sexta-feira, janeiro 22, 2010

O que estou lendo...



Certo é que a miña copia non é tan vistosa; conto con traducción ao inglés, e creo que dunha calidade bastante boa...

O libro en cuestión é o Wakan Rōei Shū (和漢朗詠集), ou 'Colección de poemas chineses e xaponeses para cantar'. É unha especie de Cancioneiro de Ajuda nipón, para o que tamén se perderon a maior parte das melodías.

Compilada polo poeta Fujiwara no Kintō arredor do 1013, a escolma inclúe fragmentos de clásicos da dinastía chinesa T'ang (sobretodo de Bai Juyi, moi aprezado no país de Yamato pola súa sinxeleza), poemas en chinés escritos por cortesanos xaponeses (kanshi; descola Sugawara no Michizane) e poemas en xaponés (waka; o autor máis destacado é Ki no Tsurayuki, á súa vez compilador do famoso Kokin Wakashu). Cáseque o soño trilíngüe dos nosos acomplexados políticos...

3 comentários:

amauta disse...

En moitos templos (por exemplo en Nara), pódense atopar pequenos fragmento de poemas waka para acompañar as oracións.
tes que ir, tes que ir...:)

Claus Patera disse...

E da yakuza que?

ekis1331 disse...

O Haiku é unha disciplina na que sempre teño pendente adentrarme... e tendo en conta que a miña moza e xaponesa aínda máis fragrante é a carencia... quédome cos estas pistas..