"Hai xente á que non lle gustan os museos porque os ven como tumbas, ou como algo negativo. Eu sempre os adorei. Para mín son os faros da utopía e do benestar social".
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)
O sonado cabaré "La Ressource" estaba deserto naquela hora do serán. Só, nun recanto preto da estufa, un vello fidalgo trasfegaba o seu quinto vasiño de augardente. Cavilaba teimando pór unha pouca de orde na súa imaxinación. Trinta anos levaba gastados en esforzos semellantes, sempre guiado pola lembranza das leccións do seu profesor francés, un tipo esguío, vedraio, sensual e enciclopedista da boa escola, amigo de Maupertuis...
4 comentários:
Pódense ver como vitrinas repletas de obxectos fóra de contexto e momificados ou como obxectos, aínda fóra de contexto, que che dan as ideas precisas e a cinética necesaria para te inspirar e te mover cara adiante. Eu son dos que pensan o segundo. O contexto, posllo ti... pois suponse que sabes cal é ou que o podes descubrir discorrendo un chisco.
Avante!
Museos: xanelas do pasado que hai que mirar con ollos positivos mesmo cando ese pasado non sexa gratificante (dos erros tamén se aprende)
un museo déixache, dalgún xeito, viaxar no tempo
saúdos
...o defecto; que se lle dea precisamente ese enfoque... de lugares mortos.
Enviar um comentário