terça-feira, junho 10, 2008

Ghost Town: Bannack, Barkerville, Chernobyl

Ocupadísimo estes días cos exames confucianos e as probas de acceso ao mandarinato inferior. Só deixar unha nota para os fieis advertíndolles que a bitácora será unha cidade pantasma ate alomenos a metade do mes de xullo...

Canto menos tempo libre tes, máis gañas e mellores ideas se che ocorren para facer cousas. Ándame agora detrás da orella un ensaio artellado a través das partes do Palazzo del Te, de Giulio Romano... xa veremos se segue ou non a estela das ideas canabináceas, que só parecen boas no momento...

Ata pronto!

10 comentários:

petición disse...

Teño interese en coñecer onde ten publicados eses ensaios seus. Podería indicarmo? Grazas.

FraVernero disse...

Leume mal, peticionario. Ese 'ensaio' do Palazzo del Te é unha idea polo de agora. Publicado, se lle interesa, teño un artigo interminábel sobre teatro e cine de vangarda soviéticos (no Boletín de Literatura) e unha breve reseña dunha antoloxía de poesía francesa e inglesa (de Gurriarán, Plácido Castro e Lois Tobío) na Trabe de Ouro. Feito xa teño o textiño que lín en París sobre 'Xiro Espacial, Cidade Posmoderna, Cibercidade' que mirarei de mover por revistas cando teña algo de tempo.

Modesto disse...

Meu caro amigo: é vostede unha lumbreira de cultura sempre acesa. Ese traballo que ten en mentes promete e moito. Estaremos atentos, pois.
Unha cousa máis fóra do referido: non esqueza enviarme a información que lle solicitei para o traballo que teño pendente. Debo entregalo antes do día 20 deste mes. Abraço.
modestofraga@hotmail.com

Petición disse...

Ten só dous artigos publicados? Eu pensei que tería bastantes máis. Haberá que lelos se dá datos máis precisos (nº revista, ano). Grazas.

FraVernero disse...

Home, peticionario... ter teño unha recua máis, en revistas algo máis modestas e difíciles de adquirir ('Casa da Gramática', 'A Caramuxa') que gustosamente lle tentarei proporcionar (sobretodo a segunda) se quere. Colgarei os datos máis precisos das publicacións, de todas maneiras, un día destes.

Un saúdo!

Leopold Bloom disse...

Amico Fra: Alea jacta est. Como che toque prehistoria de España...

FraVernero disse...

Ah, pois niso equivócaste, Panero. Ogallá caia. Un dos temas que mellor levo preparados é precisamente ese (tamén calquera de Islam, Reinos Medievais Españois, calquera que toque o marxismo e algúns de arte).

Sorte ti tamén. Os de hispánicas non tedes a prova en Ourense, non? Eu ao final estamos no IES As Lagoas (a ver se topo un chilote onde durmir; vin varios perto).

petición disse...

Que teñas moita sorte nas opos, Fravernero. Cando teñas tempo agradecería o listado de publicacións.

tangaranho disse...

Pois nada, a dar-lhe duro, que é o que toca

12 Lúas disse...

Espero falar contigo unha vez que remates esas opos. Eu fixen filoloxía inglesa.

Un saúdo