segunda-feira, agosto 31, 2009

Pedra da Serpe



Na última crónica das súas Flores de Papel (ver o número 8 do Artes & Letras Galicia que tira o ABC) o compañeiro Ramón Blanco adícase a glosar a tarde de paseo e excursión que tivemos o mes pasado polo norte do país, centrándose na famosa Pedra da Serpe de Corme, citada tamén por Risco e os etnógrafos de Nós como testemuño mudo de antergos cultos pagáns e da chegada dos celtas á nosa terra. O artigo, titulado 'O camiño da serpente' terá continuidade no próximo exemplar, e anívovos a todos a seguir a senda, tortuosa e sabia, dos seu ofidios de tinta...




1 comentário:

fgul disse...

fermosísima cruz...

Volvín a despistarme co suplemento. A ver se mo consegue Moncho...

Vaites; a ver cando me levas a min...