sexta-feira, fevereiro 06, 2009

Palazzo Te



Como son fervoroso manierista, anque do meu tempo, non podo deixar de terlle certo afecto ao Movemento e ás súas figuras máis destacadas. Giulio Romano non soe recibir a atención que merece, entre outros moitas razóns porque boa parte das súas obras foron efémeras: tramoias e mascaradas renacentistas. Entre o sólido que deixou está o Palazzo Te, en Mantua, marabilla de frescos ilusionistas, triglifos e xigantes, motivos paladianos, grutas e grotescos. Apenas seis anos despois de rematado, o Pazo foi saqueado, e a cidade padeceu unha das peores epidemias de peste da súa historia.

Entre as fantasías algunha vez mencionadas do Mantedor fica a de escribir un libro (quizaves a tese?) estructurado mediante as estancias do Palazzo Te. Todo se andará...

Dentro do recordatorio bibliográfico, interésavos saber (ou non) que daquela lista de 9 libros que colgara para o Nadal levo 4 rematados, e que polo medio intercalei unha relectura da Introducción á Teoría Literaria, de Terry Eagleton (consummata est) e as Escrituras nómades de Belén Gache (en proceso).

Déixovos cunha entrevista que acaba de publicar o Manuel no xornal Certo. Agardemos que, malia a definitiva cancelación da presentación, Antítese Nativa poida estar en breves instantes nas nosas mans.

Post Scriptum (8/02/06): Hoxe por fín saín de dúbidas con respecto a certo tema que se discutira en anteriores entradas sobre Slavoj Zizek, a saber, o 'insulto' co que agraciara á súa "inimiga teórica, amiga persoal" Judith Butler. A resposta tédela polo medio deste soliloquio de hora e un chisco, anque para os preguiceiros e menos mitómanos, pódovos dicir que a frase foi (preguntándolle se unha das súas amigas era tamén lesbiana) 'Is she also a degenerate stinking bitch like you?'

4 comentários:

Anónimo disse...

Ah, CASTRÓN!

Non tiña nin idea de que Manuel (¿ou é Ramón? ;P) publicara un libro. Heino felicitar cando o vexa!

FraVernero disse...

Os dous, os dous, malvado Varela. O de Ramón saiu xa fai tempo (Orfeu en soños); o de Manuel sairá en breve...

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

O Palazzo Te é marabilloso. A grutta, por exemplo. A min, con todo, o que máis me gusta é o parque e a extensión de herba que o rodea.
Que lembranzas. Moitas gracias.
E a camera degli Sposi no Palazzo Ducale.
E la rotonda di san lorenzo nella Piazza dell'Erbe.
E un ristorante na mesma piazza con frescos no seu interior....

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Ristorante Pavesi. Desculpas.