou se escollen, a 'Caixa Sorpresa'.
39. Mellores amigos? Cal é o raseiro que se usa para poñer uns enriba dos outros? Sacousos e Comparatas.
40. Os teus mellores inimigos? Non gasto (que eu saiba), alén dos abstractos.
41. Amor platonico? E iso que é? O que me fai buscar a beleza máis alá das cousas, o inacadábel, aquel co que non pensas a priori en intercambiar fluídos, senón en esceas cursis sacadas da Disney, o cine Americano e da mala literatura? Bueno, poñamos á 'Doncela de Xenxibre', que pode valer para os tres...
42. Que cambiarias da túa vida? Demasiadas cousas e demasiado poucas...
43. Que deixarias como esta? A min mesmo?
44. Cantos timbrazos antes de coller o telefono? Depende do lonxe que o teña...
45. O mellor dia da túa vida? Tería que pensalo ben... Seguramente, cando me enrollei coa miña primeira moza.
46. Pellicula preferida? 'Outubro', de Eisenstein.
47. Cd preferido? É que hai tantos... Pon o 'Pierrot Lunaire', de Schöenberg...
48. Peor sentimento do mundo? O amor non correspondido.
49. Mellor sentimiento do mundo? O amor correspondido.
50. O primeiro que pensas pola mañá cando espertas? Argh! Co ben que estaba durmindo...
51. As tronadas gústanche ou asústante? Adóroas. Podería botar tempo indefinido só fitando para elas (e un chisco menos, para o lume).
52. Se puideras ser outra persoa, quen serias? Non che sei... Quizais o poeta Mayakovsky, ou Felix Edmúndovich Dzherzhinsky...
53. Que hai nas paredes do teu cuarto? Polo momento, nada. En breve, o 'Pranto polo Cristo Morto', de Giotto, varias estampas da Commedia del Arte e algo do Bosco, Brueghel e de Kandinsky (se cabe).
54. Debaixo da túa cama? Pó?. Non, non moito. Terei que meter algo...
55. Cal é o coche dos teus soños? Non soño con coches, senón con cousas algo máis estimulantes. De pequeno, Kit (ou Kidd, ou como demo se chamase), o 'coche fantástico', e a furgalla do Equipo A. E o 'buggy' de Bud Spencer e Terence Hill (vid. 'Y si no, nos enfadamos').
56. Algo á persoa que che mandou este meme? Señor(a), qué fixen eu para merecer este cáliz?
57. Nomea á persona que tal vez non conteste? Calquera a quen non llo mande e non o vaia a ler. Agarda, que pos o 'talvez'. Digamos, Gawain (por provocalo) ou Pepín, ou o Garrulo Varela...
58. A que de certo non responde? Lenin, por exemplo, que está morto. Podería empregar un taboleiro ouija, ou erguerse da vitrina e aprender galego, pero son escéptico ('Hay que acabarrr con el capitalismoooo!').
59. Quien che gustaria que o respondese? Moita xente. Ginger, por exemplo, para saber máis dela. Xa, xa sei. Mono-temático...
60. Estas enamorada/o? Repíteme a pregunta...
61. Se non o estás... queres enamorarte? É un estadio absurdo e irracional de idealización dun ser humano tan bo (ou malo) como calquera outro. Sí, pero só se é unha loucura mutua.
62. Alguén especial na túa vida? Hai varias persoas, sí. Non demasiadas, pero dabondas.
63.Que hora é? 14:10 (entre a 41 e a 42 fun xantar...).
7 comentários:
Demo de Memes, son peores que un feixe de gremlins nun aquapark!
Curioso o de Mayakovski, vida breve, pero sen dúbida intensa. Coido que eu non tería denodo abondo para meterme na súa pel, dábame un ataque por suprapercepción aos 5 minutos...
CAbronazo.
Jejeje... pensabas que habías ser o único que estendese o mal sobre a blogosfera, dear Fra?? Pois iso é en vinganza polo choio dos vídeos, agora xa sei por onde tes as cóxegas lampantín!! Pero, en boa fe, nunca máis te invitarei a café e procurareime algún mostrario desas terríbeis infusións que tanto che gustan para te agasallar con biscoitos e doces cando veñas de tertulia...
bueno, semella dificil pero farei o mellor que poda!! Gustame ese estilo "duro para o amor" que, na meirande parte das veces, esconde a persoas sensibles e mais namoradizas do que queren dicir ;-))
O das treboadas fíxome moita graza. Hai algo en ti que é comicamente wertheriano. Imaxínote perante a doncela de xenxibre (confitado), contemplando unha treboada e de súpeto ela di: "Klopschtock". E ti rompes a chorar de emoción.
Desculpa a brincadeira. Levo algunhas semanas sen entrar na rede e o último que che ofrecera era o meu enderezo de correo-e para comezar con esa correspondencia:
petiteholly@yahoo.es
Mrs. Chan
Recollo a luva, Fra. O seguinte xa o teño medio feito, pero para o seguinte mais queda pendente;)
P.D: segue en pé o de Historias Eléctricas?
Mrs. Chan, en breve comezará o noso intercambio epistolar... supoño que dende o Báltico, ou sexa que talmente un redivivo Ganivet...
Raíña, segue, sen en pé. Aí tes que perdoar a preguiza (como de costume, teño a efervescencia creativa no medio dos exames, e cando comezan as vacacións, perdo fuelle con vicios varios). Non esquezo que eu tamén teño débeda pendente!
Enviar um comentário