Aquí seguimos, loitando arreo coa língua local. Algunhas das incomodidades reducíronse, e o inferno e as lapas enfriaron un chisco: pale fire. As bochas dos pés encolleron tras semana e media de tortura; a fín de semana foi periodo de relax: estiven o sábado en Pärnu, a capital do verán en Estonia, con Jüri facéndome de guía. O lugar é un pouco mestura de Bournemouth, Sanxenxo e Benidorm, cunha poboación maioritaria de fineses con cartos e coches caros. De interese foron a praia (unha praia das de verdade, longa e con area branca e fina...), a casa-museo de Lydia Koidula e o museu de Arte Conteporánea, do que me trouxen unha estampa de kitch socialista dos 70 que quizais colgue cando volte...
O tempo segue variando (chove e quenta o sol), mais a lavadora xa furrula, e pasei o mencer planchando a roupa íntima e tarareando, para o meu horror cando me decatei, a canción de Bisbal que a caseira escoitaba na radio. Ao momento cambiei o rexistro por The Clash, mais o son punkarra-socialista parecía fóra de lugar neste país anticomunista...
Despois, pola rúa tocou a Internacional e o Himno Soviético, con grave risco para a integridade física do Mantedor se os nativos o escoitan. Non me trabuquedes: un é plenamente solidario da independencia dos pequenos pobos, e sente escasas simpatías polo Socialismo Real e o chovinismo pan-ruso, mais a melodía é a melodia...
O domingo boteino en Tartu, lendo a Milton e tentando repasar algo o aprendido. Ou mais ben, desensinándome a desaprender. Quedei con Jaak para xantar e axudalo a mover os mobles no seu piso (un curruncho encantador e cheo de libros no que vive coa súa moza). Tamén para falar e para que me asinara o seu libro, escrito nesta xerga nortesca. O meeting-point foi o café bar Wilde, un dos poucos lugares que adoro desta cidade e que me relaxa un chisco da tensión permanente na que vivo, e que merece unha entrada per se...
Hoxe tocou comezar o curso intermedio. A americana e a sueca liscaron ao cine, polo que me tocou a mín apandar coa nova fornada; case todos homes, e falan estonio moito mellor ca mín, co que disfruto da novedosa sensación de ser o burricán da clase, algo que non creo que dea superado con maratonianas sesións de estudo hoxe pola tarde...
O domingo boteino en Tartu, lendo a Milton e tentando repasar algo o aprendido. Ou mais ben, desensinándome a desaprender. Quedei con Jaak para xantar e axudalo a mover os mobles no seu piso (un curruncho encantador e cheo de libros no que vive coa súa moza). Tamén para falar e para que me asinara o seu libro, escrito nesta xerga nortesca. O meeting-point foi o café bar Wilde, un dos poucos lugares que adoro desta cidade e que me relaxa un chisco da tensión permanente na que vivo, e que merece unha entrada per se...
Hoxe tocou comezar o curso intermedio. A americana e a sueca liscaron ao cine, polo que me tocou a mín apandar coa nova fornada; case todos homes, e falan estonio moito mellor ca mín, co que disfruto da novedosa sensación de ser o burricán da clase, algo que non creo que dea superado con maratonianas sesións de estudo hoxe pola tarde...
Dez días deberían pasar rapido. Desconto a fín de semana, na que se aínda me queda algún diñeiro, pasarei por Tallinn.
A frase do día é de Jaak: "Manuel, necesito que me axudes, tesme que facer un gran favor físico" (imaxinar ao Mantedor erguendo a cella dereita ata alturas insospeitadas...)
13 comentários:
Un gran favor físico?
Teña conta, querido amigo, lembre que non domina aínda ben a ligua.
Ah, Manolus Pilcher, os teus racconti estonios son un auténtico culebrón. Teño que recoñecer que estou completamente enganchado á túa faceta de escritor de novela barata, nada mellor para amenizar un requecido e monótono verán. Agardo impaciente unha nova entrega, e cando digo agardo creo que falo por tódolos cotillas culteratas susceptibles a aficionarse a series ou libros como Misterios y Escándalos en Hollywood: la doble vida de Roscoe 'Fatty' Arbuckle. Ah, e lembra sempre a frase do sabio sofista Mayo: 'o camiño máis curto...' xa sabes cal é.
