sexta-feira, novembro 28, 2008

As listas de Borges

Como de costume, podíamos hoxe falar dunha morea de cousas. Temos a nova victoria electoral do bolivarianismo nas urnas -un novo puntapé na bocaza e nas gadoupas de lobo da contrarrevolución canalla-, o curso de Cibercultura que estou a facer na Universidade (e a nivel privado e celebracional, a concesión de bolsa para o Máster no que se insire o dito curso), o poeta estoniano Juhan Liiv; mais aquilo que me chama é este pequeno fragmento de 'Otras Inquisiciones', de Borges (en concreto, parte de 'El idioma analítico de John Wilkins'), que anos despois reciclaría mâitre Foucault para o prefacio (creo lembrar) de Les mots e les choses. Subliñar, alén do encanto da pasaxe, a curiosa asimetría na asimilación do Porteño, que soe erguerse como paradigma de escritura posmoderna no Vello Mundo e nos EEUU e de modernismo en América Latina...

Esas ambigüedades, redundancias y deficiencias recuerdan las que el doctor Franz Kuhn atribuye a cierta enciclopedia china que se titula Emporio celestial de conocimientos benévolos. En sus remotas páginas está escrito que los animales se dividen en a) pertenecientes al Emperador, b) embalsamados, c) amaestrados, d) lechones, e) sirenas, f) fabulosos, g) perros sueltos, h) incluidos en esta clasificación, i) que se agitan como locos, j) innumerables, k) dibujados con un pincel finísimo de pelo de camello, l) etcétera, m) que acaban de romper el jarrón, n) que de lejos parecen moscas.

4 comentários:

Moncho Pais disse...

Eu sei dalgúns totalmente embalsamados.

Unha aperta!

O Raposo disse...

Falando de animais ocurrénseme algunhas divisóns mais, das que vou gardar un discreto silencio.
Dos capítulos dese libro e sen desmerecer a ningún eu tamén recomedaría a lectura de "El sueño de Colerigde". Sempre é un pracer volver a Borges, a tua lembranza anímame a facelo este domingo chuvioso e neboento.
Apertas.

Daniel disse...

Ola Manolo, escríbote para comentarche que a revista prerrafaelista ilustrada SADAMASOQUISTA, quizais a mellor revista literario-espasmçodica de Galicia, abriu o período de colaboracións. Agardo a que me envíes algún material e me difundas este texto entre os teus contactos. A todos os colaboradores enviámoslle varios exemplares, e temos unha boa tirada: 5.000 exemplares entre Sada e A Coruña.Podedes enviar os textos a:

ocurrunxo@yahoo.es

Vémonos en breve.

Anónimo disse...

Ola, castrón de ouro (e falo de animais citando poetas galegos).

Faltouche falar dos armiños (que deus E. nos perdoe).

Non puiden resistirme a escribir este comentario, porque hoxe, durante o xantar, falaron dun neno que andaba cun rato morto na cazadora (nome ben propicio para o caso)e xusto nese momento, sooume o móbil; erguinme da mesa e fun falar ao corredor; mentres falaba mirei pola fiestra e había no patio unha pomba morta. Acordeime dun libriño xuvenil no que a protagonista compara as pombas con ratas, pola cor gris (e non o estragues pensando no Marcial Ruiz Escribano de Muchachada Nui).
Pois ben, falando de ratas, non esquezas que o teu editor (c´est moi, ou como se escriba) quere xa a túa colaboración estoniana, ou metereiche na lista negra. Dixen.

Ramón