domingo, agosto 23, 2009

Dous Haikus

Aínda fican varias viaxes que contarvos, mais antes de nada cólovos dous haikus dunha colección de cen, todos fillos do inxenio de Masaoka Shiki, poeta e teórico xaponés de finais do século XIX e comezos do XX que morreu novo de tise e que reformulou e revolucionou completamente o xénero.

Ikutabi ka
Iuki no fukasa
Tazune keri

Cantas veces preguntei
Qué profunda era
A neve

Hitori jae no
Kusa minna hana to
Narini keri

A herba reverdece
Sen axuda de ninguén
A flor florece

4 comentários:

Anónimo disse...

"sen axuda de NINGUÉN" cabrito!!!!!!!, e despois chámasme filólogo fascista. Prefiro os haikus que hai no Home Inédito.
RAmón

FraVernero disse...

Vale, castrón candensis... xa sabes que prestaba moi pouca atención nas aulas de galego da secundaria, e que teño que porme as pilas... xD

Raposo disse...

¿A profundidade da neve?
Boa pregunta para estes días de verán.

amauta disse...

Recomendo eu tamén vivamente a Shiki, un dos meus favoritos.

O vindeiro 29 de novembro (se a gripe A mo permite), parto para Xapón. No meu percorrido unha pequena estancia no monte Koya, un dos lugares da travesía de Basho.

Kiri no ka ya
taimatsu sutsuru
yama-katsura

árbores de katsura na montaña
tiramos os fachos
cheiro a néboa

Jya Mata ato de! (até a vindeira)