quinta-feira, janeiro 22, 2009

Liado

Pois iso, que se estes días é certo ando algo escaso de entradas, tamén o é que conto con desculpas convincentes, xa que os traballos do máster e as lecturas atrasadas deixan pouco tempo para fedellar no eido virtual. E cando arrinco uns minutos de lecer, varias ideas pelexan con variada sorte para acadar o estado de entradas...

Como me vexo incapaz de decidir entre elas, de novo recurro ao referendo coma cifrado de escollas. Podería latricar un chisco sobre:

-O cidadán Tipu Sultán, fundador do clube dos Xacobinos e que morreu heroicamente, sable en man, defendendo as ruinas da súa capital contra os odiados invasores ingleses.

-Libros: tanto unha reseña de 'Virtual Communities' de Howard Rheingold coma un anaquiño de 'Cyberspace: First steps', editado por Michael Benedikt.

-Reflexión: Israel e a cuestión nacional: Ontoloxía do Xudaísmo.

-Barroco, alienación, materialismo cultural: Carlos I, 'el-rei mártir' e a antipatía estética de Cromwell e os puritanos.

Xa sabedes. Sen pretender dirixir a opinión dos lectores, non me privo de colar un retrato do Sultán loitador...

2 comentários:

SurOeste disse...

I´d like "Ontoloxía do xudaísmo: another time the national question", please.

Moncho Pais disse...

Gustaríame saber que opinas da cuestión nacional xudía.

Unha aperta, meu!