Cando en 1947 a India musulmana e a hindú parten destinos coma dúas nacións independentes, varios foron os territorios que ficaron partidos pola metade, a teor das eximias maiorías relixiosas que os habitaban. Na provincia de Bengala, por exemplo, a zona leste pasou ao estado islámico, e a occidental á Unión India. Similar foi a división do Punjab, no noroeste. A maioría (coa capital, Lahore) parou en Pakistán; co que lles quedou, os indios fixeron dous estadiños, Punjab e Haryana, e unha capital común para eles, noviña de trinque, símbolo do novo país: Chandigarth ("A cidade fermosa"), deseñada polo arquitecto modernista Le Corbusier.
A cidade, soño ou pesadelo segundo os gustos, é un escaparate da modernidade racionalista, con plan de cuadrícula, xenerosos edificios de cemento e anchas avenidas. Unha mostra representativa é o Pazo da Asamblea, abaixo retratado...
A cidade, soño ou pesadelo segundo os gustos, é un escaparate da modernidade racionalista, con plan de cuadrícula, xenerosos edificios de cemento e anchas avenidas. Unha mostra representativa é o Pazo da Asamblea, abaixo retratado...
5 comentários:
Non é a primeira vez que paso por aquí... boa augardente...
Penso, estimado Frater, que agora que comeza un novo ano sería un bo momento para renovar a decoración da súa "taberna". Veña, home, que este deseño xa está moi gastado!
Ekis, benvido, ou mellor, ben-visto nesta Trasalba virtual. Tes barra libre para privar, que isto é unha eterna festa de fin de ano...
Sul, o certo é que estes choios das plantillas non se me dan moi ben... Tomo nota e colo nas listas de 'boas intencións' unha proposta de renovación de fondos...
¡Lamento no ser capaz de escribir en galego! Muy interesante este blog, muy motivador, lo seguiré sin duda.
Saludos cordiales desde Barcelona.
Para quen estea interesado na cuestion, pode ser interesante o documental Une ville à Chandigarh, do realizador suizo Alain Tanner. O film data dalguns anos despois da creacion da nova capital
Rexidor do pazo, aproveito para mandarche un saudo. Hai ben tempo que non nos vemos, e espero que todo vaia ben pola terra
Enviar um comentário