O verán é sempre unha época socorrida para a lectura intensiva. Nunca lemos tanto como planeamos, pero de todas maneiras, facemos adiantos bastantes bos...
Entre os proxectos que tiña para este incluíase o remate de lecturas interrumpidas de obras mastodónticas. Destacan os segundos tomos do 'Mediterráneo e o Mundo Mediterráneo en tempos de Felipe II" de Fernand Braudel e "Decadencia e caída do Imperio Romano", de Edward Gibbon (as dúas son obras clásicas da escrita da Historia). A lectura a medias viu facilitada no seu día pola cesura temática drástica entre os volumes (o segundo tomo de Gibbon, malia o título, e só historia bizantina; o de Braudel pasa a falar das Sociedades e da Historia Política). Están en postos altos na lista de espera, e este mes teño que lles comezar a botar o dente...
Competindo con estes dous están as relecturas. Neste caso, trátase do tomo I do 'Capital' de Don Carlos, e dunha versión da Divina Commedia que mercara en Bologna, en tres volumes e con infinitas notas. Con rematar o 'Inferno' daríame por satisfeito (sobretodo pensando que cada canto me leva arredor de 3 horas, entre a lectura en Italiano, coas notas, a traducción e a re-lectura do texto orixinal de novo).
As obras de novo cuño soenme vir por correo. O 'Cybertext' de Aarseth que puxera fai uns días no fotolog entre varios a escollerme polo público lector xa está rematado (ei colar un anaco algún día destes), xunto con 'Mona Lisa Overdrive', de William Gibson (o último que pecha a súa célebre triloxía do Sprawl).
Por último, en proceso de dixestión está 'Mao, a historia descoñecida' de Jung Chang e Jon Halliday, e que malia a coñecida tendenciosidade anti-maoísta, me seduciu polo seu prezo de saldo (a edición saiume por 6 euros namais). A súa lectura é parte do exercicio habitual de masoquismo e depresión descorazonadora ao que me someten os meus ideais marxistas alomenos dende a lectura de Orwell. Basta conque a décima parte do que se conta no libro sexa certo para pedir arsénico por compaixón e dubidar enormemente do emancipador proxecto ilustrado...

3 comentários:
...felices lecturas, en todo caso.
No referente ás oposicións; pois xa sabes, a sumar puntos. Unhs posibilidade terala en Noia no Curso de verán da USC
Prazo de matrícula até o 22 de agosto.
Nah... ese curso de verán do que falas é unha merda (con perdón). Só ten 20 horas, polo que non vale nada. A verdade, non sei en qué carallo andan os da USC pensando...
Vaites, ningún comentarío sobre o finado Alexander?
Enviar um comentário