Mmm... o Fra facendo favores físicos!! E coa calor que vai en Compostela!! Nada mellor para esas longas tardes de agosto nas que mirar a danza errabunda dos moscóns é o máis interesante desta realización da realidade... Agardo que non romperas o lombo e que poidas volver máis ou menos completiño para as verdes chairas...
Ou, Scardanelli, segundo confesións que o mantedor deste blog me fai algunha que outra mañá preguiceira na que aínda estou eu en casa cando el anda polo internet estonio e eu polo británico, parece ser que nos quere queimar vivos a min e a ti por convencelo para marchar no verán. Non para de repetilo... Eu tamén son aficionado á novela barata que gloriosa e episodicamente se difunde neste blog, digna dun as dos xogos de rol, dun seguido das tartarugas voadoras de Terry Pratchett. Que conste que o das bochas dos pes chégame fondo... e faime pensar nun Verano Azul versión estonia cunha Olga Chejova ou similar (filla da caseira que lle rouba 20 euros noite ó noso amigo e non sei canta coronas por volta de lavadora, espia de Primera L....) facendo as delicias de Manolo nas súas múltiples aventuras dignas de ser recollidas en volumes tales como Papá Puerco (en español é así, como en orixinal?). En fin, Marco e Genova e de fondo "No te vayas mamá, no te alejes de mi, pensaré mucho en ti.." Ha, ha... http://www.youtube.com/watch?v=cGWSAm0PwNc
Bueno, non sigo, que senón o refuxiado en campo de concentración do leste enfádase e non me invita a un restaurante paquistaní cando veña por aquí...
Neste cálido (por fin) verán de Compostela, imaxínome o verán estonio fresco e acolledor, aínda que moi probablemente non sexa así, e te esteas torrando a trinta e pico graos. Estou tendo, de novo, nostalxia de lugares que nn coñezo;)
Argh! Esqueciches incluir a Sir Gawain... como neste pais permiten vender armas, estou a cavilar como colar unha metralleta para fusilarvos aos tres, anque iso representaria unha morte demasiado rapida e pouco dolorosa...
Alen, Souto, vaite preparando, que ti es o primeiro que vexo, e sobre o que descargarei a minha homerica ira, guindandoche dende o Olimpo ata que rompas as pernas contra o Etna...
Argh! En 15 minutos continua o pesadelo... E o profundo sentimento de idiocia e carencia de neuronas que resulta especialmente deprimente para o mantedor, xa que un dos escasos piares da sua autoestima pasa por entender e aprender as cousas que lle ensinan, e non por agachar a cabeza e suar frio cando lle preguntan cousas en linguas desconhecidas...
A vinganza sera terribel, prometoo!!
Rainha: fresco e, anque non lle chamaria acolledor. Agora entendo porque os nordicos beben tanto... Se tivese que botar un mes nun tempo que parece mediados de novembro (e ira a peor), eu tamen beberia vodka so todalas manhas para poder erguerme da cama...
E non, aqui non se torra nen deus. As temperaturas non son demasiado baixas (arredor dos 15-19 grados) pero venta, anuba, e chove con regularidade. Onte puxenme pingando volvendo a casa, carente de roupa de chuvia, e con porco-espinhos cruzando a carretera mollada...
...pero quen é scardanelli, non é sir Gawain... iso cría eu... ou quizais o cabaleiro dos amplos mostachos...
Sinto decepcionarvos, ma non sono Sir Gawain, o meu atractivo e estilazzo supera con creces ó do cabaleiro onanista e fuxidizo. Por certo, caro Fra, alédome de que os países do leste ofreceranche toda a súa opulencia sodómica. Vémonos
É o Bigotes, evidentemente.
Este post foi máis aburrido cós anteriores jaja Recupera o ritmo!
O mundo está de luto, dous dos grandes xenios de toda a historia de occidente deixaron o noso plano físico, refírome ós meus amados Ingmar e Michelangelo. Coma diria o sabio Rilke: 'Der Tod ist groB'
Looo, looo...!
erguede a man, pousade a tiara aínda quente sobre a auga que ferve, FraVernero semeará os vermes da batalla, Estonia é nosa como o río é deles, porcos porcos porcos
ALT!
Testomaster against the start. Squat a lot training your legs releases an associated with Testosterone Booster Supplement with your body which makes the muscles in program body growing. Progressive Overload You must continually push yourself to increase the weight or resistance used with your workout whether youre using free. http://gojivitafacts.com/testomaster/
Enviar um comentário