terça-feira, março 31, 2009

Knight Rider (Pesadelo)

Hai xentes ás que lle gusta conducir. Non é o meu caso. Durante as tardes-noites do inverno pasado nas que ía conducindo os tres cuartos de hora que separan a Facultade de Filoloxía da Serra de Outes, era habital que me sentise atrapado nunha costra de ámbar xeado, ou pesadelo onírico, no que a miña morte xa tivera lugar (nalgún esquecido accidente do pasado, co coche bailando un ballet cubofuturista sobor do asfalto a cámara lenta), e o purgatorio, ou inferno, consistía en percorrer unha autoestrada infinita polo resto da eternidade...

7 comentários:

Moncho Pais disse...

Falando das mortes en coche, eu xa morrín no inverno do ano 2001. Esnafreime contra un piñeiro xustó a carón do Chavielos cando aínda é regueiro baixando dos montes de Rañalonca.

A min conducir gústame. O que me pon moi nervioso é non atopar sitio onde aparcar cando teño présa. Aos atascos estou afeito. Cando ía a Compostela todas as mañás (anos 2001-2005) e non había autovía Brión-Compostela papaba un atasco do carallo en Bertamiráns. Logo, xusto ao pasar Bertamiráns, metíame por Lapido e atallando polo medio das aldeas de Ames chegaba xusto á redonda de Vidán.

En Meiril non conduzo sen o GPS se teño que ir a algún sitio descoñecido. É pra se volver tolo!

Ás veces penso por que non morrería daquela... tampouco estaría tan mal!

Unha aperta

Claus Patera disse...

Padre Verner, esta é a mellor entradas das que levas metido

Claus Patera disse...

conduce, hostia!

A Raíña Vermella disse...

A min encántame conducir, pero aínda non conseguín ese look de supermacho pecholobo que se gasta Michael Knigth, nin sequera o cardado antigravitatorio e o mono branco impoluto (vaia unha mecánica!) de Bonnie. Vese que me falta práctica.

amauta disse...

Eu nin sequer teño cartón de conducir.

Mal de moitos....

Florentino L. Cuevillas disse...

Eu fodín un carro contra un bus nunha grande cidade, onde levar u carro era cousa de tolos, pola atención que había que ter. Calquera facía o que lle daba a gana.
Lémbrome tamén unha curva indo a Ourense pola anterga estrada, logo reformada e anovada, na que saín nunha curva en U e por sorte, a pendente era flebe e non había árbores.
Pero sempre terei na miña cabeza o feito de conducir un carro americán (Ford Falcon) que se ía de cú no adoquinado mollado, e que somentes o meu irmán podía controlar.
Era imposíbel estacionar nalgures por mór do tamaño das prazas de "parking" feitas para coches máis estreitos.

FraVernero disse...

Car@s Tod@s:

Xa sei que vos debo entrada, mais estiven un chisco liado, e (falando da Highway to Hell), hoxe papei unha paliza de horas de coche. A ver se mañá actualizo...

Moncho, irmán, conducir por Meiril debe ser o máis parecido a vivir o labirinto e o videoxogo. Aparcar debe ser pior. Iso sí, de morreres nada, castrón! Estarías mal ti e todos os que che queremos!!

Patera, sospeito que andas agachando ao musgallo, eh?

Raíña, os 80 son irrepetíbeis. Malia algunhas cousas, opino que para ben. Esas camisas e pelo en peito... mein gott!!

Amauta, se é que o carnet é unha desas escravitudes voluntarias que nos impón o tardocapitalismo, no canto de transportes públicos cómodos, limpos, eficientes e igualitarios...

Last not least, se temos a Don Florentino resucitado no Pazo de Trasalba. Este simulacro de Otero recébeo con grande alboroto na solaina do Pazo, descorchando botella de godello e con amena parola de ofiolatrías e celtas saefes...